Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

APROBACIÓN definitiva de segregación da unidade de execución integral número tres.

O Concello de Betanzos, en sesión plenaria realizada o pasado vintenove de maio de 1998, acordou aprobar definitivamente a segregación da unidade de execución integral número tres.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá presentarse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir

do seguinte ó desta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere oportuno.

Betanzos, 23 de xuño de 1998.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente

6306