Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 12 de xuño de 1998, acordou aprobar definitivamente o documento denominado estudio de detalle para ordenación de volumes e fixación de aliñacións e rasantes no rueiro A do polígono 2 do Milladoiro, que foi aprobado inicialmente en sesión do 23 de abril de 1998, e exposto ó público mediante anuncios publicados no Diario Oficial de Galicia número 86 do día 7 de maio de 1998 e no xornal El Correo Gallego do día 4 de maio de 1998, sen que se presentasen alegacións.

O que se fai público de acordo co establecido no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e o artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contado desde o día seguinte do último no que apareza publicado este anuncio no BOP ou do Diario Oficial de Galicia.

A interposición deste recurso terá que comunicarse ó Concello de Ames, de conformidade co disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

Ames, 30 de xuño de 1998.

O alcalde

Rubricado

6686