Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.072

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 10 de xullo de 1998 pola que se determinan os horarios de peche de espectáculos e establecementos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, ampliou as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, transferíndolle con carácter exclusivo a relativa a espectáculos públicos. Polo Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, prodúcese o traspaso de funcións e servicos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia na dita materia.

A Comunidade Autónoma de Galicia mediante o Decreto 336/1996, do 13 de setembro, asumiu as competencias na citada materia, asignándollas á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Neste decreto facúltase ó conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o seu desenvolvemento e adopta-las medidas precisas para a plena efectividade e executividade práctica das funcións traspasadas.

Na súa virtude, véñense regulando, mediante as correspondentes ordes, os horarios de peche de espectáculos e establecementos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A experiencia maioritariamente positiva e pacífica no cumprimento daqueles, tendo en conta a conveniencia de compatibiliza-los intereses sociais e económicos dos sectores afectados co interese público xeral, procede fixa-los ditos horarios. Por todo o anterior,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Fixación de horarios.

Os espectáculos e festas rematarán e os establecementos públicos pecharán, como máximo, ás horas sinaladas a continuación:

Cinematógrafos2 h.

Teatros2 h.

Circos1 h.

Frontóns1.30 h.

Boleiras1 h.

Canódromos1.30 h.

Espectáculos ó aire libre2 h

Verbenas e festas populares3.30 h.

Restaurantes2.30 h.

Cafés e bares2.30 h.

Cafeterías3 h.

Tabernas1.30 h.

Salas de festas e discotecas de xuventude23 h.

Bares especiais e pubs4 h.

Discotecas, salas de festas e salóns de baile5.30 h.

Cafés teatro, cafés concerto e cafés cantante5 h.

Tablaos flamenco5.30 h.

Artigo 2º.-Ampliación do horario máximo.

Os xoves, venres, sábados e vésperas de festivos estes horarios ampliaranse media hora.

Artigo 3º.-Horario de apertura.

Os bares especiais, pubs, discotecas, salas de festas, salóns de baile, cafés teatro, cafés cantante, cafés concerto e tablaos flamencos non poderán ser abertos antes das 10 horas da mañá.

Artigo 4º.-Infraccións e sancións.

As infraccións do disposto na presente orde serán corrixidas coas sancións previstas na lexislación vixente.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a orde desta consellería, do 30 de decembro de 1997, pola que se determinaron os horarios de peche de espectáculos e establecementos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

A presente orde manterá o seu vigor desde o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ata que, tamén por orde desta consellería, se modifiquen os horarios establecidos para o período de inverno.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1998.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais

5766