Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.072

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de hostelería de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector da hostelería (código 3200215) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica, pola Federación Provincial de Empresarios da Hostelería de Ourense, e da parte social, polas centrais sindicais UGT, CC.OO. e CIG, todas elas con capacidade e lexitimidade suficiente para asinalo, na xuntanza celebrada o día 22-5-1998, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración

do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Convenios Colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 5 de xuño de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo provincial de hostelería

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo regula as relacións laborais de tódolos traballadores que desenvolvan as súas funcións dentro de Ourense e a súa provincia, estean ou poidan estar incursos no acordo laboral de ámbito estatal para o sector de hostelería, asinado o 12 de xuño de 1996, código de convenio nº 9910365.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

A duración do presente convenio será dun ano, con efectos de vixencia desde o día 1 de xaneiro de 1998 ó 31 de decembro de 1998 e os efectos económicos serán a partir do día 1 de xaneiro de 1998, todo iso con independencia do seu rexistro pola autoridade laboral e publicación no BOP, agás as excepcións recollidas no propio texto.

O convenio prorrogarase por períodos anuais ó non o denunciaren calquera das partes con antelación mínima de tres meses respecto á data da súa terminación, entendéndose por denuncia válida a efectuada por escrito certificado dirixido á outra parte, conforme o previsto no Estatuto dos traballadores. A súa negociación efectuarase ó mes seguinte do seu vencemento.

Artigo 3º.-Garantía ad personam.

Por seren condicións mínimas as establecidas no presente convenio, deberán respectarse as que veñan desfrutando os traballadores ou as que puidesen ser incrementadas por disposición legal regulamentaria ou costume. Cando resulten máis beneficiosas para o traballador, respectaranse as condicións persoais que con carácter global excedan do presente convenio, manténdose estrictamente ad personam.

Capítulo II

Xornadas, horarios, horas extras, descansos diarios, semanais e vacacións

Artigo 4º.-Xornada.

A xornada máxima de traballo para o persoal do presente convenio para 1998 será de 40 horas semanais.

Na xornada continuada, computarase a media hora de comida como xornada efectivamente traballada.

Artigo 5º.-Horarios.

A elaboración e fixación de horarios de traballo será de común acordo entre a empresa e os traballadores, a través dos seus delegados de persoal ou comités de empresa, os cales desfrutarán os 15 días laborais antes da súa aceptación para consultas de traballadores e demais organismos que consideren oportunos:

a) Os ditos cadros horarios deberán estar expostos en lugar visible e deberán sinala-la hora de entrada e saida, descanso diario e semanal e horarios das quendas.

b) Os cadros horarios deberán estar permanentemente expostos en sitios visibles nos centros de traballo.

c) Tales cadros horarios teñen que estar de conformidade co establecido no artigo 4º deste convenio, en canto á xornada máxima.

d) Os empresarios estarán obrigados a fixarller un horarios especial ós traballadores que realicen cursos de formación profesional de hostelería, para efectos de que lles sexa posible asistir ós citados cursos.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

Cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da xornada ordinaria de traballo, aboarase cun incremento do 100% sobre o salario que corresponda a cada hora de traballo individual, de acordo coa táboa de salarios anexa ó presente convenio.

O número de horas extraordinarias non poderá ser superior a dúas ó día, quince ó mes e oitenta ó ano, así como as limitacións impostas para o efectos, pola lexislación en cada momento.

Artigo 7º.-Descanso diario.

Entre a terminación dunha xornada e o comezo doutra, deberá existir un intervalo como mínimo de 12 horas.

Artigo 8º.-Descanso semanal.

Os traballadores terán dereito a un descanso semanal mínimo de día e medio ininterrompido, aténdose para o seu desfrute ó establecido na lexislación vixente.

Artigo 9º.-Festas aboables e non recuperables.

