Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.083

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998 pola que se fai pública a convocatoria do concurso voluntario de traslados para a provisión de prazas de persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

No capítulo II sección primera do Real decreto 118/1991, do 25 de xaneiro (BOE nº 33, do 7 de febreiro) sobre selección de persoal estatutario e provisión de prazas nas institucións sanitarias da Seguridade Social, regúlase o relativo ó sistema de provisión de prazas por concurso de traslados de persoal estatutario das IISS da Seguridade Social.

En virtude do artigo 19.2º do Decreto 49/1998 (DOG nº 33 do 18 de febreiro) da alínea d) do artigo 4 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88 do 11 de maio de 1998), este centro directivo ten asignadas competencias delegadas para a convocatoria e resolución de concursos de traslados para a provisión de prazas das áreas de saúde, institucións e servicios sanitarios do Sergas.

En consecuencia, acórdase a publicación da convocatoria para cubrir prazas vacantes por concurso voluntario de traslados das categorías de axudante técnico sanitario/diplomado universitario en enfermería (ATS/DUE), matrona, fisioterapeuta, técnico especialista de laboratorio (TEL) , técnico especialista en radiodiagnóstico (TER), técnico especialista

en anatomía patolóxica (TEAP), auxiliar de enfermería, grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, grupo administrativo, asistente social, enxeñeiro técnico, grupo auxiliar da función administrativa, celador, cociñeiro, pinche, electricista, fontaneiro, carpinteiro, mecánico, pintor, costureiro, pranchador, lavandeiro e limpador.

Na súa virtude, o Servicio Galego de Saúde, de acordo co disposto no artigo 15.8º a) da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no artigo 7.2º d) da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Servicio Galego de Saúde, na súa redacción dada pola Lei 8/1991, do 23 de xullo; e logo de negociación na Mesa Sectorial de Persoal Sanitario baseándose no pacto sobre provisión e selección de persoal estatutario sanitario non facultativo e non sanitario das I.I.S.S. do Sergas asinado coas organizacións sindicais UGT, CESM, SATSE, CC.OO, CIG e CSI-CSIF o 26 de xuño de 1998.

RESOLVE:

Artigo único.-Dispoñe-la publicación da convocatoria do concurso voluntario de traslados para a provisión das prazas relacionadas no anexo III á presente resolución, correspondentes a institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, así como aproba-las bases e baremo de méritos que rexerán a convocatoria, contidos respectivamente nos anexos I e II desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso- administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1998.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

ANEXO

BASES

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse, para a súa provisión por concurso de traslados, as prazas básicas vacantes do persoal estatutario do Sergas que se especifican para cada categoría, no anexo III desta resolución, podendo solicitarse por orde de preferencia, parte delas ou a totalidade da categoría á que se concursa, sen prexuízo do disposto na base 2.5 respecto dos concursantes forzosos.

1.2. As prazas de atención especializada distribúense por centros ou complexos hospitalarios.

1.3. As prazas de atención primaria que se convocan, referidas ó persoal non sanitario e sanitario non facultativo, pertencen ós distintos centros de xestión de atención primaria existentes na Comunidade Autónoma galega, indicándose no anexo III

entre paréntese cando o número de prazas ofertadas nunha localidade é maior de unha.

Os aspirantes ás prazas vacantes nos centros de xestión ós que se refire o parágrafo anterior, indicarán na súa solicitude o código da localidade ou localidades ás que opten, establecendo unha orde de preferencia. Os aspirantes que non soliciten alomenos unha localidade, quedarán automaticamente excluídos do concurso.

Así mesmo, soamente se lles adxudicarán ós aspirantes as prazas das localidades expresamente solicitadas, sen que caiba a posibilidade de adxudicación doutra praza dunha localidade que non estivese consignada na solicitude que se formule.

1.4. O concurso rexerase polas presentes bases e, no seu defecto, aplicarase o contido no capítulo II, sección primeira do Real decreto 118/1991, do 25 de xaneiro, sobre provisión de prazas en institucións sanitarias da Seguridade Social.

2. Requisitos que teñen que reuni-los concursantes

2.1. Poderá participar neste concurso de traslados o persoal estatutario de igual categoría e fixo de cadro no Sistema Nacional de Saúde, que acredite esta condición no momento de presenta-la solicitude para concursar.

