Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.079

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da provincia da Coruña, para a flota de arrastre ó fresco do caladorio do Gran Sol.

Visto o expediente do convenio colectivo da provincia da Coruña para a flota de arrastre ó fresco do caladoiro de Gran Sol que tivo entrada nesta delegación provincial o día 1-6-1998, subscrito en representación da parte económica polas asociacións Arpesco e Pescagalicia, e, da parte social, por UGT, CC.OO. e CIG o comité de empresa o día 5-5-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenio, colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de xuño de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da provincia da Coruña, para a flota de arrastre ó fresco do Gran Sol

Capítulo I

Ámbito, vixencia, prelación de normas

e comisión mixta

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio é de aplicación a tódalas empresas armadoras de buques de arrastre ó fresco que faenen no caladorio do Gran Sol.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O convenio será de aplicación para todos aqueles buques que teñan a súa base en calquera porto da provincia da Coruña.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan afectados por este convenio tódolos traballadores embarcados e incursos nos artigos anteriores.

Artigo 4º.-Vixencia.

Para efectos económicos, o convenio entra en vigor o día 1 de xaneiro de 1998 e, para os demais fins, desde o momento do seu asinamento.

Artigo 5º.-Duración.

A duración do convenio é desde o 1 de xaneiro de 1998 ata o día 31 de decembro de 1999, agás que por falta de denuncia en tempo e forma, segundo se estipula, sexa considerado prorrogado.

Artigo 6º.-Prórroga e denuncia.

A denuncia para a rescisión ou revisión do convenio deberá realizarse cunha antelación de dous meses ó seu remate ou prórroga en curso. A denuncia referida deberá efectuarse mediante comunicación escrita á outra parte, contándose o seu prazo desde a data de recepción do dito comunicado.

Artigo 7º.-Prelación de normas.

As normas que contén este convenio regularán, con carácter preferente e prioritario, as relacións entre traballadores e empresarios afectados por el.

No que non estea expresamente previsto no convenio, aplicarase o texto que establecía a ordenanza laboral de pesca de arrastre ó fresco do 31 de xullo de 1976, que continuará en vigor mentres non haxa outro que o substitúa en Galicia ou no Estado, así como o Estatuto dos traballadores e demais lexislación vixente en materia pesqueira.

Artigo 8º.-Compensación e absorción.

As condicións que se implantan por virtude deste convenio compensarán e/ou absorberán calquera outra que exista no momento da súa entrada en vigor, sexa cal for a súa natureza ou a orixe da súa existencia, así como as que poidan ser establecidas por normas publicadas durante a súa vixencia, a non ser que estas formen un conxunto máis beneficioso para o traballador, consideradas en cómputo anual. Neste caso substituirán integramente as deste convenio.

Artigo 9º.-Garantía persoal e condición mínima.

Serán respectadas as condicións superiores pactadas con anterioridade a este convenio ou que se pacten durante a súa vixencia, con persoa ou grupos de persoas, polas empresas afectadas por el, sempre que no seu conxunto e en cómputo anual superen as establecidas polo convenio, debido á condición que teñen de normas mínimas, tanto no que se refire ó social como ó económico.

Artículo 10º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas no presente convenio forman un todo orgánico e indivisible, e para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente en cómputo anual.

No suposto de que a autoridade laboral, en uso das súas facultades, non aprobase algunha das cláusulas contidas no convenio, este quedará sen efecto aplicación e deberá ser reconsiderado na súa totalidade.

Artigo 11º.-Comisión mixta de interpretación.

Constitúese unha comisión mixta de interpretación do presente convenio, presidida pola persoa que se designe na primeira reunión que se celebre.

Quedará formada por cinco representantes dos traballadores e outros cinco dos empresarios, que serán designados polas centrais sindicais asinantes do convenio e as asociacións de armadores de buques de pesca da Coruña.

Nomearase secretario a un vocal da comisión.

Os acordos desta comisión requirirán a conformidade da metade máis un do número de compoñentes.