Se por necesidades do servicio e logo do acordo entre o traballador e a empresa, se traballase en día festivo, aboarase da seguinte forma:

a) Se o traballador opta por que se lle compense economicamente o día traballado, deberá percibi-lo 150% do salario correspondente ó dito día.

b) Se opta polo descanso compensatorio, terá dereito a día e medio ininterrompido, dentro desta semana en que coincida o dito día.

c) O traballador ó que o seu descanso semanal lle coincida en festivo, terá dereito a outro día de descanso na mesma semana.

Para tódolos efectos os días 29 de xullo, día de Santa Marta, patroa da hostelería, 24 de decembro, día de Noiteboa e 10 de novembro, consideraranse festivos.

Artigo 10º.-Vacacións.

O período de vacacións para o persoal afectado por este convenio será de 30 días naturais ininterrompidos.

Durante as vacacións o traballador percibirá con cargo á empresa o salario real correspondente á súa categoría profesional.

Ós traballadores que na data determinada para o desfrute delas non tivesen completado o ano de servicio na empresa, ratearase polo tempo traballado.

Durante as vacacións anuais, o traballador percibirá con cargo á empresa o salario correspondente á súa categoría profesional, sendo estas retribuídas a salario real.

En cada empresa elaborarase un cadro de vacacións conforme establece a lexislación vixente, é dicir, nos tres primeiros meses do ano, en que se exporá o período de vacacións que vai desfrutar cada traballador ou grupo de traballadores, intentando que sexan rotativas.

Capítulo III

Enfermidade, licencias, excedencias e servicio militar

Artigo 11º.-Enfermidade.

En caso de enfermidade do traballador, a empresa está obrigada a satisface-lo complemento necesario para que, computando o que perciba con cargo á Seguridade Social, prestación económica do ILT, acade o 100% do salario establecido no presente convenio.

A empresa reserva para si o dereito a recorrer perante a inspección médica para verifica-la autenticidade de calquera baixa por ILT.

Artigo 12º.-Licencias.

As empresas afectadas polo presente convenio concederán as licencias retributivas que soliciten os traballadores, logo do aviso e xustificación, e polas causas e prazos que a continuación se consignan:

a) Por matrimonio: 15 días naturais.

b) Por falecemento de fillos: 5 días naturais.

c) Por enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o 2º grao de consanguinidade: 3 días naturais. Cando por tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de 4 días naturais.

d) Por asistencia a exames, o tempo necesario requirido por estes. O traballador quedará obrigado a xustificar tal circunstancia e a duración daqueles.

e) Por traslado de domicilio habitual: 2 días naturais.

Artigo 13º.-Excedencia.

Establécese a situación de excedencia voluntaria para o persoal afectado por este convenio; será preciso, para desfrutar tal beneficio, levar ó servicio da empresa máis de dous anos. A permanencia na situación de excedencia a que se refire o parágrafo anterior non poderá ser inferior a tres meses, nin superior a 5 anos, concedéndose esta por unha soa vez.

Causarase baixa na empresa definitivamente no caso de que, finalizada a excedencia, non solicite o traballador o reingreso por escrito cun mes de antelación ó seu vencemento.

No caso de solicita-lo reingreso das excedencias de igual categoría profesional, terá preferencia o que teña maior antigüidade na empresa. O traballador en exedencia non poderá ocuparse en ningún centro de traballo que desenvolva a súa actividade en iguais ou similares características á da súa profesión.

Durante o período de excedencia non devengará ningún soldo.

Artigo 14º.-Servicio militar.

Os traballadores durante o servicio militar terán reservado o seu posto de traballo, entendéndose esta reserva ata os dous meses do seu licenciamento. Os traballadores que no momento da súa incorporación a filas leven dous anos de servicios na empresa, percibirán a primeira gratificación extraordinaria que corresponda aboar despois da súa incorporación, xa sexa o mes de xullo ou decembro.

Artigo 15º.-Axuda por xubilación.

Todo traballador que cese na empresa tanto por xubilación como por pasar á situación de invalidez permanente, con máis de cinco anos de servicio, percibirá desta o equivalente ás seguintes cantiadades:

-Ós cinco anos de servicio na empresa: 2 mensualidades.

-Ós dez anos de servicio na empresa: 6 mensualidades.

