Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 20 de xullo de 1998 Páx. 8.205

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 5 de xuño de 1998 pola que se autoriza a permuta dos puntos de fondeo entre as bateas S.E. número 3 e Figueiro número 3 .

Visto o expediente instruído por petición de Guadalupe Somoza Cacabelos, con DNI nº 35.433.028, e Manuel Vázquez Vilar, con DNI nº 35.404.090, polo que solicitan permuta-los puntos de fondeo entre os viveiros:

Nome do viveiro: S.E. nº 3.

Titular: Guadalupe Somoza Cacabelos.

Situación: Cambados, polígono A, cuadrícula nº 51.

Cultivo: mexillón.

Vixencia: 25-6-2005.

Nome do viveiro: Figueiro nº 3.

Titular: Manuel Vázquez Vilar.

Situación: Cambados, polígono G, cuadrícula nº 52.

Cultivo: mexillón.

Vixencia: 5-4-2005.

Tendo en conta os informes do Servicio de Protección de Recursos, e por proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños, conforme os artigos 11 e 12 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228), considerando que na tramitación do expediente se verificaron tódalas dilixencias procedentes nestes casos, esta consellería resolve acceder á permuta dos puntos de fondeo solicitada, quedando a situación e vixencia dos viveiros na orde seguinte:

Nome do viveiro: S.E nº3.

Titular: Guadalupe Somoza Cacabelos.

Situación: Cambados, polígono G, cuadrícula nº 52.

Cultivo: mexillón.

Vixencia: 5-4-2005.

Nome do viveiro: Figueiro nº 3.

Titular: Manuel Vázquez Vilar.

Situación: Cambados, polígono A, cuadrícula nº 51.

Cultivo: mexillón.

Vixencia: 25-6-2005.

Os traslados das bateas á novas localizacións, contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia.

O fondeo realizarase no prazo máximo de seis meses contado desde a publicación da presente orde.

A data do fondeo deberá serlle comunicada con antelación suficiente á Delegación Comarcal desta consellería en Vilagarcía de Arousa, para os efectos de que este se realice baixo a supervisión e control de persoal técnico do Servicio de Protección de Recursos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso administrativo na forma e prazo previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

6389