Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.003

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Construcciones Navales P. Freire, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Construcciones Navales P. Freire, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-6-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 26-5-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás represen

tacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 16 de xuño de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio para a empresa Construcciones Navales P. Freire, S.A.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito do presente convenio será o da empresa Construcciones Navales P. Freire, S.A. e afectará ás súas factorías de Vigo e, por extensión, calquera lugar onde o persoal da empresa, suxeito á ordenanza laboral para a industria siderometalúrxica, realice os seus servicios a esta.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio será de aplicación á totalidade do persoal técnico, administrativo, subalterno e obreiro,

suxeito á lexislación laboral, que preste os seus servicios durante a súa vixencia, e coa exclusión do persoal ó que fai referencia o artigo 2.1º A e 1.3º C, do R.D. 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

As normas estipuladas no presente convenio terán unha vixencia desde o 1 de xaneiro de 1998 ata o 31 de decembro de 1999.

Artigo 4º.-Prórroga.

O convenio considerarase denunciado automaticamente tres (3) meses antes do seu vencemento.

Unha vez concluída a duración pactada, manterase en vigor todo o contido normativo do convenio, mentres non se logre un novo acordo.

Artigo 5º.-Compensación e absorción de melloras. Aplicación do convenio.

Compensación de melloras. As condicións pactadas compensan e substitúen na súa totalidade as que anteriormente rexeron por imperativos legais, xurisprudenciais, contenciosos ou administrativos, convenios sindicais, pactos de calquera clase, contrato individual, usos e costumes comarcais, rexionais ou da propia industria, ou por calquera outra causa.

Aplicación do convenio. Tódalas dúbidas e diferencias que poidan xurdir durante o período de duración do convenio, en canto á súa interpretación e aplicación, serán canalizadas a través da dirección e do comité de empresa mediante unha comisión paritaria, no seo da cal serán estudiadas e propostas as solucións e decisións que cada caso e situación requiran; todo iso sen prexuízo da facultade de cada unha das partes de requiri-la intervención da autoridade laboral competente e as accións que a lei outorga para acudir á vía xurisdiccional e administrativa.

A comisión paritaria estará composta por tres vocais nomeados pola dirección e outros tres en representación dos traballadores designados polo comité de empresa, de entre os que formasen parte da comisión negociadora, así como os seus respectivos suplentes de cada representación.

As partes, unha vez convocadas, reuniranse obrigatoriamente no prazo de tres días e os acordos ou resolucións adoptados por maioría de ámbalas representacións terán carácter vinculante para as partes.

Elaborarase un manual interno de procedemento e outras competencias da dita comisión.

Capítulo II

II.1. Condicións de traballo

Artigo 6º.-Organización.

A organización do traballo é facultade exclusiva da dirección da empresa.

Os métodos, normas e procedementos de traballo que se consideren como máis adecuados serán establecidos polos departamentos técnicos competentes en cada caso e dados a coñecer ó comité de empresa antes da súa aplicación sempre que leven consigo cambios substanciais sobre os procedementos, normas ou métodos establecidos.

En caso de discrepancia do comité de empresa, debidamente formulada, actuarase de acordo co exposto na ordenanza laboral.

Artigo 7º.-Prioridade do cadro de persoal.

Todo posto de traballo sen cubrir, ben por vacante ou por nova creación, será ocupado con preferencia polo persoal do cadro clasificado nas escalas inferiores, sempre que reúnan as condicións esixidas no novo posto de traballo.

Inspirándose no dito anteriormente, a empresa tratará de beneficiar co traslado de posto de traballo a outras escalas de grao máis alto, na medida que lle sexa factible, a aqueles productores que teñan unha categoría profesional superior á esixida polo propio posto de traballo que ocupa no momento de efectua-la clasificación.

Artigo 8º.-Mando sobre cadro de persoal.

Ningunha persoa allea ó cadro de persoal poderá exercer mando directo sobre este.

II.2. Rendemento no traballo

Artigo 9º.-Sistema de medida.

O sistema de medida de traballo aceptado pola empresa é o sistema Bedaux, sendo o punto Bedaux a unidade de medida.

Punto é a cantidade de traballo útil realizado por un operario capacitado e adaptado ó posto, cando traballa nunha tarefa industrial durante un minuto de tempo á actividade mínima normal coa calidade esixida, incluíndo o coeficiente de descanso.

O rendemento de cada titular dun posto de traballo mídese en puntos, sendo este concepto de puntos totalmente distinto ó de puntos de cualificación.

Rendemento mínimo normal é o equivalente a 60 puntos Bedaux, por hora de traballo.

Rendemento óptimo normal é o equivalente a 80 puntos Bedaux, por hora de traballo.

Cantidade de traballo. O rendemento mínimo normal esixible é o de 60 puntos por hora.

A diferencia entre puntos obtidos e os asignados ou esixibles será a base de cálculos de incentivo ou prima.

Artigo 10º.-Saturación xornada.