2.2. De conformidade co establecido na disposición adicional décimo primeira do Real decreto 118/1991, do 25 de xaneiro, o persoal estatutario fixo nas institucións sanitarias da Seguridade Social xestionadas polo Instituto Social da Mariña poderá participar neste concurso de traslados nas mesmas condicións e requisitos que o restante persoal estatutario.

2.3. Os concursantes deberán estar nalgunha das seguintes situacións:

a) Servicio activo.

b) Reingreso provisional.

c) Excedencia con reserva de praza.

d) Excedencia voluntaria.

e) Excedencia por incompatibilidade.

2.4. De conformidade co establecido no artigo 17.2º do dito Real decreto 118/1991, do 25 de xaneiro, ademais dos anteriores serán requisitos para seren admitidos ó concurso:

a) Para o persoal en activo ou con reserva de praza: ter tomado posesión da praza desempeñada cun ano de antelación, como mínimo, ó remate do prazo de presentación de solicitudes para participar no presente concurso.

No caso do persoal pertencente a unha categoría que fora obxecto de modificación, o requisito do prazo dun ano entenderase cumprido, de reunilo na categoría orixinaria, independentemente do tempo que leve desempeñando a nova categoría.

b) Para o persoal en situación distinta á de activo e sen praza reservada: reuni-los requisitos legais e regulamentarios para incorporarse ó servicio activo o último día do prazo de presentación de solicitudes para participar no presente concurso.

2.5. Considérase concursante forzoso, de conformidade co establecido na disposición adicional sexta do devandito Real decreto 118/1991, do 25 de xaneiro, ó persoal que con anterioridade á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, tomara posesión dunha praza no ámbito das institucións sanitarias dependentes do Sergas co carácter de reingreso provisional.

A consideración de concursante forzoso, levará aparellada a obriga de solicitar tódalas vacantes da categoría que se convoquen na área de saúde na que se encontra reingresado provisonalmente, sendo declarado de oficio, se non o fai, na situación de excedencia voluntaria.

Igualmente, se algún concursante que desempeñe unha praza en destino provisional na forma establecida nos parágrafos anteriores non obtivese praza no concurso, tendo cumprido a obriga establecida no parágrafo anterior, poderá optar por obter novo destino provisional nalgunha das prazas que resulten vacantes como consecuencia da súa resolución, ou por pasar á situación de excedencia voluntaria.

2.6. Os requisitos esixidos para participar neste concurso deberán manterse ó longo de todo o proceso de execución que se entenderá concluído no momento da toma de posesión da nova praza adxudicada.

3. Orde de prelación para a adxudicación das prazas.

3.1. As prazas serán adxudicadas ós concursantes de acordo co baremo de méritos que se publica como anexo II desta resolución.

3.2. Non se adxudicarán neste concurso prazas por resultas.

3.3. No caso de empate resolverase en favor do concursante que leve máis tempo desempeñando efectivamente a praza desde a que concursa. De persisti-lo empate, resolverase en favor da mellor puntuación en cada un dos apartados do baremo e pola súa orde. De manterse o empate, resolverase en favor do concursante de maior idade.

4. Solicitudes.

4.1. Cada concursante deberá cubrir unha solicitude, axustándose necesariamente ó modelo que figura como anexo IV a esta resolución e respectando estrictamente a codificación que identifica a cada centro ou complexo hospitalario e a cada localidade nas diferentes xerencias de atención primaria. Serán desestimadas, sen máis trámite, as solicitudes que conteñan algunha emenda, riscadura ou raspadura, tanto na instancia como nalgunha das follas de petición de destinos ou no certificado ou en calquera

dos documentos anexos a que fai referencia na base 5ª, sempre que non se encontren salvados baixo sinatura.

4.2. As solicitudes poderán ser presentadas nos lugares e do xeito que determine a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, advertíndose que na folla ou follas, se é o caso, da solicitude de admisión ó concurso de traslados debe figura-lo selo do rexistro, quedando os orixinais en poder da Administración e expedíndose copia ós interesados.

