Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1998 pola que se anuncia concurso para a redacción do proxecto e execución das obras de urbanización e axardinamento en Palavea.

1. Entidade adxudicadora: concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratacion. b) Número de expediente: O98/46.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto e execución das obras de urbanización e axardinamento en Palavea.

Prazo de entrega do proxecto: un mes.

Prazo de execución das obras: catro meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 7.000.000 de ptas. (IVA incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Domicilio: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. c) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematado ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este

automáticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisióin de variantes: si.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións: c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposición económica». «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a redacción do proxecto e execución das obras de urbanización e axardinamento en Palavea».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 1 de xullo de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

6707