Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.070

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de xuño de 1998 pola que se lle autoriza ó centro privado Dafonte de Ferrol a implantación de ciclos formativos e o cesamento de actividades das ensinanzas que figuran nesta orde.

Examinados os expedientes iniciados por Carmen Sanjuán Maristany polos que solicita a autorización para imparti-los ciclos formativos de grao superior Animación de actividades físicas e deportivas e o

de Animación sociocultural, así como o cesamento de actividades das ensinanzas de preescolar (3 unidades autorizadas por Orde do 6 de outubro de 1992); educación xeral básica (8 unidades autorizadas por Orde do 24 de setembro de 1981); educación especial (2 unidades autorizadas por Orde do 15 de xaneiro de 1986); bacharelato e COU (6 unidades autorizadas por Orde do 14 de novembro de 1978).

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema Educativo; Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26) polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Real decreto 777/1998 (BOE 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Real decreto 2048/1995, do 22 de decembro (BOE do 9 de febreiro de 1996), polo que se establece o título de técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas e o Real decreto 2058/1995, do 22 de decembro (BOE do 21-2-1996), polo que se establece o título de técnico superior en animación sociocultural, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Tendo en conta os informes da Delegación Provincial da Coruña e da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-los ciclos formativos de grao superior que se especifican no anexo desta orde.

Segundo.-Autoriza-lo cesamneto de actividades das ensinanzas de preescolar, educación xeral básica, educación especial, bacharelato e COU.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, lodo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Ferrol.

Localidade: Ferrol.

Enderezo: Mandiá-Taboada.

Código do centro: 15006614.

Denominación específica: Dafonte.

Titular: Carmen Sanjuán Maristany.

Ciclos formativos que se autorizan:

a) 1 ciclo formativo de grao superior Animación de actividades físicas e deportivas da familia profesional de actividades físicas e deportivas (capacidade: 2 unidades para 30 alumnos/unidade).

b) 1 ciclo formativo de grao superior Animación sociocultural da familia profesional de servicios socioculturais e á comunidade (capacidade: 1 unidade para 30 alumnos).

6330