Ás reunións da comisión poderán asistir con voz pero sen voto os asesores de ámbalas representacións. A comisión reunirase por requirimento de calquera das partes e como mínimo unha vez cada tres meses.

Capítulo II

Cadros de persoal e retribucións

Artigo 12º.-Cadros de persoal.

Respectaranse os cadros de persoal actuais. Excepcionalmente, se faltase algún tripulante, compensaranse en metálico a falta do dito tripulante ós restantes membros da dotación. A duración desta

norma excepcional estará condicionada pola situación do mercado laboral no porto base da embarcación.

Artigo 13º.-Retribucións.

As condicións retributivas do persoal afectado polo presente convenio, serán as que se inclúen no anexo I e que forman un todo co texto do convenio.

Artigo 13º bis.-Retribucións para o ano 1999.

Para o ano 1999 as retribucións incrementaranse na mesma contía que o IPC sinalado oficialmente o 31 de decembro de 1998.

Artigo 14º.-Sistemas retributivos.

As empresas e traballadores de nova contratación poderá acorda-lo sistema retributivo que se vai aplicar.

O persoal xa contratado terá dereito a optar entre as condicións actuais e o novo sistema retributivo.

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.

A tódolos traballadores afectados por este convenio colectivo aboaránselles dúas gratificacións ó ano, antes do 15 de xullo e do 22 de decembro.

As gratificacións pagaranse a razón de 30 días de salario, de acordo coa modalidade retributiva, podendo o seu pagamento ser fraccionado mensualmente.

Artigo 16º.-Manutención.

O rancho de a bordo será por conta da empresa armadora, na contía máxima de 575 pesetas por tripulante e día de mar, ademais do peixe que se consuma a bordo, segundo costume habitual.

Artigo 16º bis.-Comisión de comidas.

Entre os tripulantes de cada buque crearase unha comisión de tres membros, a súa función será a de controla-las facturas, cantidade e calidade dos víveres.

No suposto de que non se crease a dita comisión, rexerán os usos e costumes.

Artigo 17º.-Roupa de traballo e cama.

Ó persoal embarcado aboaránselle por estes conceptos de equipo de traballo e cama a cantidade de 158 pesetas por día de mar.

Os guantes de traballo serán subministrados pola empresa.

As roupas de traballo reunirán as condicións fixadas no Art. 29.

Artigo 18º.-Botas e chonas.

Manteranse segundo o costume actual.

Artigo 19º.-Antigüidade.

Os traballadores desfrutarán como complemento persoal por antigüidade dun aumento periódico polo tempo de servicios continuos prestados á mesma empresa, consistente en 10 trienios do 5%.

Artigo 20º.-Póliza de seguros.

As empresas virán obrigadas a concertar con primas íntegras ó seu cargo, no prazo de 3 meses, unha vez homologado o presente convenio, unha póliza de seguros para a cobertura e os riscos de falecemento dos traballadores por accidente de traballo, incluído os accidentes in itinere, que lle garante ó traballador accidentado ou os seus habentes causa no caso de falecemento producido por causa fortuíta, espontánea, exterior e independente da vontade do traballador, á percepción da seguinte indemnización:

2.500.000 pesetas, en caso de falecemento do traballador por accidente.

3.000.000 de pesetas, en caso de incapacidade permanente total por accidente.

A referida póliza iniciará a súa efectividade unha vez que se cumpra o prazo de 3 meses a que se fai referencia no punto primeiro deste artigo.

Esta compensación é compatible coa pensión e indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social.

Non obstante o exposto anteriormente, a indemnización que sexa percibida con cargo ó contrato de seguro de accidentes que voluntariamente se contén neste convenio, considerarase como entregada a conta da indemnización que, se é o caso, puidesen declarar con cargo ás empresas os tribunais de xustiza, compensándose ata onde aquelas alcancen.

No suposto de que as primas que se van pagar polas pólizas de seguros de riscos anteriormente descritos sufrisen unha elevación no convenio que substitúa o que agora se pacta, o importe da dita elevación deducirase do incremento que se acorde no dito convenio.