A obriga de prestar servicio durante a xornada laboral completa inclúe que parte do persoal acepta unha saturación total durante esta, mesmo aceptando outros traballos sempre que non sexan vexatorios e estean de acordo coas condicións e capacidade do interesado, sendo informado previamente o comité

de empresa. A obriga, nos casos de traballos controlados ou con incentivo, comprende o non producir paradas aínda que o rendemento medio se manteña por riba do normal.

Artigo 11º.-Productividade.

As partes que asinan este convenio recoñecen a necesidade de conseguir unha continua mellora da productividade en tódolos estamentos, tanto directos coma indirectos, do proceso productivo, posto que constitúe o fundamento básico da competitividade, tanto no ámbito nacional coma no que a exportacións ós mercados internacionais se refire e, en consecuencia, o seu permanente incremento é unha condición esencial para a superviviencia e mellora da empresa. Dada a súa natureza dinámica, será o resultado de adecua-los medios da empresa, tanto ós seus intereses coma á necesidade de desenvolvemento humano do persoal (reducción de esforzo, evitación de accidentes, desenvolvemento profesional e persoal, eliminación de tempos mortos en desprazamentos, etc.) aplicándoa a medida que os avances técnicos e humanos o vaian aconsellando.

Artigo 12º.-Primas á productividade.

A empresa reserva para si a facultade de elección e aplicación, en cada caso, da modalidade de incentivo que considere máis conveniente, así como as variacións das xa establecidas, se cre que con iso se poden mellora-las relacións laborais e humanas.

Estas modalidades adaptaranse ás normas dos principios xerais de organización científica do traballo.

Sen prexuízo do preceptuado anteriormente, as modalidades de incentivo hoxe establecidas pola empresa son as seguintes:

-Prima directa por rendemento individual.

-Prima directa por rendemento de equipo.

-Prima indirecta.

Artigo 13º.-Réxime de baixo rendemento.

Os rendementos individuais ou de equipo durante a xornada de traballo, inferiores a 60 de actividade por causas imputadas ó traballador, serán considerados como falta e sancionados consonte o cadro seguinte:

Repetición

da falta

dentro dun

período de

tres meses

Actividades comprendidas

entre 50 e 60 puntos

Actividades inferiores

a 50 puntos

FaltaSanciónFaltaSanción

1ª faltaLeveAmoestaciónGrave4 a 15 días
2ª faltaLeve2 díasMoi grave16 a 60 días
3ª faltaGrave4 a 15 díasMoi graveDespedimento
4ª faltaMoi grave16 a 60 días
5ª faltaMoi graveDespedimento

En caso de novos procesos productivos ou alteración substancial dos procesos actuais, e co obxecto de que tódolos operarios poidan adaptarse ó novo ritmo de traballo, derivado da posta en control destes, as sancións ás que se alude no anterior cadro non entrarán en vigor ata pasado un mes da implantación do novo control.

Artigo 14º.-Interrupcións no traballo.

As paradas que se produzan rexeranse polo disposto na regulamentación siderometalúrxica.

Artigo 15º.-Comisión de productividade.

Para o seguimento e mellor control das primas á productividade, en caso de discrepancia entre o persoal e a empresa, recoñéceselle-la facultade de estaren asistidos polos técnicos da empresa que cada caso requira.

Estará constituída do seguinte modo:

Parte social: un representante de cada sección, elixido polo comité de empresa, pertenza ou non ó dito comité. Entre os compoñentes elixirase o secretario da parte social.

Parte económica: nomeará os representantes que considere pertinentes.

Esta comisión reunirase unha vez ó mes, como mínimo, e sempre que algún caso, pola súa gravidade, o requira.

Capítulo III

Retribucións

Artigo 16º.-Retribucións totais.

A retribución total, en función do traballo realizado por un productor, estará integrada por dous conceptos distintos: retribución fixa e retribución variable.

Artigo 17º.-Retribución fixa.

As retribucións fixas, durante a vixencia deste convenio, estarán formadas polo xornal e soldo de convenio, de acordo cos valores indicados nas táboas que figuran anexas ó presente texto.

Respecto ó ano 1999, confeccionaranse de acordo cos incrementos pactados na acta final de acordo de convenio 1998-1999.

Os xornais ou soldos establecidos que figuran nos citados anexos substitúen a tódalas retribucións de carácter salarial ou extrasalarial que veña percibindo o persoal ata a entrada en vigor deste convenio.

Artigo 18º.-Retribucións variables.

Durante a vixencia deste convenio, as táboas de valores de punto-prima para o persoal técnico non titulado de talleres e producción, quedan establecidas segundo táboas anexas.

Para o persoal de mes sen prima directa de producción, establécese o valor da prima indirecta de productividade, segundo os anexos. Esta prima mensual incrementarase en proporción ás horas extras que cada empregado realice.

A dita prima quedará eliminada no momento no que se estableza un sistema de prima directa á productividade, de común acordo entre as partes.

Artigo 19º.-Axudas de custo e desprazamentos.