Estas gratificacións percibiraas tanto o home como a muller, segundo o caso, se o traballador falecese antes de xubilarse e xa cumpridos os 55 anos ou

levase dez anos de servicio ininterrompido na empresa, no momento da súa morte e, no seu defecto, os orfos de menos de 18 anos ou de máis se están incapacitados para o traballo.

Artigo 16º.-Código de conductas.

As relacións laborais na empresa deben discorrer en todo momento polas canles da igualdade, mutuo respecto e diálogo. O traballador obedecerá as ordes que correspondan á súa específica categoría profesional dentro do seu horario de traballo, agás aqueles casos que fosen de excepción.

Artigo 17º.-Ascensos.

Os ascensos de categoría profesional produciranse tendo en conta a formación e a antigüidade do traballador na empresa.

Artigo 18º.-Cesamentos, prazos e aviso previo.

Os traballadores que desexen cesar voluntariamente nos seus servicios na empresa, veranse obrigados a poñelo en coñecemento desta por escrito ou a través dos delegados sindicais ou comités de empresa, cumprindo os seguintes prazos de aviso previo:

a) Xefes de grupos profesionais: 30 días naturais.

b) Resto dos traballadores: 15 días naturais.

O incumprimento do traballador da obriga de avisar previamente coa mencionada antelación daralle dereito á empresa a descontar da súa liquidación o salario dun día por cada día de atraso.

Capítulo IV

Aprendizaxe

Artigo 19º.-Concepto.

Os traballadores en calidade de aprendices ligados á empresa, en virtude de contrato especial, polo cal esta á vez que utiliza o traballo do que aprende, obrígase a ensinarlle o oficio correspondente.

A aprendizaxe, que será sempre retribuída, dará lugar a un contrato especial que se rexerá, tanto no seu contido como na súa forma, e nas obrigas respectivas de cada unha das partes, respectivamente, ademais de polo regulado nas disposicións legais, polas seguintes condicións:

a) O número de horas de traballo á semana non poderá ser superior a 35 horas repartidas en sete diarias durante 5 días.

b) Non se poderán realizar horas extraorinarias.

c) A xornada de traballo non poderá comezar antes da 9 da mañá nin terminar despois das 22 horas, polo que non poderán realizar traballo nocturno.

d) A xornada de traballo será continuada con interrupción de 30 minutos para a comida.

e) As tarefas encomendadas a estes traballadores serán exclusivamente as pertinentes á categoría profesional para a que se están preparando.

Capítulo V

Retribucións

Artigo 20º.-Retribucións.

As retribucións de persoal afecto por este convenio serán as da táboa de salarios anexos a el, que serán de obrigado cumprimento para tódolos traballadores que presten os seus servicios no sector de hostelería con independencia da súa modalidade de contratación, incluídas aquelas contratacións que expresamente sexan contratados a través das empresas de traballo temporal, as cales e para este sector deberán fixar estes salarios no documento contractual que formalicen coas empresas.

Artigo 21º.-Forma de pagamento.

O pagamento do salario efectuarase dentro da xornada laboral.

Artigo 22º.-Anticipos.

O traballador terá dereito a percibir anticipos a conta do seu salario sen que poidan exceder do 80% do salario que ten dereito a percibir.

Artigo 23º.-Recibos de salarios.

Tódalas empresas afectadas polo presente convenio quedarán obrigadas a entregarlles ós seus traballadores no momento de abóarlle-los seus salarios un recibo (do modelo oficial) no que consten con toda claridade os seguintes datos:

a) Os datos da empresa e os profesionais e persoais do traballador.

b) O período de tempo que se paga, a cantidade total e real en ptas. gañadas polo traballador, con especificación de todos e cada un dos conceptos polos que se cobra.

Os recibos de salarios téñense que referir a meses naturais concretos. Se a empresa pagase por semanas, quincenas ou calquera outro período inferior ó mes, estas cantidades consignaranse como anticipos.

Artigo 24º.-Salario base.