4.3. O prazo de presentación da solicitude, á que deberá unirse necesariamente toda a documentación que se achegue, será dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

4.4. Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes non se admitirá nin a súa modificación, nin a retirada do concurso, nin a presentación de novos documentos.

4.5. No que se refire ós servicios prestados, en tódolos puntos do baremo serán valorados unicamente os acreditados ata o día inmediato anterior, inclusive, ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

5. Documentación.

5.1. Tódolos concursantes, con carácter xeral, deberán presenta-la seguinte documentación:

a) Copia compulsada do seu nomeamento en propiedade na categoría.

b) Fotocopia do documento nacional de identidade.

c) Certificación orixinal expedida polo director de xestión do centro no que actualmente presta os seus servicios, conforme o modelo que se xunta como anexo V á presente resolución.

d) Copia compulsada, se é o caso, dos diplomas acreditativos de ter superado cursos de coñecemento da lingua galega.

5.2. Ademais, o persoal en activo deberá presentar copia compulsada do seu último nomeamento (no suposto de non corresponder co seu nomeamento inicial na categoría).

5.3. O persoal en calquera situación de excedencia, presentará ademais copia compulsada da resolución que lla concedeu.

De tratarse de persoal en reingreso provisional, presentará copia compulsada da resolución pola que se autoriza o reingreso.

6. Resolución do concurso.

6.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes e á vista das prazas solicitadas polos concursantes, así como dos méritos alegados e acreditados, procederase á súa baremación.

6.2. Rematada a dita baremación, a Dirección Xeral da División de Recursos Humanos do Sergas

aprobará a resolución provisional do concurso, que será publicada no Diario Oficial de Galicia.

6.3. De conformidade co establecido no artigo 18.2º, parágrafo segundo e 18.3º do Real decreto 118/1991, do 25 de xaneiro, os interesados disporán dun prazo de quince días, contado desde a súa publicación, para formularen reclamacións contra a resolución provisional. As ditas reclamacións serán rexeitadas ou admitidas, na resolución definitiva que será aprobada pola autoridade convocante e publicarase na mesma forma en que o foi a convocatoria do concurso. Esta publicación servirá de notificación ós interesados e, a partir desta, empezarán a contarse os prazos establecidos para que os organismos afectados efectúen as actuacións administrativas procedentes.

6.4. Conforme o establecido no artígo 18.4º do citado Real decreto 118/1991, as prazas adxudicadas serán irrenunciables, a menos que, durante o prazo posesorio, se obtivera outro destino mediante convocatoria pública, caso no que o interesado poderá optar entre os postos que lle fosen adxudicados, estando obrigados a comunica-la opción realizada ós organismos convocantes dos concursos en que participaran dentro do prazo de tres días.

7. Efectos derivados do concurso.

7.1. Os concursantes que obteñan praza deberán cesar na que, se é o caso, desempeñan dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución definitiva. Non obstante, o xerente da institución, por necesidade do servicio, poderá ampliar este prazo ata dez días, comunicando tal decisión á institución na que se obtivera novo destino.

7.2. A toma de posesión da nova praza deberá efectuarse dentro dos tres días seguintes ó do cesamento, se as prazas son da mesma localidade, no prazo de quince días, se as prazas son de distinta localidade e da misma área de saúde ou no dun mes se pertencen a distinta localidade e área de saúde. Non disporán de ningún dos prazos posesorios sinalados aqueles adxudicatarios de praza no concurso que xa viñeran ocupando praza no mesmo centro de destino, en virtude de comisión de servicios ou reingreso provisorio.

7.3. No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión será dun mes, contado desde a publicación da resolución definitiva do concurso.

7.4. O prazo posesorio iniciarase cando finalice o permiso ou licencia que, se é o caso, fose concedido ó interesado, agás que por causas xustificadas se acorde suspende-lo seu desfrute.

7.5. Se así o permiten as necesidades do servicio e a petición do interesado, os prazos a que se refiren os apartados anteriores poderán ser prorrogados por tempo non superior á metade da súa duración inicial.

7.6. Cando un concursante non tome posesión da súa nova praza dentro do prazo posesorio ou, se é o caso, da prórroga que pola súa petición motivada se lle tivera concedido, entenderase que renuncia a esta e causará baixa na súa categoría como persoal estatutario, agás que tal feito se produza por causas suficientemente xustificadas, así apreciadas, logo de audiencia do interesado, pola autoridade convocante. En tal caso, poderá deixarse sen efecto a devandita baixa, debendo incorporarse á nova praza tan pronto como desaparezan os motivos que imposibilitaron a toma de posesión.

