Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.113

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PONTENOVA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión extraordinaria de 30 de xuño de 1998, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, das obras de proxecto de acceso o núcleo Chousa de Abaixo, A Pontenova.

Os citados pregos estarán expostos ó público durante 8 días para os efectos de que se poidan presenta-las reclamacións contra eles.

Ó mesmo tempo, o concello anuncia a licitación do citado contrato de obras, a cal quedará aprazada se houbese reclamacións contra os pregos ata a súa resolución:

1. Entidade adxudicadora.

a) Concello da Pontenova.

b) Dependencias nas que se tramita o expediente: oficinas municipais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: proxecto de acceso ó núcleo Chousa de Abaixo, A Pontenova.

b) Nº do expediente: 2/1998.

c) División por lotes e número: non tén.

d) Lugar de execución: termo municipal da Pontenova.

e) Prazo de execución: seis (6) meses.

f) Orzamento de licitación: 18.948.017 pesetas (IVE incluído).

3. a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías:

Provisional: 378.961 pesetas.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello da Pontenova (Lugo).

b) Domicilio: r/ Xeneralísimo, s/n.

c) Localidade e código postal: A Pontenova, 27720.

e) Fax: 982 34 20 51.

f) Fecha límite de obtención de documentos e información: ata o día décimo terceiro posterior á data da última publicación desta anuncio no BOP ou no DOG (por efectos do cómputo dos prazos indícase que ós días son naturais).

g) Criterios que servirán de base para a adxudicación:

-Unidades de obra completa adicional que garden relación coa materia e natureza do proxecto obxecto do contrato, a prezos do proxecto.

Se é o caso, os licitadores presentarán un orzamento coas medicións e prezos ofertados das unidades de obra referidas.

-Mellor prazo de execución.

-Relación de obras executadas dentro dos últimos tres anos para as administracións públicas, xunto coa certificación de boa execución, expedida polo director de cada unha delas.

-Mellor prezo.

6. Gastos de anuncios.

O pagamento do importe dos anuncios correrá por conta do contratista adxudicatario.

7. Presentación de proposicións e documentación.

As proposicións presentaranse en man no rexistro do concello, durante os trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no BOP ou no DOG, no que figurará como lema o título da obra que se licite, de acordo co modelo que figura no anexo.

A documentación que hai que achegar é a esixida na cláusula 17º do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura de plicas:

Lugar: casa do concello.

Data: terceiro día posterior contado desde a data de remate do prazo de presentación de plicas, sempre

que non coincida en sábado, en tal caso abrirase o primeiro día hábil seguinte.

Hora: nove horas e trinta minutos (9.30).

Anexo: D/Dª...., domiciliado/a en ..., con DNI número ..., en nome propio (ou en representación de ..., como acredita por ...), informado/a da convocatoria de concurso toma parte no mesmo, comprometéndose á realización das obras de ..., no prazo de ..., e no prezo de ..., (en letra e en número) IVE incluído, conforme o proxecto técnico e prego de cláusulas económico administrativas que acepta integramente, e comprométese á realización de unidades de obra adicional valoradas a prezos se de proxecto e de acordo co seguinte detalle: unidades de obra, medición, designación, prezo e total.

A Pontenova, 7 de xullo de 1998.

P.D.

Manuel Díaz Fernández

Primeiro tenente alcalde

6712