O salario bruto base anual para os traballadores afectados por este convenio desde a súa vixencia a partir do día 1 do mes seguinte ó asinamento do presente texto e a súa publicación no BOP ata o 31 de decembro de 1998, será os da táboa de salarios anexo a el (anexo II), que representa unha suba no salario base dun 2,5%.

Artigo 25º.-Antigüidade.

Todo traballador que a data 31-12-1994 teña recoñecida antigüidade manteráselle esa contía, figurando na súa nómina o concepto «complemento de antigüidade por dereitos adquiridos».

A partir do día 1-1-1995 devengarase o concepto de antigüidade en quinquenios e na contía de 2.000 ptas. Tomarase como inicio para o dito cómputo o tempo o citado día 1-1-1995.

Artigo 26º.-Complementos de posto de traballo.

O traballador que desempeñe unha praza de categoría superior percibirá o salario correspondente á mencionada categoría. Se o desempeño de tal actividade fose continuado durante tres meses ou alternos durante seis, o traballador consolidará o salario correspondente á citada categoría, logo de reclamación perante a empresa. Se por esixencia no traballo, sempre con carácter transitorio urxente e non reiterativo, se destinase a un traballador a tarefas pertencentes a categorías profesionais ás que non estea adscrito, conservará a retribución correspondente á súa categoría. En todo caso, respectarase a orde xerárquica profesional para adcribi-lo traballador de categoría inferior, sempre e cando non constitúa represalias, discriminacións, tratos vexatorios ou ofensivos.

Artigo 27º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias que as empresas lles veñen aboando ás seus trabaladores serán aboadas en xullo e decembro, respectivamente, e cosistirán nunha mensualidade de salario real cada unha.

Artigo 28º.-Complementos en especie.

Todo persoal que ata a data teña recoñecido o dito complemento seguirao percibindo sempre e cando non se faga uso do dereito de manutención, a empresa aboaralle 3.017 ptas. e 1.207 ptas. respectivamente por cada unha das 12 mensualidades.

Ós traballadores que fagan uso do dereito de manutención e aloxamento, a empresa aboaráselles 1.026 ptas. durante o período de vacacións, independentemente dos complementos salariais previstos para estes conceptos.

Artigo 29º.-Plus de nocturnidade.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as 10 horas da noite e as 6 da mañá, agás que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno, en todo ou en parte, pola súa propia natureza, terá unha retribución específica incrementada, como mínimo, nun 25% sobre o salario base.

Artigo 30º.-Roupa de traballo.

Anualmente as empresas subministraranlles como mínimo a tódolos seus traballadores un uniforme completo, sempre que se lles esixa a súa utilización.

Artigo 31º.-Contratación.

Para contribuír e darlle estabilidade ó emprego, as partes asinantes do presente convenio comprométense a fomenta-la contratación indefinida, como norma xeral conforme as novas modalidades de contratación.

Sen embargo, ó ser este un sector cunha problemática específica propoñémo-los seguintes modelos de contratación.

a) Contratación de formación. O contrato de formación terá como obxecto a adquisición da formación

teórica e práctica necesaria para o desempeño adecuado dun oficio ou dun posto de traballo que requira un determinado nivel de cualificación.

Poderanse celebrar con traballadores maiores de 16 anos e menores de 21, cunha duración mínima de 6 meses, e prorrogable ata un máximo de 3 anos.

O período de formación será do 15% da xornada máxima prevista no convenio, que poderá ser impartida dunha soa vez ó inicio do contrato.

O salario de contratación destes traballadores será igual ó 75%, 85% e 95% do salario base da categoría de axudante de camareiro ou similar, durante o primeiro, segundo e terceiro ano, respectivamente da vixencia do contrato. A aplicación deste salario será para os contratos formalizados a partir da entrada en vigor do presente convenio ou a súa publicación no BOP.

b) Cando as circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos así o esixiran, aínda tratándose da actividade normal da empresa, os contratos de traballo concertados de acordo co establecido no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores e os artigos 1 b) e 3 do Real decreto 2546/1994, terán unha duración máxima de 13 meses e medio dentro dun perídoo de 18 meses.

