Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 7.997

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do comercio de alimentación de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo do sector de comercio de alimentación (código nº 3200545) de Ourense, que tivo entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de empresarios do Comercio de Alimentación de Ourense, e da parte social as centrais sindicais CC.OO. UGT e USO, todas elas con capacidade e lexitimidade suficiente para asinalo, na xuntanza celebrada o día 23-4-1998 e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do convenio colectivo no libro rexistro desta delegación, e a notificación ás partes económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 10 de xuño de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo do comercio de alimentación da provincia de Ourense 1998

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio afecta a tódalas empresas de alimentación da provincia de Ourense, incluíndo nelas comerciantes por xunto e distribuidores; retallistas; supermercados e autoservicios; economatos; chacinerías, cortadorías e peixerías e en xeral tódalas empresas dos sectores comercio e alimentación e comercio-gandería.

Artigo 2º.-Vixencia.

A duración do presente convenio será de dous anos comezando a rexe-lo 1 de xaneiro de 1998 e terminará o 31 de decembro de 1999.

O convenio prorrogarase por períodos anuais, mentres non sexa modificado por outro que o substitúa, ó non mediar denuncia de calquera dos representantes empresariais ou sindicais que interviñeron na negociación, con dous meses de antelación como mínimo ó remate da vixencia.

Producida a denuncia do convenio nos termos establecidos no parágrafo anterior, as partes comprométense a constituí-la comisión negociadora antes de remata-lo mes de febreiro, e inicia-la negociación efectiva na primeira quincena do mes de marzo.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

As condicións que se establecen neste convenio serán compensables e absorbibles en cómputo anual de acordo coa lexislación vixente, respectando as situacións presenciais de igual forma.

Artigo 4º.-Xornada laboral.

A xornada máxima de traballo queda establecida en 1.820 horas ó ano.

Respectando o número de horas anuais de traballo acordadas, cada empresa poderá realizar unha distribución irregular de xornada en períodos de catro meses.

Neste período cuadrimestral a distribución semanal poderá supera-las 40 horas de traballo, co límite de 9 horas diarias. O exceso de horas traballadas compensarase nos períodos de menor traballo. Antes do inicio de cada período de distribución irregular de xornada publicarase, con 15 días de antelación, o calendario correspondente ó dito período.

Artigo 5º.-Vacacións.

O persoal comprendido neste convenio desfrutará dun período anual de vacacións de 30 días naturais.

As vacacións poderanse desfrutar no transcurso do ano, sendo obrigatorio para a empresa conceder 15 días destas durante o período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro de forma rotativa.

O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas que lle corresponden dous meses antes, polo menos, do comezo do seu desfrute e anunciarase no taboleiro de anuncios do centro de traballo, preferentemente no primeiro trimestre do ano.

Artigo 6º.-Horas extras.

Terán a consideración de horas extraordinarias cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da xornada ordinaria de traballo.

As horas extraordinarias realizadas retribuiranse con incremento do 75% e as realizadas en domingo e días festivos retribuiranse ó 100%.

O número de horas extraordinarias non poderá ser superior a 80 por ano. A prestación de traballo en horas extraordinarias será voluntaria.

A realización de horas extraordinarias rexistrarase día a día e totalizaranse semanalmente, entregando copia do total ó traballador na parte correspondente, e ó comité de empresa ou delegados de persoal.

Artigo 7º.-Licencias e permisos.

Todo traballador, avisando con suficiente antelación, e posterior xustificación, terá dereito ós seguintes permisos retribuídos, sen prexuízo dos establecidos na lexislación vixente.

A. Matrimonio civil ou relixioso: 15 días.

B. En caso de nacemento, falecemento ou enfermidade grave de parentes en primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 3 días. Se mediase desprazamento: 5 días.

C. Por traslado de domicilio habitual: 1 día.

D. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

E. Para realizar funcións sociais ou de representación de persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

F. No caso de saídas ó médico o tempo empregado cando coincida co horario de traballo.

Artigo 8º.-Excedencias.

Poderán solicitar excedencia tódolos traballadores da empresa, sempre que leven, como mínimo, un ano de servicio por un prazo non inferior a un ano e non maior de cinco.

Ó remata-la situación de excedencia o traballador terá dereito a ocupa-la primeira vacante de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producise na empresa.

Artigo 9º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado percibirá tres pagas extraordinarias consistentes nunha mensualidade dos salarios base vixentes en cada momento máis a antigüidade que corresponda, así como o plus de permanencia segundo o establecido no artigo 11º.

