Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 20 de xullo de 1998 Páx. 8.234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria celebrada o día 2 de xullo adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, por instancia de Pedro Iglesias Campo, en representación de Promociones Río Cerves, S.L., o proxecto de urbanización da zona 6 do SU-39 do PXOU de Ourense, coas condicións sinaladas polo servicio eléctrico do 15 de xuño de 1998, logo da constitución da garantía polo importe de 25.993.289 ptas., vintecinco millóns novecentas noventa e tres mil duascentas oitenta e nove pesetas, para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia sométese o citado expediente, á exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992,do 26 de novembro.

Ourense, 3 de xullo de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

6800