No suposto de que a autoridade convocante acorde a súa baixa na categoría de conformidade co establecido no parágrafo anterior, darase conta disto ós órganos centrais do Insalud e ós servicios de saúde das comunidades autónomas que teñen competencias transferidas na materia.

7.7. Os concursantes que no obteñan praza neste concurso manteranse na situación de destino que ostentan, con excepción dos reingresados provisionais que poderán exerce-la opción a que se refire a base 2.5 da presente resolución.

7.8. Agás cando a resolución do concurso implique o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión e, se é o caso, a prórroga deste terá a consideración de servicio activo, percibíndose os correspondentes haberes con cargo á praza do novo destino.

7.9. De conformidade co establecido no parágrafo segundo da disposición adicional cuarta do Real decreto 118/1991, do 25 de xaneiro, a toma de posesión da praza adxudicada, levará aparellado o cesamento do persoal estatutario temporal que, se é o caso, corresponda.

8. Normas derradeiras.

8.1. A comisión ou, se é o caso, comisións encargadas da baremación de méritos no presente concurso de traslados, serán nomeadas co ámbito que acorde a autoridade convocante. En tal comisión participará o representante que designen as organizacións sindicais asinantes do pacto.

Estas comisións terán a condición de primeira categoría para efectos do disposto no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG nº 106 do 1 de xuño).

8.2. De conformidade co establecido no artigo 16.2º do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo III do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, serán gratuítas tódalas compulsas e certificacións que se expidan polos distintos centros de gasto do Sergas ó persoal estatutario fixo que participe no concurso.

8.3. Os traslados derivados deste concurso teñen carácter voluntario.

8.4. O persoal pertencente á categoría de auxiliar de enfermería e todo o persoal non sanitario que a través do presente concurso obteña destino definitivo nun centro de atención primaria do Sergas quedará suxeito á ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia que resulte do Decreto 200/1993, do 29 de xullo, e normativa que o desenvolve.

ANEXO II

BAREMO DE MÉRITOS

Baremo polo que se rexe o concurso voluntario de traslados de tódalas categorías de persoal estatuario, convocado polo Servicio Galego de Saúde para as institucións sanitarias do seu ámbito:

(Tódalas certificacións de servicios prestados expresarán en número e letra o cómputo de tempo en días naturais. Para o cómputo de meses efectuarase unha división enteira entre 30).

1º.-Servicios prestados con carácter de estatutario fixo nas institucións sanitarias da Seguridade Social na mesma categoria desde a que se concursa:

1 punto por mes completo.

2º.-Servicios prestados con carácter de estatutario fixo nas institucións sanitarias da Seguridade Social, noutras categorías estatutarias:

0,50 puntos por mes completo.

3º.-Servicios prestados nas institucións sanitarias da Seguridade Social con carácter temporal na mesma categoría desde a que concursa:

0,25 puntos por mes completo.

4º.-Servicios prestado nas institucións sanitarias da Seguridade Social con carácter temporal noutras categorías estatutarias:

0,10 puntos por mes completo.

5º.-Servicios prestados noutra Administración pública, desempeñando postos de traballo de igual grupo e contido funcional cá praza obxecto do concurso, e recoñecidos ó amparo do previsto na Lei 70/1978, do 26 de decembro:

0,05 puntos por mes completo.

6º.-Para o persoal ATS/DUE, por servicios prestados en propiedade nas institucións sanitarias da Seguridade Social na modalidade á que concursa asignarase unha puntuación adicional a razón de 0,10 puntos por mes ata o máximo de 6 puntos.

As modalidades que actualmente existen son:

a) De zona.

b) De servicio de urxencias.

c) De institucións sanitarias (obxecto do concurso).

d) De atención primaria.

7º.-Pola acreditación da superación do curso de iniciación en lingua galega:

2 puntos.

8º.-Pola acreditación da superación do curso de perfeccionamento en lingua galega:

4 puntos.

