Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 20 de xullo de 1998 Páx. 8.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión do día 2 de xullo de 1998, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de compensación da U.A. 12B do SU-5 de Ourense, coas modificacións que figuran no expediente segundo informe da secretaría xeral con data do 23 de xuño de 1998, por instancia de José Guede Cid, en representación de Promociones y Construcciiones Betán, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente, á exposición pública polo prazo de vinte días, que empezarán a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992,do 26 de novembro.

Ourense, 7 de xullo de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

6801