Esta pagas serán aboadas:

a) Paga de verán, antes do 20 de xullo.

b) Paga de Nadal, antes do 20 de decembro.

c) Paga de primavera, antes do 21 de marzo.

A mencionada paga de primavera devengarase desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro do ano anterior ó do seu aboamento.

Artigo 10º.-Condicións económicas.

O incremento salarial para 1998 será dun 3% sobre as táboas de 1997.

Para 1999 o incremento salarial será o IPC real resultante en 1998 máis o 0,5% unha vez constatado polo INE.

Unha vez coñecido o IPC, reunirase a comisión paritaria do convenio para a actualización das novas táboas.

Artigo 11º.-Antigüidade.

O complemento de antigüidade e aumentos periódicos por ano de servicio que se viñan devengando por porcentaxes segundo anos de antigüidade na empresa, queda modificado por acordo entre as partes por entender que dificultan a contratación indefinida e permanencia dos traballadores que acceden agora ou o fixeron nos últimos anos a un posto de traballo.

Por iso, e coa intención de promover e consolida-la contratación indefinida e o emprego no comercio de alimentación, acórdase modifica-lo complemento de antigüidade previsto ata agora no convenio do seguinte xeito:

A) Os traballadores que o 1 de xaneiro de 1998 viñesen percibindo unha cantidade en concepto de antigüidade, seguirana percibindo en concepto de antigüidade consolidada.

B) A esta antigüidade consolidada haberalle que engadi-la parte proporcional xerada desde o cumprimento do último cuadrienio ata o 31 de decembro de 1997.

C) Os traballadores que figuren de alta o 1 de xaneiro de 1998 percibirán durante a vixencia do seu contrato, un plus de permanencia que se establece do seguinte xeito:

Este plus devengarase a partir do 1 de xaneiro de 1998, desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de cada ano, e aboarase distribuído entre as 3 pagas extraordinarias no ano seguinte ó seu devengo.

A súa contía obterase de multiplica-lo salario base anual do convenio polo 1,25% (para a súa distribución entre as pagas extraordinarias).

D) Os traballadores contratados con posterioridade ó 1 de xaneiro de 1998 non terán complemento de antigüidade, dado que o tal concepto desapareceu do convenio colectivo do comercio de alimentación de Ourense a partir do 1 de xaneiro de 1998.

Artigo 12º.-Axudas de custo.

Terán dereito a elas tódolos traballadores que mediante orde expresa do empresario ou persoa que o represente se vexan obrigados a realizar viaxes ou traballos de carácter profesional por conta e baixo a dependencia da empresa, con desprazamentos a lugares distantes do centro de traballo e que imposibiliten o seu regreso e sexa preciso efectuar comidas fóra do seu domicilio habitual ou teñan necesidade de desprazarse a localidades onde tamén esixa a misión encomendada unha permanencia que obrigue a tomar aloxamento.

A contía dela será a seguinte:

-Axuda de custo completa: 4.477 ptas.

-Comida: 1.674 ptas.

-Cea: 1.120 ptas.

-Almorzo 336 ptas.

Ou ben, por acordo coa empresa, gastos para xustificar.

Artigo 13º.-Complemento asistencial en caso de enfermidade ou accidente.

No caso de incapacidade laboral por enfermidade ou accidente, debidamente acreditado pola Seguridade Social, do persoal comprendido no réxime asistencial dela, a empresa complementará o salario ata o importe íntegro das súas retribucións ata o límite dos 12 meses aínda que o traballador fose substituído.

O persoal que con carácter obrigatorio non estivese comprendido na Seguridade Social e opte por desfruta-la cobertura do réxime xeral percibirá con cargo á empresa os mesmos beneficios económicos que regularmente estean inscritos no dito seguro, isto é, deducirase en todo caso o importe das prestacións que terían que percibirse da Seguridade Social no suposto de que voluntariamente se inscribisen.

O persoal no caso de enfermidade común ou accidente non laboral, que non teña cumprido un período de cotización de 180 días dentro dos cinco anos inmediatamente anteriores ó feito concernente, a empresa virá obrigada a satisface-la retribución básica ata que sexa cuberto o mencionado período de carencia.

Artigo 14º.-Roupa de traballo.

As empresas estarán obrigadas a facilitar ós seus traballadores un mínimo de dúas pezas de roupa de traballo por ano, ós choferes e repartidores facilitárselles uniformes de traballo acondicionados ás temperaturas de verán e inverno, así como roupa de auga. O seu uso será obrigatorio.

