Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

No BOP do día da data publícanse os pregos de condicións íntegros que rexerán o concurso e posterior contrato para outorga-la concesión adminis

trativa de obra pública para a instalación e explotación de cafetería con terraza na zona axardinada Regato dos Muíños, na Valenzá, inmediacións da urbanización Bahamonde, segundo acordo da corporación municipal do día 25 de xuño último.

Fianza provisional: 100.000 ptas. Fianza definitiva: 4% do orzamento das obras e mínima de 250.000 ptas.

Presentación de documentación e proposicións: no rexistro xeral do concello, en días hábiles e horas de oficina, ata as 12 horas do 13º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Se o último fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar e criterios de valoración para a adxudicación do concuso: consta detallada no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten nas oficinas muncipais, en Cimadevila-Barbadás; teléfono: 988 36 00 00. Fax: 988 36 01 26.

Apertura de plicas: 13 horas do día hábil seguinte, agás sábados, ó de finalización do prazo de presentación de ofertas e documentación.

Modelo de proposición:

«Don/a..., con domicilio en..., DNI núm. ..., no nome propio (ou na representación de..., segundo acredita con poder validado que achega), informado dos pregos de condicións e demais documentos do expediente, para contratar mediante concurso, a concesión administrativa de obra pública para a instalación e explotación de cafetería con terraza na zona axardinada Regato dos Muíños, na Valenzá, inmediacións da urbanización Bahamonde, comprométese a realizalas con estricta suxeición ás condicións citadas e ó proxecto (ou proxectos) presentado, e ofrece:

Canon anual... ptas. Prazo da concesión... anos. Outros datos... Achega dous exemplares de cada proxecto, así como tódolos documentos esixidos no prego. Lugar, data e sinatura».

Barbadás, 6 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubricado

6688