Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 20 de xullo de 1998 Páx. 8.202

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1998 pola que se establecen as condicións técnicas de aplicación ás instalacións fixas para distribución ó retallo de carburantes e combustibles petrolíferos en instalacións de venda ó público e instalacións petrolíferas de uso propio.

A disposición transitoria terceira do Decreto 204/1994, do 16 de xuño, sobre seguridade industrial, determina que, ata a publicación das instruccións técnicas específicas de cada tipo de almacenamento, a concepción, deseño, cálculo e montaxe das instalacións obxecto do capítulo II, sección quinta, deste decreto (instalacións para a subministración e venda de gasolinas e gasóleos a terceiros e de uso propio en procesos ou actividades industriais ou de servicios que conteñan os ditos combustibles), así como as condicións que deben cumprir estas e os locais que as albergan se axustarán ó establecido nas especificacións técnicas contidas no anexo IV deste texto.

Os días 16 de agosto de 1996 e 23 de abril de 1998 entraron en vigor as instruccións técnicas complementarias do Regulamento de instalacións petrolíferas ITC MI-IP 04 instalacións fixas para distribución ó retallo de carburantes e combustibles petrolíferos en instalacións de venda ó público (aprobada por R.D. 2201/1995, do 28 de decembro; BOE nº 41, do 16 de febreiro) e ITC MI-IP 03 instalacións petrolíferas para uso propio (aprobada polo R.D. 1427/1997, do 15 de setembro; BOE nº 254, do 23 de outubro) respectivamente.

Trala entrada en vigor das referidas instruccións técnicas complementarias e por aplicación do establecido na disposición transitoria terceira do decreto sobre seguridade industrial, resultaron, pois, afec

tados tanto o seu anexo IV como os preceptos da súa sección 5ª que conteñen unha remisión expresa ó dito anexo (artigos 46 e 48).

Por tanto e conforme a facultade que me confire a disposición derradeira primeira do decreto sobre seguridade industrial, para dicta-las disposicións necesarias para a súa aplicación e desenvolvemento,

RESOLVO:

Primeiro.-As especificacións técnicas que deben cumpri-las instalacións para a subministración e venda de gasolinas e gasóleos a terceiros son as establecidas na ITC-MI-IP04.

Segundo.-As instalacións petrolíferas de uso propio deben cumpri-las especificacións técnicas establecidas na ITC MI-IP03.

Terceiro.-Os titulares das instalacións petrolíferas de uso propio que non requiren proxecto para a súa execución deberán presentar ante a Delegación Provincial de Industria correspondente un certificado de acordo co modelo que figura no anexo desta resolución.

Cuarto.-As instalacións fixas para a distribución ó retallo de carburantes e combustibles petrolíferos en instalacións de venda ó público, existentes á entrada en vigor da ITC-MI-IP 04, someteranse ás inspeccións e probas periódicas indicadas no seu capítulo V, nos termos previstos na disposición transitoria segunda do R.D. 2201/1995, do 28 de decembro.

Quinto.-As instalacións petrolíferas de uso propio existentes con anterioridade á entrada en vigor da ITC-MI-IP03 poderán adaptarse ás prescricións establecidas nela nun prazo de seis meses. Para estes efectos, os seus titulares, presentan o proxecto de adecuación ou, se é o caso, o certificado ó que fai referencia o apartado terceiro desta resolución.

No caso de instalacións que requiran proxecto establecerase o plan de adopción de medidas de seguridade que se aplicará nos prazos de cumprimento, que en ningún caso superarán os cinco anos.

As instalacións que non se adapten deberán someterse obrigatoriamente ás revisións e ás inspeccións periódicas estabrecidas no capítulo X da ITC MI-IP03, nos termos previstos na disposición transitoria do R.D. 1427/1997, do 15 de setembro.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 1998.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO

CERTIFICADO DE INSTALACIÓN DE USO PROPIO EN PROCESOS E ACTIVIDADES INDUSTRIAIS OU DE SERVICIOS NO ÁMBITO DA COMUNIDADE AUTONOMA DE GALICIA QUE NON REQUIREN PROXECTO PARA A SÚA AUTORIZACIÓN, SEGUNDO A I.T.C. MI-IP03

D/Dª con DNI

en calidade de

CERTIFICA:

Que, comprobadas as características da instalación correspondentes a:

* Titular da instalación:

* Situación: r/ Localidade

* Empresa instaladora con NIF

Nº Rexistro Industrial e enderezo

e coincidindo coas sinaladas a continuación:

(o asinante sinalará cun X os recadros correspondentes ás características da instalación en cuestión)

CARACTERÍSTICAS

1) Capacidade de almacenamento:

Clase de producto almacenado oB oCoD

Depósito fixo: o SI o NON

a) o soterrado

b) o de superficie

c) o semisoterrado

d) o en fosa

A capacidade máxima almacenada é de: litros,

en recipientes de capacidade unitaria igual a: litros.

2) O material dos depósitos é de:

o Chapa de aceiro oPolietileno

o Plástico reforzado oDobre parede

Número identificación: marca: modelo

cumpre coa normativa vixente: o SI o NON

3) A carga do depósito (o 3.000 litros) realízase por medio de 2 unións rápidos (macho e femia) o

A carga do depósito (n3.000 litros) realízase por medio dun boquerel a un orificio axeitado o

A boca de carga está situada a menos de 10 m da zona de descarga o

4) A ventilación do tanque (n3.000 litros) é dun diámetro interior o a 25 mm. o

A ventilación do tanque (n 5.000 litros) é dun diámetro interior o a 40 mm.o

A ventilación do tanque (n 1.500 litros) desemboca en locais pechados cunha superficie máxima de ventilación de 200 cmo

A saída de ventilación está protexida cunha reixa atallalume, é visible desde á boca de descarga e ten unha pendente mínima do 1%. o

A conducción de aireación desemboca como mínimo 50 cm sobre o orificio de enchedura do depósito (depósitos por debaixo do nivel do solo) o

5) No tubo de saída do depósito está instalada unha válvula de peche rápido o

6) A instalación eléctrica do equipo da subministración e control é de clase IP 55 o

7) A eficacia mínima dos extintores é de alomenos 89 o C e D ó 144 B o B

A distancia dos extintores ós puntos de área protexida non excede de 10 m o

Nas inmediacións da bomba existe un extintor o

Os extintores teñen vixente a última proba oficial e o seu estado é correcto o

Dispoñen de extintores en zonas de almacenamento (conexións de mangueiras, bombas, válvulas uso frecuente, etc.) o

8) As distancias entre os depósitos e i. fixas de superficie son regulamentarias o

9) Os cubetos de retención son de capacidade suficiente e debidamente construídos o

10) As medidas de seguridade e protección do depósito, como substitutoria do cubeto, contra impactos son suficientes o

11) Os soportes metálicos ou apoios críticos teñen estabilidade ó lume EF180 o

Como consecuencia das características indicadas anteriormente e de acordo coas probas e medidas realizadas, o técnico que subscribe certifica que a instalación descrita non compromete a seguridade das persoas, dos animais domésticos e dos bens, adaptándose á normativa vixente e correspondente ITC MI IP 03.

Fdo.: o técnico titulado competente ou responsable técnico da empresa instaladora

Que á vista deste certificado foi autorizado e validado pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de , de acordo con

.................., .........de..................de.........

Visto e prace

6397