Artigo 21º.-Perda de equipaxes.

En caso de perda de equipaxes da dotación do buque por naufraxio, incendio ou calquera outra causa non imputable ó prexudicado, a empresa aboaralle unha indemnización a cada tripulante consistente no 100% do seu salario mensual garantido neste convenio.

Capítulo III

Xornada de traballo, descansos e vacacións

Artigo 22º.-Xornada de traballo.

Todo traballador terá dereito a un descanso diario de 8 horas debendo ser 6 delas consecutivas, estimándose como tempo de descanso aquel en que o traballador estea libre de todo servicio.

Artigo 23º.-Noites.

Recoñécese para os contramestres, cociñeiros e mariñeiros, unha compensación económica de 1.062 pesetas por cada noite traballada no mar, así como para aqueles traballadores a quen regulamentaria

mente lles correspondese pola súa quenda de traballo.

Artigo 24º.-Descansos.

Á volta de cada marea descansaranse tantos días como domingos e medios sábados se pasen no mar.

O persoal de máquinas que asista á descarga deberá quedar libre ás 12 horas do día, agás que por causa de forza maior fose necesaria a súa presencia a bordo.

Artigo 25º.-Vacacións.

Dentro de cada ano todo o persoal abranguido no presente convenio adquirirá o dereito ó desfrute de vacacións retribuídas durante 30 días naturais.

Os días festivos segundo o calendario laboral, que se pasen no mar, descansaranse nos períodos en que o buque teña que permanecer inactivo por reparación ou calquera outra causa allea á vontade do armador, ou acumulándoos ás vacacións.

Tódolos barcos deberán elabora-lo calendario de vacacións antes do 15 de marzo. Terá que estar exposto no taboleiro de anuncios do buque, xunto co calendario laboral, e os boletíns de cotización á Seguridade Social.

Artigo 26º.-Permisos.

Concederanse permisos con base nas causas que se expoñen e polo tempo que se determina:

Para contraer matrimonio terá unha duración de 15 días.

A duración dos permisos baseados nas razóns de índole familiar consideraranse con suxeición ás seguintes normas:

- Tres días en caso de falecemento do cónxuxe, fillos ou pais, que se poderán ampliar ata 10 días por razóns de distancia.

- Dous días por intervención cirúrxica ou enfermidade grave do cónxuxe ou fillos.

- Tres días, ampliables a cinco por motivos de distancia, en caso de parto da muller, morte de irmáns, avós ou pais políticos.

- Un día, ampliable a cinco, en caso de falecementos de familiares políticos ou consanguíneos, de existiren motivos de distancia.

- Un día por traslado de domicilio habitual.

Os permisos por asuntos propios non poderán exceder de catro meses ó ano.

Os días entenderanse naturais.

Artigo 27º.-Xubilación anticipada.

Os traballadores afectados por este convenio, sempre de común acordo coas empresas, poderán acollerse á xubilación anticipada ós 64 anos de idade, segundo o establecido no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

Capítulo IV

Artigo 28º.-Seguridade e hixiene.

Tódalas instalacións do buque deberán permanecer en adecuadas condicións de seguridade e hixiene. Sempre que sexa necesario procederase á limpeza e desinfección das instalacións, especialmente as dedicadas ó persoal: camarotes, aseos, cociñas, comedores, etc.

Artigo 29º.-Todos aqueles elementos de protección do persoal que utilice a tripulación, deberán estar homologados segundo a normativa vixente.

Os traballadores deberán levar roupas de cor clara, especialmente as roupas de augas ou dispositivos que permitan velos en caso de caeren ó mar.

Ó persoal de máquinas entregaránselle-los elementos de protección auditiva que esixa a lexislación sobre a materia.

Con carácter xeral, aplicarase a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e demais disposicións aplicables sobre esta materia.

