Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 20 de xullo de 1998 Páx. 8.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBAS DE SIL

EDICTO.

Por resolución da Alcaldia do 8 de xullo de 1998, aprobáronse os pregos de condicións particulares para a contratación das obras incluídas no PIEL/98.

Obra: abastecemento a Torbeo.

Orzamento e.c.: 4.828.091

Prazo de execución: 3 meses.

Obra: saneamento en Peites.

Orzamento e.c.: 11.286.354

Prazo de execución: 3 meses.

As obras adxudicaranse por concurso, procedemento aberto e tramitación urxente.

Os pregos de condicións exporanse ó público polo prazo de catro días para efectos de exame e presentación de reclamacións. Coa salvidade do disposto no artigo 122.2º do Real decreto lei 781/1986, do 18 de abril, anúnciase a licitación das devanditas obras, para que os interesados presenten as súas propostas no prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio no DOG e no BOP.

No BOP publicarase extracto da convocatoria da licitación.

Miguel Ángel Sotuela Vega

Alcalde

6826