Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.071

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 15 de xuño de 1998 pola que se fixa o prezo de venda ó público das publicacións O Souto un Ecosistema en Perigo e Técnicas para a Cría do Caracol.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6º, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas Consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1998.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria

ANEXO I

O Souto un Ecosistema en Perigo: 1.800 pesetas.

Técnicas para a Cría do Caracol: 1.880 pesetas.

6267