Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 20 de xullo de 1998 Páx. 8.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PARADELA

ANUNCIO.

Convocatoria de concurso con procedemento aberto de tramitación urxente para a execución da obra de iluminación pública en Mosteiro Vello, Agurtión, Santa Cristina, Andreade e outros, incluída no Fondo de Cooperación Local-PIEL 1998.

Aprobado polo Concello Pleno en sesión con data do 26 de xuño de 1998 o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación da obra de iluminación pública en Mosteiro Vello, Agurtión, Santa Cristina, Andreade e outros, polo procedemento aberto, forma de adxudicación concurso e de tramitación urxente, exponse ó público polo prazo de oito días hábiles para os efectos previstos no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

De conformidade co establecido polo artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1996, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente o concurso de referencia se ben a licitación se aprazará no suposto de producirse reclamacións contra o prego anteriormente sinalado, ata a súa resolución pola corporación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Paradela.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato:

Execución da obra incluída no proxecto de iluminación pública en Mosteiro Vello, Agurtión, Santa Cristina, Andreade e outros.

3. Prazo de execución: seis (6) meses.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Orzamento base de licitación: 8.296.002 pesetas, IVE incluído.

6. Garantías:

-Provisional: 2% do orzamento de licitación (165.920 pesetas).

-Definitiva: 4% do orzamento de licitación (331.840 pesetas).

7. Obtención de documentación e información:

Concello de Paradela, Avda. Xeneralísimo, s/n, Paradela (Lugo). Teléfono 982 54 11 01.

8. Lugar e prazo de presentación de proposicións:

As ofertas presentaranse no rexistro xeral do Concello Paradela de 9 a 14 horas durante o prazo de trece días naturais, Paradela de 9 a 14 horas durante o prazo de trece días naturais, contados desde a última publicación do presente anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia.

9. Documentación que hai que presentar:

As proposicións presentaranse en tres sobres pechados.

Sobre A, subtitulado oferta económica, que deberá fomularse conforme o modelo que figura no anexo I do prego.

Sobre B, subtitulado personalidade xurídica, conterá a documentación á que se refire a cláusula 9.2 do prego.

Sobre C, subtitulado referencias técnicas-cláusula 9.3.

10. Requisitos especificos do contratista.

-Clasificación: non se esixe.

-Solvencia económica-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 9 do prego.

11. Apertura de ofertas:

No salón de sesións da Casa do Concello de Paradela ás doce horas do día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, no caso de ser sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

12. Gastos do anuncio:

Serán por conta do adxudicatario.

Paradela, 30 de xuño de 1998.

José Manuel Mato Díaz

Alcalde

6817