Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.071

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1998, da Direccción Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo no recurso ordinario interposto contra a resolución desta dirección xeral do 19 de decembro de 1997.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución do recurso ordinario OU 1-1-1998, interposto contra a resolución do director xeral de Patrimonio Cultural, do 19 de decembro de 1997, pola que se ordena a retirada dos nichos pegados á igrexa de Lentellais (O Bolo) e a clausura definitiva do antigo cemiterio, que na súa parte dispostiva di:

«Desestima-lo recurso ordinario interposto por Benito Fernández Fernández e outros contra a resolución do director xeral de Patrimonio Cultural, do 19 de decembro de 1997. Ordena-la retirada dos nichos indebidamente pegados e a clausura definitiva dos existentes no adro da igrexa».

Contra a presente resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, lembrándolle que de conformidade co artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, deberá comunicarllo previamente ó órgano que a adoptou e sen prexuízo de que o interesado poida presentar calquera outro recurso que coide conveniente.

E para que conste e sirva de notificación, asino e selo a presente resolución en Santiago de Compostela, o 19 de xuño de 1998.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrrimonio Cultural

ANEXO

Benito Fernández Fernández. DNI: 34.655.797.

Justa Méndez. DNI: 76.773.711.

Manuela Taboada. DNI: 34.572.530.

Lourdes Méndez. DNI: 34.698.377.

Ángela Fernández Mondelo. DNI: 36.257.816.

Marcelina Anta Mondelo. DNI: 34.698.375.

Jaime Rodríguez Mondelo. DNI: 33.026.018.

Obdulia Ramos. DNI: 76.773.698.

Delmiro Fernández Mondelo. DNI: 34.682.771.

6699