Durante o primeiro ano de vixencia deste convenio, será de aplicación o seguinte cadro de axudas de custo e locomocións:

Grupo

Locomoción

Axuda de custo:

ptas./día

1. Peritos
Axudantes de enxeñeiroPrimeira ou similar7.432
Xefes de primeira
Asistente social

2. Delineantes de primeira
Oficial Admtvo. primeiraPrimeira ou similar6.831
Mestres
Delineantes de segunda
Xefe Org. de segunda

3. Encargados
Xefe de equipoPrimeira ou similar6.732
Oficial primeira taller
Persoal de taller en xeral

O segundo ano revisaranse segundo o acordo da acta final de convenio 1998-1999.

Os desprazamentos cunha duración inferior a 24 horas, sempre que permitan a posibilidade de pasa-la noite no domicilio, devengarán o 50% do importe da axuda de custo.

Tódolos gastos derivados de defunción ou accidente ocorrido ó traballador durante os seus desprazamentos por razóns de servicio serán por conta da empresa.

Artigo 20º.-Antigüidade.

O valor dos quinquenios actualizarase de acordo coas táboas.

O valor do quinquenio tomarase en unidades enteiras-pesetas, sen decimais, forzando a unidade superior ou inferior, segundo o valor decimal resultante fose superior ou inferior a cincuenta céntimos.

O período de aprendizaxe efectuado na empresa será computable para o efecto de cuantifica-la antigüidade do traballador.

Artigo 21º.- Pagas extraordinarias.

As dúas pagas extraordinarias e regulamentarias previstas no artigo 31 do R.D. 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, serán aboadas consonte o salario de convenio, máis antigüidade, mailo medio dos seis últimos meses do percibido en concepto de prima de producción, maila paga de reducción de absentismo e do plus de penosidade ou toxicidade na contía seguinte:

Xullo Nadal

Persoal obreiro e empregado30 días 30 días

Ámbalas pagas serán efectivas da seguinte forma:

A paga extraordinaria de xullo farase efectiva a primeira semana de xullo de cada ano.

A paga extraordinaria de Nadal farase efectiva a primeira quincena do mes de decembro.

Pagas extraordinarias en incapacidade temporal:

As pagas extras non sufrirán ningún tipo de mingua ou desconto a causa dos días que o productor permanecese en situación de incapacidade temporal por enfermidade ou accidente laboral durante os 6 meses precedentes ó seu devengo. Para atender esta continxencia, crearase un fondo específico, mediante o cal a empresa garanta o cumprimento do dito acordo.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias aboaranse de acordo coas contías que se especifican nas táboas.

Con relación á sobrecarga que viñan cobrando aqueles productores que fan horas extras con carácter extraordinario en 1998 aplicarase a recarga de 50 ptas./hora, a partir da primeira hora, incluída esta. En 1999 a dita recarga aumentarase 25 ptas. máis. O dito incremento incorporarase nas táboas do convenio.

A empresa reducirá ó máximo a realización de horas extraordinarias, sen prexuízo de ofrece-lo máximo nivel de servicio, informando mensualmente o comité de empresa do número das que se realizasen e as súas causas.

As horas extraordinarias motivadas por causas de forza maior e as estructurais aquí consideradas ou que poidan pactarse, notificaránselle mensualmente á autoridade laboral conxuntamente por empresa e comité, para os efectos de obte-la reducción de recargas de cotización.

Co fin de clarifica-lo concepto de horas extrordinarias estructurais, entenderanse como tales as necesarias para cubrir períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambio de quenda, mantemento ou traballos urxentes derivados da natureza de determinadas actividades, probas, manobras de buques, botaduras e outros supostos similares.

Cando se traballe toda a noite, o persoal sairá ás 7.30 horas do día seguinte.

Artigo 23º.-Faltas de asistencia.

As retribucións consignadas nas táboas refírense a xornadas traballadas, domingos, vacacións e pagas extraordinarias. Polo tanto, os días de non asistencia por falta non xustificada producirán a perda do salario ou soldo do convenio. Caso de faltas de asistencia durante a semana ou mes, motivada por folga, e en relación co descanso semanal, só se terá dereito á percepción da parte proporcional correspondente.

A perda de retribución do descanso semanal obterase aplicándolle o coeficiente do 40% ás horas traballadas ese mes.

Artigo 24º.-Traballos penosos, tóxicos e perigosos.

Todo o persoal que realice funcións que, pola súa peculiaridade, teñan a cualificación dos citados traballos, percibirá os complementos que se sinalan nas táboas.

O 2º ano revisaranse segundo o acordo da acta final de convenio 1998-1999.

Teranse en conta as situacións especiais incluídas en táboas complementarias a este convenio, para efectos da aplicación das porcentaxes correspondentes.

Artigo 25º.-Retribución das vacacións.

A retribución das vacacións estará formada polos conceptos indicados no artigo 70 da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, tendo en conta o salario do convenio, a antigüidade correspondente, maila parte proporcional do medio calculado nos tres últimos meses, correspondente ás primas de producción e ós traballos tóxicos, penosos e perigosos, maila paga de reducción de absentismo.

Artigo 26º.-Paga mensual por reducción de absentismo.