Artigo 15º.-Traballadores en cámaras de conxelación.

O traballador que traballe en cámaras de conxelación, con independencia de que sexa dotado de pezas de roupa adecuadas ó seu cometido, percibirá unha gratificación do 20% do seu salario sempre e cando traballe máis o 25% da súa xornada nas ditas cámaras.

Artigo 16º.-Servicio militar.

O persoal comprendido no presente convenio ten dereito a que se lle respecte o posto de traballo durante o tempo que dure o servicio militar e dous meses máis.

Artigo 17º.-Retirada do carné de conducir e multas.

No caso de retirada do carné de conducir por causa non imputable ó traballador, a empresa comprometerase a facilitarlle ó traballador afectado un posto

de traballo idóneo, de acordo coa súa categoría profesional sen que con isto sexa minguado o seu salario.

A empresa pagará as multas orixinadas por excesos de carga, mal aparcamento no caso de carga e descarga e número de viaxeiros excesivos que teñan a condición de ser persoal de servicio da empresa así como cando no tacógrafo aparece un exceso do horario autorizado.

Artigo 18º.-Garantía ad personam.

As condicións laborais pactadas neste convenio entenderanse con carácter de mínimas, debendo ser respectadas as condicións de todo tipo que veñan desfrutando os traballadores, en canto sexan máis beneficiosas cás aquí establecidas.

A este respecto aclárase que a denominación de gratificación familiar para aqueles traballadores que o teñan recoñecido en nómina a 31 de maio de 1991, manterán a súa contía actual deixando de percibilo ou diminuíndo no momento en que desaparezan legalmente as circunstancias da súa aplicación e non sufrirá modificación ningunha.

Artigo 19º.-Descanso semanal.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a un descanso semanal de día e medio, que como regra xeral comprenda a tarde do sábado ou no seu canto a mañá do luns e o día completo do domingo, salvo que por acordo entre empresa e traballadores se acorden outras condicións.

As festas laborais terán carácter retribuído e non recuperable.

Cando coincida o persoal de ruta con festa local, a empresa compensará ese día co descanso do día seguinte, sempre e cando este non sexa festivo, que será o martes.

Artigo 20º.-Gratificación de actividade.

Tódolos traballadores percibirán en concepto de gratificación de actividade a cantidade de 5.636 pesetas mensuais aplicándose a dita cantidade por 12 mensualidades.

Artigo 21º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación, vixilancia e cumprimento do pactado por ámbalas partes no presente convenio, créase unha comisión paritaria integrada por cinco membros das asociacións empresariais, un de CC.OO. un de USO e un de UGT.

Artigo 22º.-Delimitación das funcións do conductor.

Chofer de 1ª.-É o traballador que con coñecementos e permisos necesarios conduce vehículos dos que para o manexo se esixe o permiso de conducir de 1ª especial ou 1ª, coida da conservación del, cobra a mercadoría de acordo coas instruccións que recibe e debe participar en carga e descarga.

Chofe de 2ª.-É o traballador que, cos coñecementos e permisos necesarios, conduce vehículos dos que para o manexo se esixe o permiso de conducir de

2ª ou 3ª clase, cobra a mercadoría de acordo coas instruccións que recibe e debe participar na carga e descarga. O conductor de 1ª terá a categoría de oficial de 1ª ou de oficial de 2ª.

Artigo 23º.-Igualdade no traballo.

Repectaranse os principios de igualdade no traballo para tódolos efectos, e non se admitirá discriminación por razón de idade, sexo, ideoloxía, raza, minusvalidez, etc.

Artigo 24º.-Dereitos sindicais.

En tódalas empresas afectadas polo presente convenio con máis de 250 traballadores, as centrais sindicais poderán nomear un delegado sindical sempre que teñan representación no comité.

Artigo 25º.-Xubilación.

As empresas concederán un complemento por xubilación a aqueles traballadores con dez anos como mínimo de antigüidade nela que se xubilen durante a vixencia do convenio, consistindo o mencionado complemento nas mensualidades que a seguir se indican, consistentes en salario base, antigüidade gratificación de actividade e plus de permanencia.

-Xubilación voluntaria ós 60 anos: 6 mensualidades.

-Xubilación voluntaria ós 61 anos: 5 mensualidades.

-Xubilación voluntaria ós 62 anos: 4 mensualidades.

-Xubilación voluntaria ós 63 anos: 3 mensualidades.

