Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

No BOP do día da data publícanse os pregos de condicións íntegros para o concurso de reforma e ampliación da Casa do Concello, segundo acordo da corporación municipal do día 25 de xuño último.

Tipo de licitación: 106.859.878 ptas.

Fianza provisional: 2% do tipo de licitación. Fianza definitiva: 4% do tipo de licitación.

Presentación de documentación e proposicións: no rexistro xeral do concello, en días hábiles e horas de oficina, ata as 12 horas do 13º día natural seguinte

ó da publicación deste anuncio no DOG. Se o último fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que se presentará: consta detallada no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten nas oficinas muncipais, en Cimadevila-Barbadás; teléfono: 988 36 00 00. Fax: 988 36 01 26.

Apertura de plicas: 13 horas do día hábil seguinte, agás sábados, ó de finalización do prazo de presentación de ofertas e documentación.

Clasificación esixida: grupo C, subgrupos todos (1 a 9), categoría d.

Modelo de proposición:

«Don/a..., con domicilio en..., DNI núm. ..., no nome propio (ou na representación de..., segundo acredita con ...), informado/a do expediente e condicións para contrata-las obras de reforma e ampliación da Casa do Concello de Barbadás, anunciadas no DOG nº ..., de data ..., comprométese á súa execución polo tipo de licitación de 106.859.878 ptas., e coas seguintes melloras que se relacionan e as condicións que se sinalan.

O licitador, en concepto de melloras, comprométese ó seguinte: a) Reintegrarlle ó concello o importe aboado por este concepto de honorarios de redacción do proxecto, por importe de 4.357.427 ptas. b) Aboarlle tamén ó concello a cantidade de... ptas., para: executar obras de urbanización no contorno da Casa do Concello, de conformidade co detalle de unidades de obra que sinale o concello. Equipamento informático e de arquivo, de conformidade cos modelos, marcas e sistemas que acorde o concello. Prazo de execución... meses. Os licitadores... (si ou non) renuncian á cantidade que lles puidese corresponder por revisión de prezos. Lugar, data e sinatura».

Barbadás, 6 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubricado

6305