Establécese unha paga mensual para todo o persoal, na contía que reflicten as táboas e polo concepto do título.

Esta paga perderase total ou parcialmente, en caso de falta de puntualidade e asistencia, consonte o seguinte baremo:

Unha ou máis faltas inxustificadas de asistencia no mes: perda da paga.

Dúas faltas de puntualidade no mes: reducción do 10% da paga.

Tres faltas de puntualidade no mes: reducción do 30% da paga.

Máis de tres faltas de puntualidade: perda total da paga.

Considérase falta de puntualidade tanto o incorporarse tarde ó traballo coma o abandonalo antes da hora de saída.

Terá dereito a esta paga o persoal en situación de incapacidade laboral transitoria por accidente de traballo non imputable a este.

Artigo 27º.-Pagamento da nómina.

Para efectos de liquidación da nómina de fin de mes do persoal obreiro, pecharase con dez días de antelación e farase efectiva o derradeiro día hábil de cada mes.

Capítulo IV

Réxime de traballo

Artigo 28º.-Xornada.

A xornada ordinaria de traballo de Construcciones Navales P. Freire, S.A. terá a consideración de con

tinuada e será ata o 31 de decembro de 1999 a seguinte:

De luns a venres, de 7 a 15 horas, cun descanso intermedio de 15 minutos computables como xornada de traballo. O descanso intermedio comezará e finalizará a toque de sirena e desfrutarase de 10.30 a 10.45 horas.

Os sábados, durante a vixencia do presente convenio, non se traballará.

Durante o ano 1998, a xornada de traballo en cómputo anual será de mil setecentas sesenta horas (1.760 horas).

O ano 1999, a xornada de traballo en cómputo anual será de mil setecentas cincuenta e dúas horas (1.752 horas).

As horas extras efectuaranse a partir das 16 horas, de luns a venres, e os sábados pactarase entre ámbalas partes o horario.

En cadro anexo ó presente convenio establécese a distribución do calendario laboral anual de 1998. O correspondente ó ano 1999 fixarase oportunamente, de acordo co establecido na acta final do convenio.

Artigo 29º.-Mobilidade.

O cambio de posto de traballo do persoal farase despois de informado o comité de empresa, segundo o artigo 25 da ordenanza de traballo vixente para a industria siderometalúrxica.

Cando esta mobilidade se efectúe por necesidades de servicio e/ou por conveniencia da empresa, estes traballadores terán un período de adaptación ó novo posto de traballo de tres meses, e durante este tempo aboaránselle-los haberes correspondentes á súa categoría, así como a prima media dos tres meses anteriores ó cambio.

Artigo 30º.-Vacacións e días ponte.

Durante o ano 1998, o persoal da empresa desfrutará de 30 días naturais de vacacións, do 13 de xullo ó 11 de agosto, ambos inclusive (unha soa quenda).

As vacacións do ano 1999 fixaranse oportunamente á elaboración do calendario laboral (4 semanas nunha soa quenda).

O persoal que, ó inicio da data pactada para as vacacións, se atopase en situación de ILT derivada de accidente de traballo ou enfermidade común, poderá desfrutar dun período de vacacións de igual duración ó pactado no convenio, dentro do ano natural e sempre que a súa alta laboral se produza antes do 30 de novembro do citado ano.

Días ponte:

Ano 1998.

-2 e 5 de xaneiro.

-20 de marzo.

-12, 13 e 14 de agosto.

Ano 1999: fixaranse oportunamente á elaboración do calendario laboral.

En 1998 mantense a vixencia dun día de carácter fluctuante, é dicir, cada traballador, logo de comunicación á empresa, poderá elixi-lo día que desexe non acudir ó traballo. No anexo redáctanse as normas de carácter interno precisas para a posta en práctica deste asunto e evita-la coincidencia de desfrute dun exceso de traballadores nun mesmo día.

En 1999 manterase vixente un só día fluctuante.

Artigo 31º.-Permisos e licencias.

Logo de aviso ou solicitude, segundo proceda, dos traballadores afectados, concederanse licencias retribuídas polas circunstancias e tempo que a seguir se sinala:

Enfermidade grave de esposa, pais, fillos ou avós: 3 días laborables.

Enlace matrimonial: 15 días naturais.

Falecemento de pais, pais políticos, cónxuxes, fillos, netos, avós naturais e irmáns: 4 días laborables.

Falecemento de irmáns políticos e fillos políticos: 2 días naturais.

Falecemento de avós políticos e tíos, así como tíos políticos: 2 días naturais.

Falecemento de sobriño consanguíneo: 1 día laborable.

Matrimonio de fillos ou irmáns: 1 día natural.

Parto de esposa: 3 días laborables.

Para exames: os necesarios, logo de aviso xustificado.

Por cambio de domicilio habitual: 1 día laborable.

En circunstancias especiais xustificadas, aboaráselles ós traballadores o tempo empregado en consultas de asistencia médica, acompañando a esposa ou fillos.

Se non se recibe aviso do feito causante antes de transcorrida a primeira hora da xornada laboral, o dito permiso computarase comezando a contar a partir do día inmediatamente seguinte.