-Xubilación voluntaria ós 64 anos: 2 mensualidades.

Considerarase obrigatoria a xubilación ós 65 anos para tódolos traballadores afectados polo presente convenio, percibindo dúas mensualidades do salario base, antigüidade e gratificación de actividade e plus de permanencia.

Artigo 26º.-Recoñecementos médicos.

As empresas velarán polas prácticas de recoñecementos médicos, incluíndo análises de sangue e ouriños, tanto iniciais como periódicas, conforme o establecido nas disposicións vixentes e como mínimo unha ó ano.

Por outra banda, os traballadores estarán obrigados a someterse a cantos recoñecementos médicos dispoñan as empresas a cargo delas, tanto en situación activa coma en situación de IT ou semellante.

Os recoñecementos médicos orientaranse preferentemente ás enfermidades máis habituais do sector e faráselle entrega a este do resultado do recoñecemento.

Serán entregados nun prazo máximo de cinco días desde a data do recibo deles.

A comisión mixta velará polo seu cumprimento.

Artigo 27º.-Réxime disciplinario para o acoso sexual.

Todo comportamento ou situación que atente contra o respecto e a intimidade e/ou contra a liberdade das traballadoras e traballadores, conductas de acoso sexual verbais ou físicas serán conceptuadas como faltas moi graves, graves e leves en función da repercusión do feito (*). Nos supostos nos que se leve a cabo servíndose da súa relación xerárquica coa persoa ou persoas con contrato laboral non indefinido a sanción aplicarase en grao máximo.

O comité de empresa, xunta de persoal, sección sindical ou representante dos/as traballadores/as e a dirección da empresa velarán polo dereito á intimidade do traballador/a afectado/a, procurando silencia-la súa intimidade cando así fose requirido.

(*) Como normativa de referencia debe tener en conta o acordo de substitución da ordenanza laboral de comercio.

Artigo 28º.-Período de proba.

Establécese un período de proba para tódolos traballadores contratados durante a vixencia do presente convenio, que será o seguinte:

-Grupos de tarifa 1 e 2: 6 meses.

-Grupos de tarifa 3 a 8: 3 meses.

-Grupos de tarifa 9 e seguintes: 15 días laborables.

Artigo 29º.-Sumisión ó AGA.

Perante a importancia que pode ter para a solución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos AGA, asinado pola Confederación de Empresarios de Galicia e as centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, as partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formulados.

Artigo 30º.-Clasificación do persoal.

O persoal ó servicio das empresas afectadas por este convenio colectivo quedará encadrado nalgún dos seguintes grupos profesionais en función das súas titulacións académicas, aptitudes profesionais e contido xeral da prestación laboral requirida.

As definicións contidas en cada grupo profesional non son exhaustivas senón simplemente enunciativas.

Grupo I. Están comprendidos neste grupo aqueles traballadores que coordinan, dirixen, establecen e crean políticas xerais, prácticas normativas e procedementos amplos, con alto grao de autonomía a partir de directrices xerais. Exercen a supervisión a través de mandos intermedios co fin de consegui-los obxectivos operacionais marcados.

Grupo II. Están comprendidos neste grupo aqueles traballadores que desenvolvan unha actividade baixo

especificacións precisas e con certo grao de autonomía, podendo coordina-lo traballo dun equipo e para o que se requira unha pericia ou habilidade sistemática en actividades e/ou procesos técnicos, comerciais, informáticos ou administrativos que estean ou non estandarizados.

Grupo III. Están comprendidos neste grupo aqueles traballadores en postos que se executan baixo instruccións concretas con dependencia xerárquica e funcional total. Exíselles o coñecemento total do seu oficio e as funcións poden implicar incomodidade temporal ou esforzo físico.

Artigo 31º.-Modalidades de contratación.

A. Contrato para a formación.

Pódense realizar contratos para formación con traballadores maiores de 16 anos e menores de 21 anos.

O salario da contratación será igual o 90% e 95% do salario base da súa categoría durante o primeiro e segundo ano de vixencia do contrato, respectivamente.

B. Contrato en prácticas.

A retribución dos traballadores cun contrato en prácticas será do 85% ou do 95% do salario da súa categoría profesional durante, respectivamente, o primeiro ou o segundo ano de vixencia do contrato.

