Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

No BOP do día da data publícanse os pregos de condicións íntegros do concurso para contratación das obras de saneamento en Barbadás e Santa Uxía, nº 5/PB/1998, segundo acordo da corporación municipal do día 25 de xuño último.

- Tipo de licitación: 15.200.000 ptas.

- Fianza provisional: 2% do tipo de licitación. Fianza definitiva: 4% do tipo de licitación.

- Presentación de documentación e proposicións: no rexistro xeral do concello, en días hábiles e horas de oficina, ata as 12 horas do 13º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Se o último fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

- Documentación que hai que presentar: consta detallada no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten nas oficinas muncipais, en Cimadevila-Barbadás; teléfono: 988 36 00 00. Fax: 988 36 01 26.

- Apertura de plicas: 13 horas do día hábil seguinte, agás sábados, ó de finalización do prazo de presentación de ofertas e documentación.

- Modelo de proposición:

«Don/a..., con domicilio en..., DNI núm. ..., no nome propio (ou na representación de..., segundo acredita con ...), informado/a do expediente e condicións para contrata-las obras de saneamento en Barbadás e San Uxía, nº 5/PB/98, no Concello de Barbadás, anunciadas no BOP nº ..., con data do ..., comprométese á súa execución polo tipo de licitación de 15.200.000 ptas., e coas seguintes melloras que se relacionan e as condición que se sinalán.

- O licitador, en concepto de melloras como obras adicionais, comprométese á execución das obras incluídas no proxecto de saneamento na Pipileira de Piñor, redacado polo enxeñeiro Millán Trillo, con orzamento de execución material de 2.700.822 ptas., ofertando executar pola súa conta o... % das devanditas obras, sendo o resto por conta do concello (indicar se é por conta do licitador a totalidade das obras ou qué porcentaxe destas). Prazo de execución... meses, (máximo 4 meses). Lugar, data e sinatura».

Barbadás, 6 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubricado

6687