Os días de licencia que se indican serán aboados consonte os xornais e soldos do convenio maila antigüidade que corresponde, se é o caso.

Para o caso concreto de enlace matrimonial, poderase amplia-la duración da vixencia retribuída ata un máximo doutros 10 días non retribuídos, cando o traballador os solicite.

A empresa aplicará o Estatuto dos traballadores como norma subsidiaria naqueles supostos de licencias ou permisos non considerados no presente artigo.

Artigo 32º.-Cesamentos.

O persoal que desexe cesar no servicio da empresa deberá comunicarllo, aténdose ós prazos de aviso seguintes:

A) Persoal administrativo e técnico: 15 días.

B) Resto persoal: 8 días.

O incumprimento dos prazos de aviso dará lugar a detraer do importe da liquidación final do interesado as cantidades indebidamente aboadas pola empresa en concepto de cotas de Seguridade Social, todo iso sen prexuízo do establecido na lexislación laboral.

Artigo 33º.-Ferramentas.

A empresa dotará o persoal de ferramentas e útiles necesarios para o traballo, facendo responsable ó operario do bo uso e mantemento destes.

En concepto de gastos de ferramentas, ó persoal de carpintería aboaráselle a cantidade de 12.944 (doce mil novecentas corenta e catro) pesetas/ano, durante o primeiro ano de vixencia deste convenio e será feita efectiva no mes de decembro. No ano 1998 revisarase a cantidade establecida na acta final de acordo de convenio 1998-1999.

Artigo 34º.-Roupa de traballo.

A empresa entregaralle dúas fundas de traballo ó ano a todo o persoal obreiro que teña dereito a este por concesión da lei.

A data de entrega das fundas ó persoal obreiro será na primeira quincena de xaneiro e na primeira quincena de xullo.

Para o persoal da oficina de planificación e control de man de obra distribuiranse batas de traballo de cor e forma adecuada. Esta entrega efectuarase anualmente na primeira quincena de xaneiro.

A empresa faralle entrega de dúas toallas a todo o persoal da fábrica tal e como viña facendo. A entrega desta efectuarase na primeira quincena de xaneiro e na primeira quincena de xullo.

A empresa entregaralle ó persoal que estableza a lei, un par de botas homologadas de seguridade ó ano. A entrega destas efectuarase na primeira quincena de novembro.

Disporase no almacén dun stock de pezas de roupa de traballo, para a súa entrega a título de préstamo e conseguinte devolución, cando sexan precisos, para traballos marcadamente sucios.

Capítulo V

Acción social

Artigo 35º.-Fondo de previsión social da empresa.

A empresa constituirá, con contribucións complementarias ó saldo actual existente, un fondo para operar durante o primeiro e segundo ano de vixencia do presente convenio, de 600.000 (seiscentas mil)

pesetas, segundo o establecido na acta final de acordo de convenio 1998-1999.

A utilización e destino desta cantidade será controlada e administrada polo comité de empresa e aplicarase con preferencia a casos de infortunio do persoal da empresa.

Independentemente e para gastos, axudas de custo e desprazamentos do comité de empresa, relacionados coa reestructuración do sector naval, a empresa contribuirá con ata 433.000 (catrocentas trinta e tres mil) pesetas, durante a vixencia do primeiro ano deste convenio. No ano 1999, dotarase segundo o establecido na acta final de acordo de convenio 1998-1999.

Artigo 36º.-Axudas sociais.

Todo productor que cause baixa na empresa por invalidez e que conte cunha antigüidade mínima de 15 anos terá dereito a percibi-lo importe dunha mensualidade. Se a antigüidade na empresa é superior ós 25 anos, percibirá o importe de dúas mensualidades.

En caso de falecemento dun productor por accidente laboral, cunha antigüidade mínima na empresa de 10 anos, aboaráselles ós seus dereito habentes o importe dunha mensualidade e se a súa antigüidade na empresa fose superior ós 25 anos, seralles aboado o importe de dúas mensualidades.

En caso de falecemento dun productor por enfermidade, contando cunha antigüidade mínima na empresa de 15 anos, aboaráselles ós seus dereito habentes o importe dunha mensualidade.

Créase unha póliza de seguros de vida, con aplicación a todo o persoal da empresa, pola cantidade de dous millóns (2.000.000) de pesetas por asegurado. Esta póliza cubrirá o risco de falecemento do titular por morte natural ou accidente, e o risco de invalidez total e/ou absoluta por causa de accidente de traballo ou enfermidade.

Capítulo VI

Dereitos laborais e sindicais

Artigo 37º.-Dereitos laborais e sindicais

A empresa recoñece as seccións sindicais das centrais nos centros de traballo nos que o seu nivel de representación supere o 10%, representados por un delegado sindical pertencente á empresa, cos seguintes dereitos:

-Dispor dun número de horas retribuídas para utilizalas nas súas funcións, que se fixan así:

-A cada membro do comité de empresa, elixido pola central sindical correspondente, asignaránselle cinco (5) horas máis ó mes, por encima das que lles correspondan segundo o disposto no Estatuto dos traballadores ou convenio colectivo, e sen que en ningún caso poidan exceder estas horas adicionais de 40 ó mes para o conxunto dos representantes dunha mesma central.