A valoración do punto 8 exclúe a valoración do punto 7.

En canto á homologación dos coñecementos da lingua galega relativos ó grao de iniciación e de

perfeccionamento, aplicarase o disposto na seguinte normativa:

-Orde do 19 de xaneiro de 1989, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 27 do 8/1/1989).

-Orde do 25 de abril de 1989, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 101, do 29/5/1989).

-Orde do 26 de novembro de 1993 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 246, do 23 de decembro).

Xerencia de Atención

Primaria

CategoríaLocalidadeCódigo

da localidade

A Coruña-Ferrol

(A Coruña)

Auxiliar de enfermeríaA Coruña20
Auxiliar administrativoA Coruña (3)21
Betanzos22
CeladorA Coruña23
Arteixo24
Sada25
Carballo26
Oleiros27
Laxe28
Cambre29
LimpadorBetanzos30

Xerencia de Atención

Primaria

CategoríaLocalidadeCódigo

da localidade

A Coruña-Ferrol

(Ferrol)

Auxiliar administrativoFerrol31
CeladorSan Sadurniño (2)32
As Pontes de G. Rodgz.33
Narón34
Santiago de C.Auxiliar de enfermeríaSantiago de C.41
Ribeira42
Auxiliar administrativoSantiago de C.43
CeladorRianxo44
LugoAuxiliar de enfermeríaLugo51
Auxiliar administrativoLugo52
Quiroga53

Xerencia de Atención

Primaria

CategoríaLocalidadeCódigo

da localidade

CeladorLugo (2)54
Becerreá55
Guitiriz56
Chantada57
Ribadeo58
OurenseAuxiliar de enfermeríaOurense (3)61
Allariz-Xinzo de Limia62
Celanova63
Ribadavia64
Auxiliar administrativoOurense (8)65
Celanova66
Xinzo de Limia67
CeladorAllariz (2)68
A Pobra de Trives (2)69
O Carballiño (2)70
Castro Caldelas71
Celanova (4)72

Xerencia de Atención

Primaria

CategoríaLocalidadeCódigo

da localidade

Maceda (2)73
Ribadavia (3)74
Pontevedra-Vigo

(Pontevedra)

Xestión da Func. Adva.Pontevedra81
Auxiliar de enfermeríaLérez82
Lalín83
Vilanova84
Auxiliar administrativoPontevedra85
CeladorVilagarcía de Arousa86
Sanxenxo87
Pontevedra-Vigo

(Vigo)

Auxiliar de enfermeríaVigo (5)91
Tui92
Auxiliar administrativoVigo (4)93
A Cañiza94
CeladorVigo (2)95
O Porriño96
Val Miñor97

ANEXO V

Don/a ..., director/a de xestión do ....

Certifico:

Que segundo a documentación que consta no expediente persoal de don/a ... persoal estatutario fixo da categoría de ..., queda acreditado que prestou os seguintes servicios:

1. Períodos de servicios prestados como persoal estatutatrio fixo na mesma categoría á que se concursa nas institucións sanitarias da Seguridade Social (punto 1 do baremo) ... total días (en número e letra).

(No suposto de tratarse de ATS/DUE, deberá indicarse necesariamente a modalidade ás que se refire o punto 6 do anexo III).

2. Períodos de servicios prestados como persoal estatutaro fixo noutras categorías en institucións sanitarias da Seguridade Social (punto 2 do baremo) .... total días.

3. Períodos de servicios prestados con carácter temporal, na mesma categoría á que se concursa, nas institucións sanitarias da Seguridade Social (punto 3 do baremo) ... total días.

4. Período de servicios prestados, con carácter temporal, noutras categorías estatutarias, nas insitucións sanitarias da Seguridade Social (punto 4 do baremo)... total días.

5. Período de servicios prestados noutra Administración publica, desempeñando postos de traballo de igual grupo e contido funcional que a praza obxecto de concurso, e recoñecidos ó amparo da Lei 70/1978 (punto 5 do baremo) ... total días.

E para que así conste, a petición do/a interesado/a expídese a presente certificación, co visto e prace do/a director/a-xerente ou director médico, en ..., ... de ... de mil novecentos noventa e oito.

Visto e prace

O/a director/a xerente ou director/a médico

6248