Capítulo V

Artigo 30º

O comité de empresa, sen prexuízo dos dereitos e facultades conferidas legalmente, terá as seguintes competencias:

1. Coñece-los modelos de contratos de traballo escritos que se utilicen nas empresas, así como os documentos relativos ó remate da relación laboral.

2. Ser informado de tódalas sancións impostas por faltas moi graves.

3. Colaborar coa dirección da empresa para segui-lo establecemento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade, de acordo co pactado nos convenios colectivos.

4. Informa-los seus representados en tódolos temas e cuestións sinaladas nos puntos precedentes, en canto directa ou indirectamente teñan ou poidan ter repercusión nas relacións laborais.

Artigo 31º

Os membros do comité de empresa, e este no seu conxunto, observarán sixilo profesional en todo o referente ós puntos do artigo anterior, aínda despois de deixar de pertencer ó comité de empresa, en especial, de todas aquelas materias que a empresa cualifique de carácter reservado.

Artigo 32º

Os membros do comité de empresa e os delegados de persoal, como representantes legais dos traballadores, terán as seguintes garantías:

a) Apertura de expediente contradictorio no suposto de sancións por faltas graves e moi graves no que serán oídos, á parte do interesado, o comité de empresa ou restantes delegados de persoal.

b) Prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto dos demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

c) Expresar, colexiadamente, se se trata do comité de empresa e con liberdade, as súas opinións nas materias concernentes á esfera da súa representación, podendo publicar ou distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do traballo, as publicacións de interese laboral ou social, comunicándollo á empresa.

2. Ser informado de tódalas sancións impostas por faltas moi graves.

3. Colaborar coa direción da empresa para segui-lo establecemento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade, de acordo co pactado nos convenios colectivos.

4. Informa-los seus representados en tódolos temas e cuestións sinaladas nos puntos precedentes, en canto directa ou indirectamente teñan ou poidan ter repercusión nas relacións laborais.

Artigo 31º

Os membros do comité de empresa, e este no seu conxunto, observarán sixilo profesional en todo o referente ós puntos do artigo anterior, aínda despois de deixar de pertencer ó comité de empresa, en especial, de todas aquelas materias que a empresa cualifique de carácter reservado.

Artigo 32º

Os membros do comité de empresa e os delegados de persoal, como representantes legais dos traballadores, terán as seguintes garantías:

a) Apertura de expediente contradictorio no suposto de sancións por faltas graves e moi graves no que serán oídos, á parte do interesado, o comité de empresa ou restantes delegados de persoal.

b) Prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto dos demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

c) Expresar, colexiadamente, se se trata do comité de empresa e con liberdade, as súas opinións nas materias concernentes á esfera da súa representación, podendo publicar ou distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do traballo, as publicacións de interese laboral ou social, comunicándollo á empresa.

ANEXO I

Categorías

Salario

base

Cómputo anual

garantido

Persoal de ponte con mando
Patrón pesca altura C/M43.6052.061.413
Patrón pesca 1ª litoral C/M44.7791.947.922
Patrón pesca 2ª litoral C/M43.6051.851.223

Categorías

Salario

base

Cómputo anual

garantido

Persoal de ponte sen mando
Patrón pesca altura S/M48.3011.947.922
Patrón pesca 1ª litoral S/M47.1831.851.223
Patrón pesca 2ª litoral S/M46.0651.717.210

Persoal de máquinas con mando
Mecánico naval maior C/M48.3011.947.922
Mecánico naval 1ª clase C/M47.1831.851.223

Persoal de máquinas sen mando
Mecánico naval maior S/M47.1831.851.223
Mecánico naval 1ª clase S/M47.1831.745.324
Mecánico naval 2ª clase47.1831.745.324

Resto tripulación
Contramestre47.1831.745.324
Cociñeiro62.3331.745.324
Engraxador58.1401.627.920
Mariñeiro57.3021.604.456

Os patróns de pesca C/M son aqueles que exercen como prácticos de pesca.

O tripulante que axude o contramestre na estiba do peixe na adega (axudante de neveira) percibirá 5.283 pesetas por marea.

6700