-Estas horas adicionais e/ou as que lles correspondan a cada un dos ditos representantes, poderán ser desfrutadas polo citado delegado sindical, logo de acordo entre todos eles, que deberá ser posto en coñecemento da empresa.

-Logo de acordo coa empresa e nas condicións que se establezan, poderase pacta-la acumulación de horas sindicais entre membros do comité de empresa pertencentes a un mesmo sindicato.

-Disposición dun taboleiro de anuncios.

-Disposición dun local para reunións.

-Desconto en nómina da cota sindical, logo de petición expresa dos traballadores afiliados, de acordo coa normativa vixente.

-Reunión en locais da empresa e fóra de horas de traballo, cos traballadores afiliados, de acordo coa normativa vixente.

Todo isto sen prexuízo do mantemento doutras condicións iguais ou máis beneficiosas que poidan existir na actualidade.

Acórdase que ó finaliza-lo período de vixencia deste convenio (31-12-1999) a figura do delegado sindical negociarase.

Capítulo VII

Varios

Artigo 38º.-Bilingüismo.

As notas e avisos que se publiquen nos taboleiros de anuncios poderán ser redactados en castelán ou en galego.

Artigo 39.-Incapacidades.

Nos supostos de traballadores ós que se lles recoñeza unha situación de incapacidade total e que por iso poidan causar baixa na empresa, negociarase co comité unha indemnización complementaria á pensión que lle sexa recoñecida ou a ocupación dun posto de traballo adecuado á incapacidade.

En caso de non chegar a un acordo, a empresa que faga uso do seu dereito a non readmiti-lo traballador incapacitado estará obrigada a aboarlle a este, como mínimo, unha cantidade igual a 20 días de salario por cada ano de antigüidade que teña recoñecido cun tope máximo dun ano de salario.

Esta cantidade será compensable con calquera outro beneficio que sobre os mínimos legais puidese ter establecida a empresa con anterioridade a este acordo.

Artigo 40º.-Incapacidade laboral transitoria.

Naqueles supostos de hospitalización por causa de accidente de traballo ou enfermidade común, ó traballador afectado recoñeceráselle o dereito a percibi-lo complemento económico necesario á prestación legal establecida, para acada-lo 100% do seu salario, durante os primeiros 45 días de duración do período de baixa de ILT.

Así mesmo, en defecto de prestación legalmente establecida, ó traballador aboaráselle o 60% da base reguladora durante os tres primeiros días de baixa por incapacidade temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral.

Artigo 41º.-Partes que asinan o convenio.

O presente convenio foi negociado e aprobado en representación da parte social polo comité de empresa e en representación da empresa, pola dirección desta.

Normas de carácter interno reguladoras de desfrute do día de reducción de xornada de carácter fluctuante.

Anexo artigo 30º convenio colectivo.

1º Poderase reservar coa antelación que se desexe no departamento de persoal, aínda que, como míni

mo, de tres días do desfrute e comunicándollo previamente ó seu mando.

2º Non poderán coincidir no mesmo día máis do 33% do persoal afecto a un determinado G.F.H., agás en grupos de menos de seis (6) persoas, que poderá chegar a ser do 50%.

3º Atenderanse as solicitudes por rigorosa orde de entrada ata a saturación dun determinado día, polo alcance do tope anterior. Non obstante, chegada esta situación poderán permuta-lo seu desfrute os traballadores do mesmo G.F.H., se dan a súa conformidade por escrito.

4º Se un traballador renuncia ó desfrute dunha determinada xornada xa elixida, perde o seu dereito de prelación en caso de querer volver a desfrutar ese mesmo día.

Calendario laboral 1998

Meses

Días

mes

Días

festivos

Sábados e

domingos

Días

vacacións

Días

ponte

Días

laborables

Horas

laborables

Xaneiro311, 692, 518144
Febreiro28820160
Marzo3119, 2882020160
Abril309, 10820160
Maio3111020160
Xuño30822176
Xullo3125715864
Agosto3115, 179712, 13, 141080
Setembro30822176
Outubro3112921168
Novembro30921168
Decembro317, 8, 25820160

Totais365141012262221.776

(1) Estas horas laborables quedarán reducidas a 1.760 horas/ano, polo desfrute de duos días máis de carácter fluctuante a elixir polo traballador.

(2) Os restantes días de vacacións ata completar os 30 días natural, comprendidos no período 13 de xullo ó 11 de agosto; correspóndense con tres sábados (1 en xullo e 2 en agosto), catro domingos (2 en xullo e 2 en agosto) e un día festivo: 25 de xullo, que se sumaron nas súas respectivas columnas.

Táboa de salarios vixente do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1998

Categoría

Soldo

Quinquenio

Prima

mensual

Paga Red.

Absentis.