Poderán acollerse ó disposto nesta disposición tanto nos contratos pactados desde a publicación do presente convenio como aqueles que estean xa en vigor a data de xubilación do presente convenio e aínda non esgotasen a súa duración.

De formalizarse por tempo inferior ó citado de 13 meses e medio, poderán facerse prórrogas ata completa-la totalidade do tempo de 13 meses e medio.

Capítulo VI

Disposicións adicionais

Primeira.-Comisión mixta.

Constitúese unha comisión mixta paritaria formada por catro representantes da parte social, dos cales dous corresponden á Unión Xeral de Traballadores, un a Comisións Obreiras e un á Converxencia Intersindical Galega; e catro da parte económica, compoñentes da comisión negociadora, así como polos asesores que as partes xulguen oportunos, que terán voz pero non voto. Serán funcións desta comisión:

a) Interpretación auténtica do convenio.

b) Arbitraxe das cuestións de problemas derivados do presente convenio e sometidas á súa consideración por calquera das partes.

c) Intervención dos conflictos colectivos.

d) Vixilancia e cumprimento do pactado.

Todo iso sen prexuízo da competencia que a este respecto lles veña atribuída ós organismos ou autoridades competentes.

Segunda.-Servicios extraordinarios.

Consideraranse servicios extraordinarios aqueles que se realicen con traballadores alleos á empresa. Estes servicios serán retribuídos como mínimo con 5.211 ptas. por servicio.

As empresas que necesiten traballadores alleos a ela para este servicio ofreceranlles estes obrigatoriamente ós profesionais do sector, a través do Instituto Nacional de Emprego, sempre que estes reúnan as condicións esixidas polo servicio para o que se lles require; no caso de non existiren estes na oficina de emprego, a empresa quedará en liberdade de contratar ó igual que no caso de urxencia, en que por ser festivo, a dita oficina estea pechada.

Terceira.-Dote por matrimonio.

O persoal feminino que ó contraer matrimonio opte por rescindi-la relación laboral coa empresa, sempre que leve ó servicio dela como mínimo un ano, percibirá unha indemnización correspondente a unha mensualidade do salario do convenio de acordo coa súa categoría profesional, máis antigüidade, por ano de servicio, cun límite de 7 mensualidades.

Cuarta.

En todo o non especificado neste convenio observarase o disposto no acordo laboral de ámbito estatal para o sector de hostelería asinado o 12 de xuño de 1996, código de convenio 9910365.

Quinta.

Na táboa salarial anexa ó presente convenio especifícanse os salarios correspondentes ás distintas categorías profesionais de establecementos nas súas distintas modalidades, incrementados nun 2,5% para 1998.

Sexta.

As empresas están en boa disposición para estimula-los seus traballadores na realización de estudios ou asistencia a cursos de formación cultural ou profesional, en horas distintas á xornada laboral, sendo por conta dela o custo dos ditos estudios, así como a concesión de premios en metálico. que teñen de estímulo ós traballadores que acrediten a regular asistencia e bon aproveitamento. As partes asinantes acordan que no mes seguinte ó asinamento do convenio se constitúa unha comisión paritaria que permita o desenvolvemento dos distintos programas formativos.

Sétima.-Operador de son.

Todo traballador que realice as funcións de operador de son, en calquera establecemento de hostelería, terá o grupo 4 da táboa de asimilación das categorías profesionais.

Oitava.-Xubilación anticipada.

As empresas poderán establecer cos seus traballadores os pactos previstos no artigo 2 b) do Real decreto do 19 de outubro de 1981, nº 2705/1981, que desenvolve o Real decreto lei do 20 de agosto, sobre xubilación especial ós sesenta e catro anos.

Novena.-Xubilación obrigatoria.

A partir do 1 de xaneiro de 1992, establécese a xubilación obrigatoria para todo traballador que cumpra ou cumprira a idade de 65 anos e que completara os períodos de carencia necesarios para percibi-la correspondente pensión de xubilación.

Décima.

