Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 16 de xullo de 1998 Páx. 8.089

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1998 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso de méritos para a provisión da praza 98/002 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrado o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso de méritos para a pro

visión da praza de profesorado desta universidade número 98/002, convocada por Resolución de 4 de marzo de 1998 (BOE do 25 de marzo), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

A Coruña, 24 de xuño de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería hidráulica.

Praza nº: 98/002.

Comisión titular:

Presidente: Diez Gascón Sagrado, Joaquín, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Secretario: Andreu Álvarez, Joaquín, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Vocais:

Corniero Lera, Miguel Ángel, profesor titular de universidade. Universidade de Cantabria.

Giménez Curto, Luis Alberto, profesor titular de universidade. Universidade de Cantabria.

Sánchez-Arcilla Conejo, Agustín, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Comisión suplente:

Presidente: Baztán de Granda, José Antonio, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Secretario: Benet Granell, José Manuel, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Vocais:

Cegarra Plane, Manuel, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Domínguez de Miguel, Juan Ramón, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Ascorbe Salcedo, Agustín, profesor titular de universidade. Universidade de Cantabria.

6241