Hora

extra

H. extra

festiva

Valor día

Tr. Excep.

-Persoal técnico titulado
Perito ou enxeñeiro técnico A204.0064.62514.23812.4492.0432.303485
Axudante técnico sanitario173.2354.08410.98712.4491.6611.889431

A) De taller:
Xefe de taller204.0064.41614.16712.4492.0432.303469
Mestre de taller201.2084.08612.4491.9142.161441
Mestre 2 de taller198.8174.03712.4491.8732.121432
Contramestre196.4243.98812.4491.8352.082427
Encargado185.4593.98812.4491.6841.912427

B) De oficina técnica:
Axudante de enxeñeiro204.0064.33414.16712.4492.0432.303454
Delineante proxectista A194.6534.33413.34812.4491.9252.177454
Delineante primeira especial184.7544.30412.12212.4491.7982.040450
Delineante de primeira177.5904.12511.56712.4491.7071.940432
Delineante de segunda164.3614.0109.85612.4491.5521.769427
Calcador153.2003.8608.45610.8261.4111.611406
Auxiliar de 5º ano153.2003.8608.45610.8261.4111.611406
Auxiliar de 4º ano151.1288.05210.8261.3871.589406

Categoría

Soldo

Quinquenio

Prima

mensual

Paga Red.

Absentis.

Hora

extra

H. extra

festiva

Valor día

Tr. Excep.

Auxiliar de 3º e 2º ano148.9877.75910.8261.3651.569406
Auxiliar de 1º ano145.8907.20310.8261.3261.523406
Aspirante de 17 anos107.9955.9876.4968941.054216
Aspirante de 16 anos99.5455.9876.496808959216

C) De organización:
Xefe de primeira204.0064.33414.16712.4492.0432.303454
Subxefe de primeira194.6534.33413.34812.4491.9252.177454
Xefe de segunda A184.7544.30412.12212.4491.7982.040453
Técnico de organización 1177.5904.12511.56712.4491.7071.940432
Técnico de organización 2164.3614.0109.85612.4491.5521.769427
Auxiliar de Organ. 5º ano153.2003.4518.45610.8261.4111.611406
Auxiliar de Organ. 4º ano151.1288.05210.8261.3871.589406
Auxiliar de Organ. 3º e 2º ano148.9877.75910.8261.3651.569406
Auxiliar de Organ. 1º ano145.8907.20310.8261.3261.523406
Aprendiz Organ. 17 anos107.9955.1216.4968941.054216
Aprendiz Organ. 16 anos99.5454.6166.496808959216

D) De informática:
Xefe de proxectos204.0064.42114.16712.4492.0432.303469
Analista194.6534.42113.34812.4491.9252.177469
Analista programador184.7544.30412.12212.4491.7982.040450
Programador de 1177.5904.12511.56712.4491.7071.940432
Programador de 2174.3044.12511.13212.4491.6691.900432
Operador164.3614.0109.85612.4491.5521.769427

E) De Cad-Can
Coordinador xeral204.0064.42114.16712.4492.0432.303469
Coordinador194.6534.42113.34812.4491.9252.177469
Operador xeral184.7544.30412.12212.4491.7982.040450
Operador ordenador 1177.5904.12511.56712.4491.7071.940432
Operador ordenador 2164.3614.0109.85612.4491.5521.769427
Operador ordenador 3159.2194.0109.57012.4491.4111.611406
Operador auxiliar153.2003.8608.45610.8261.4111.611406

-Persoal administrativo
Xefe de primeira204.0064.42114.16712.4492.0432.303469
Subxefe de primeira194.6534.42113.34812.4491.9252.177469
Xefe de segunda A184.7544.30412.12212.4491.7982.040450
Oficial Adm. de 1177.5904.12511.56712.4491.7071.940432
Oficial Adm. de 2164.3614.0109.85612.4491.5521.769427
Taquimecanógrafa-traductora164.3614.0109.85612.4491.4111.611406
Taquimecanógrafa159.2194.0109.57012.4491.4111.611406
Auxiliar Adm. 5º ano153.2003.8608.45610.8261.4111.611406
Auxiliar Adm. 4º ano151.1288.05210.8261.3871.589406
Auxiliar Adm. 3º e 2º ano148.9877.75910.8261.3651.569406
Auxiliar Adm. 1º ano145.8907.20310.8261.3261.523406
Aspirante Adm. 17 anos107.9955.1216.4968941.054216
Aspirante Adm. 16 anos99.5454.6166.496808959216

-Persoal subalterno
Xefe de almacén175.7253.87710.65312.4491.6241.844406
Almaceneiro principal162.9023.8599.01012.4491.4701.674406
Almaceneiro157.3823.8598.28910.8261.4001.604406
Cabo de gardas157.3823.8598.28910.8261.4001.604406
Vixilante152.0223.7917.56510.8261.3281.530400
Porteiro152.0223.7917.56510.8261.3281.530400
Telefonista152.0223.7917.56510.8261.3281.530400
Chofer de 1 carné D e Reparac. Vehíc.167.1653.9479.57012.4491.5211.728416
Chofer de 2 (carné C)162.0203.8469.05110.8261.4571.666402
Chofer de 3 (carné B)156.8743.8468.05910.8261.3881.569402
Empregados de limpeza79.5721.8935.6698731.030197

Nota: o valor da hora extra aumenta 2 ptas. en cada quinquenio.