As partes asinantes do presente convenio, en cumprimento do establecido no artigo 26.5º da Lei 1/1995, do 24 de marzo, fan constar que o salario en cómputo anual e en función da xornada establecida no presente convenio, para o grupo 4, categoría 1ª, sen antigüidade e sen conta-los pluses nin complementos persoais, é de 1.469.758 ptas.

Décimo primeira.-Formación profesional.

As partes asinantes coinciden en que unha das causas da deficiente situación do mercado de traballo, deriva do afastamento da formación profesional respecto ás necesidades auténticas de man de obra, e da carencia dunha formación ocupacional continua para a actualización e adaptación dos traballadores activos ás novas características das tarefas na empresa.

A formación profesional, tanto inicial como continua, ten como fins primordiais mante-la competitividade da empresa e mellora-la calidade dos servicios que se prestan, á vez que facilita-lo perfeccionamento e a promoción profesional dos traballadores do sector comprendidos no ámbito do presente convenio, debe sustentarse sobre a base dun plan de formación profesional incial e permanente que afecta ós traballadores. O dito plan terá como criterios prioritarios na súa actuación:

1. Traballadores menos cualificados, co fin de facilitarlles unha formación de base.

2. Preparación para a introducción de novas tecnoloxías e modalidades de servicio.

3. Cualificación daqueles traballadores que, como consecuencia dos cambios na organización do traballo ou creación de emprego, o precisen.

4. Plans de actuación coordinados para atende-las necesidades de formaicón dos traballadores das pequenas e medianas empresas.

5. Acceso de mozos parados mediante accións formativas, no marco do plan F.I.P. en colaboración coas institucións que se crea conveniente.

Co fin de facer efectivas as accións formativas as partes asinantes acordan realizar por si, ou por medio de entidades especializadas, estudios de carácter prospectivo respecto das cualificacións futuras e necesidades de man de obra no sector.

Constituirase, no momento do asinamento do presente convenio, unha comisión paritaria de formación profesional, que estará composta por tres membros desginados polos sindicatos e tres membros designados pola patronal, podendo acudir a ela can

tos técnicos oua sesores estimen oportunos as partes. Reunirase polo menos unha vez por trimestre.

As competencias da comisión de formación profesional serán:

a) Concreta-lo plan de formación e aprobalo, marcando prioridades, xunto coas actuacións necesarias para a súa elaboración e seguimento.

b) Propoñer accións formativas.

c) Coordina-las accións de formación e o seu financiamento.

d) Levar a prácticca cantas accións en materia de formación profesional acorden as partes.

Disposición transitoria

O presente convenio é asinado pola Federación Provincial de Empresarios da Hostelería da provincia de Ourense, dunha parte, e doutra as centrais sindicais Unión Xeral de Traballadores e Comisións Obreiras, segundo o establecido na Lei 1/1995, do 24 de marzo, pola que se aproba o Estatuto dos traballadores.

ANEXO I

Clasificación de establecementos e seccións

SecciónsClasificación de establecementos
1ª categoría2ª categoría3ª categoría4ª categoría

-Sección 1ª:

Hoteis, hostais, hoteis-residencias, hostais-residencias, albergues, paradores, hoteis-apartamentos, residencias-apartamentos, moteis, hostais en estacións termais, cidades de vacacións e camping.

5 estrelas

4 estrelas

3 estrelas2 estrelas1 estrela
-Sección 2ª:

Pensións, fondas, casaas de hóspedes e pousadas.

3 estrelas

2 estrelas

1 estrela

fondas

-Sección 3ª:

Restaurantes, casas de comidas e tabernas que non serven comidas.

Luxo

Primeira

SegundaTerceiraCuarta
-Sección 4ª:

Cafeterías

EspecialPrimeiraSegunda
-Sección 5ª:

Cafés, cafés-bares, bares americanos, whiskerías, cervexerías, chocolaterías, xeladerías.

Especial

Luxo

PrimeiraSegundaTerceira

Cuarta

-Sección 6ª:

Salas de festa, salas de té, discotecas, tablaos flamencos, salóns de baile.