Categoría

Xornal

mes

Quinquenio

Paga Red.

Absentis.

Hora

extra

H. extra

festiva

Valor hora

Tr. Excep.

-Persoal obreiro
Xefe de equipo175.3884.04412.4491.5981.82051
Capataz de especialistas170.5544.04412.4491.5481.76351
Capataz peóns ordinarios163.3834.04412.4491.4501.65651

Categoría

Xornal

mes

Quinquenio

Paga Red.

Absentis.

Hora

extra

H. extra

festiva

Valor hora

Tr. Excep.

Oficial 1 especial169.4804.04412.4491.5211.72851
Oficial 1ª166.1324.04412.4491.4831.69351
Oficial 2ª159.9724.04410.8261.4111.61151
Oficial 3ª154.7913.98010.8261.3511.54651
Especialista151.8853.98010.8261.2981.49151
Peón ordinario151.4423.98010.8261.2961.48951
Aprendiz 17 anos117.6736.49684699627
Aprendiz 16 anos109.2706.49684699627

Nota: o valor da hora extra aumenta 2 ptas. en cada quinquenio.

Táboa de pesetas prima en xornada de 8 horas para mandos intermedios

Vixente desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1998

CategoríaP.P.P.61626364656667686970

Mestre de taller9,97879,82159,64239,47319,29399,11478,93558,76638,58718,40798,22
Mestre 2 taller9,21573,72147,43221,15294,87368,58442,30516,02589,73663,45737,17
Contramestre9,09072,72145,43218,15290,86363,58436,30509,01581,73654,44727,16
Encargado8,46367,70135,41203,11270,82338,52406,23473,93541,63609,34677,04

CategoríaP.P.P.71727374757677787980

Mestre de taller9,978878,04957,871.037,691.117,511.197,331.277,161.356,981.436,801.516,621.596,44
Mestre 2 taller9,215810,88884,60958,321.032,031.105,751.179,471.253,181.326,901.400,621.474,33
Contramestre9,090799,88872,59945,311.018,021.090,741.163,461.236,171.308,891.381,601.454,32
Encargado8,463744,75812,45880,16947,861.015,561.083,271.150,971.218,681.286,381.354,09

Táboa de pesetas prima en xornada de 8 horas para persoal de fábrica

Vixente desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1998

CategoríaP.P.P.61626364656667686970

Xefe de equipo7,56260,50120,99181,49241,99302,48362,98423,47483,97544,47604,96
Capataz especialistas7,31358,50117,01175,51234,01292,52351,02409,52468,03526,53585,04
Capataz peóns ordinarios6,48151,85103,69155,54207,39259,23311,08362,93414,77466,62518,47
Oficial 1 especial7,10756,86113,72170,58227,43284,29341,15398,01454,87511,73568,58
Oficial de 16,81454,51109,02163,53218,04272,55327,06381,57436,08490,58545,09
Oficial de 26,17249,3898,76148,14197,52246,90296,27345,65395,03444,41493,79
Oficial de 35,63345,0690,13135,19180,25225,31270,38315,44360,50405,56450,63
Especialista5,25442,0484,07126,11168,14210,18252,21294,25336,28378,32420,35
Peón5,08340,6681,32121,98162,65203,31243,97284,63325,29365,95406,62
Aprendiz de 17 anos4,23333,8667,72101,58135,44169,30203,16237,02270,89304,75338,61
Aprendiz de 16 anos3,87531,0062,0193,01124,01155,01186,02217,02248,02279,03310,03

CategoríaP.P.P.71727374757677787980

Xefe de equipo7,562665,46725,96786,45846,95907,44967,941.028,441.088,931.149,431.209,93
Capataz especialistas7,313643,54702,04760,55819,05877,55936,06994,561.053,061.111,571.170,07
Capataz peóns ordinarios6,481570,31622,16674,01725,85777,70829,55881,39933,24985,091.036,93
Oficial 1 especial7,107625,44682,30739,16796,02852,88909,73966,591.023,451.080,311.137,17
Oficial de 16,814599,60654,11708,62763,13817,64872,15926,66981,171.035,681.090,19
Oficial de 26,172543,17592,55641,93691,31740,69790,06839,44888,82938,20987,58
Oficial de 35,633495,69540,75585,82630,88675,94721,00766,07811,13856,19901,25
Especialista5,254462,39504,42546,46588,50630,53672,57714,60756,64798,67840,71
Peón5,083447,28487,94528,60569,26609,92650,59691,25731,91772,57813,23
Aprendiz de 17 anos4,233372,47406,33440,19474,05507,91541,77575,63609,49643,35677,21
Aprendiz de 16 anos3,875341,03372,03403,04434,04465,04496,05527,05558,05589,05620,06

6732