LuxoPrimeiraSegundaTerceira

ANEXO II

Grupo profesionalTarefasGrupo

Área funcional primeira (recepción, conserxería, relacións públicas, administración e xestión).
I. Xefe de recepciónXefe de recepción1
Segundo xefe de recepción2º xefe de recepción3
Xefe de administraciónContable xeral

xefe 1ª

1

1

Grupo profesionalTarefasGrupo

Primeiro conserxePrimeiro conserxe de día

Segundo conserxe de día

3

3

II. RecepcionistaRecepcionista

Caixeiro

4

4

ConserxeConserxe de noite5
AdministrativoInterventor

Contable

Oficial 1ª

3

3

3

III. Axudante recepción e conserxeríaAxudante recepción

Axudante conserxería

Axudante de conserxe

6

6

6

Axudante administrativoOficial contabilidade

Auxiliar oficina e contabilidade

Auxiliar de caixa

Telefonista

3

4

5

5

IV. Auxiliar de recepción e conserxeríaPorteiro

Porteiro de coches

Porteiro recibidor

Porteiro de accesos

Porteiro de servicios

Vixilante de noite

Ordenanza de salón

Ascensorista

BotMozo dos recados

Taquilleiro

Mozo equipaxes

7

7

7

7

7

7

7

7

7

5

7

Área funcional segunda (Cociña e economato).

I. Xefe de cociñaXefe de cociña1
2º xefe de cociña2º xefe de cociña2

II. Xefe de partidaXefe de partida3
CociñeiroCociñeiro4
ReposteiroReposteiro4
Encargado de economatoEncargado economato

Encargado de almacén

4

4

III. Axudante de economatoAxudante economato

Mozo almacén

7

7

Axudante cociñaAxudante cociñeiro

Axudante reposteiro

5

6

IV. Auxiliar de cociñaFregador7

Área funcional terceira (restaurantes, bar e similares).

I. Xefe de restaurante-salaXefe de comedor

1º xefe de sala

1

2

Segundo xefe de restaurantes ou sala2º xefe de sala3

II. CamareiroCamareiro

Dependente 1º

Dependente 2º

Cafeteiro

Caixeiro comedor

Pranchista

4

4

6

5

5

4

BarmanBarman

2º barman

3

4

SumillerSumiller4
Operador sonOperador son4

III. Axudante camareiroAxudante camareiro

Axudante

Axudante pranchista

Axudante de barman

Axudante de dependente

Axudante de cafeteiro

Axudante de pisos

6

6

6

6

6

6

6

Área funcional cuarta (pisos e limpeza).

I. Encargado xeralGobernanta

Encargado de lencería

Encargado de lavadoiro

2

5

5

II. Camareiro de pisosLencería

Camareira de pisos

Pasaora de ferro costureira

Lavandeira zurcidora

6

6

6

6

III. Auxiliar de pisos e limpezaPersoal limpeza

Limpadora

Mozo cuarto

Mozos de lavandería

7

7

6

6

Grupo profesionalTarefasGrupo

Área funcional quinta (servicios de mantemento e servicios auxiliares)

I. Xefe de servicio de cateringXefe de servicio de catering1

II. Encargado de mantemento e serviciosEncargado de traballos3

III. Especialista de mantemento e serviciosMecánico calefactor

Ebanista-carpinteiro

Electricista

Albanel, pintor e conductor

Fontaneiro, xardineiro

4

4

4

4

4

IV. Auxiliar de mantemento e serviciosAxudante mantemento

Garda exterior

5

5

ANEXO III

Táboas salariais por grupos profesionais

Grupos profesionaisClasificación de establecementos
1ª categoría2ª categoría3ª categoría4ª categoría

Grupo 1133.839130.694127.558124.439
Grupo 2124.439121.273118.134114.999
Grupo 3117.541114.402111.262108.119
grupo 4104.983101.841101.841 98.856
Grupo 5 94.478 91.337 88.198 88.198
Grupo 6 89.771 89.771 88.198 88.198
Grupo 7 89.771 89.771 88.198 88.198

5729