C. Contrato por obra ou servicio determinado (Art. 15.1º a) do ET).

Para os efectos do previsto no artigo 15.1º a) do ET, ademais dos contidos xerais establecidos nel, identifícanse como tarefas con substantividade propia, dentro da actividade normal das empresas do sector que poden cubrirse con contratos para a realización de obras ou servicios determinados, os supostos de consolidación comercial nos casos de creación ou ampliación de establecementos comerciais. Nestes casos a duración máxima dos contratos será de tres anos.

D. Contrato por circunstancias de mercado (Art. 15.1º b) do ET).

De conformidade co artigo 15.1º b) do ET e para coseguir unha menor precarización do emprego e buscando aproveitar ó máximo as posibilidades de emprego e que se derivan do actual ciclo económico, o contrato por circunstancias de mercado a que se refire o dito artigo poderá celebrarse cunha duración máxima de trece meses e medio nun período de 18 meses.

O seu réxime xurídico será equivalente ó do contrato por tempo indefinido, en canto ó desfrute dos beneficios salariais, complementos, etc.

E. Contratación indefinida.

1. As empresas afectadas polo presente convenio comprométense a converter en indefinidos o 10% dos contratos eventuais que teñan o 31 de decembro de 1997. Esta conversión levarase a cabo durante a vixencia do presente convenio.

Para os efectos do reconto, tanto do número de contratos como do número de transformacións, computaranse en termos de contratos a xornada completa, de 40 horas semanais, sumándose os contratos a tempo parcial de forma proporcional sobre este mesmo criterio.

2. De acordo co establecido na letra b) do apartado 2 da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, acórdase, por ámbalas partes, que durante toda a vixencia deste convenio (1998-1999) será posible a conversión de tódolos contratos temporais celebrados durante a vixencia deste convenio no contrato para o fomento da contratación indefinida regulado na citada disposición adicional primeira da Lei 63/1997.

Artigo 32º.-Mobilidade xeográfica.

Desprazamento: as empresas poderán despraza-lo seu persoal a outros centros de traballo distintos daquel no que presten os seus servicios durante calquera prazo de tempo, fundamentando o citado desprazamento en razóns técnicas, organizativas ou de producción ou de contratación.

Traslado: enténdese por traslado o desprazamento a outro centro de traballo que implique cambio de domicilio. Enténdese que un desprazamento implica cambio de domicilio cando o centro de traballo de novo destino diste máis de 40 quilómetros do seu centro de traballo actual ou do seu domicilio actual.

Para os supostos de traslados de persoal polos motivos considerados na lei establécense os seguintes mecanismos:

-Negociación preceptiva coa representación legal dos traballadores.

-Intervención dos mecanismos do AGA no caso de desacordo coa comisión paritaria.

-Recuperación do posto de traballo anterior no caso de laudo ou sentencia favorable.

-Aviso previo de 45 días.

-Prazo de incorporación ó novo centro de traballo de 30 días.

Os traslados non terán unha duración inferior a 12 meses nun período de tres anos.

Se polo traslado un dos cónxuxes cambia de residencia, o outro, se fose traballador da mesma empresa, terá dereito ó traslado á mesma localidade.

Os casos de traslado, segundo a definición anterior, darán lugar ó dereito do traballador trasladado dos seguintes conceptos compensatorios:

-Billete para el e os familiares que vivan á súa custa.

-Transporte do mobiliario, roupa e utensilios do seu fogar.

-Indemnización por cambio de vivenda, consistente en dúas veces o salario base mensual da súa categoría profesional nun único pagamento.

-Compensación durante 12 meses da diferencia de custo da vivenda en aluguer (vivenda das mesmas características).

Notificada a decisión de traslado, o traballador poderá optar pola extinción do seu contrato percibindo unha indemnización de 25 días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos inferiores a un ano e con máximo de 12 mensualidades.

Artigo 33º.-Maternidade.

De conformidade co artigo 48 do ET, no suposto de parto, a muller ten dereito á suspensión do seu contrato durante un período de dezaseis semanas ininterrompidas ampliables, por parto múltiple, a dezaoito semanas. O período de suspensión distribuirase a opción da interesada sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto, podendo facer uso destas o pai para coidado do fillo en caso de falecemento da nai.

Non obstante o anterior, no caso de que a nai e o pai traballen, aquela, ó se inicia-lo período de descanso por maternidade, poderá optar porque o pai desfrute de ata catro das últimas semanas de suspensión, sempre que sexan ininterrompidas e ó final do citado período salvo que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai supoña risco para a saúde.

No suposto de adopción, ese fillo adoptado é menor de nove meses, a suspensión terá unha duración máxima de oito semanas contadas, á elección do traballador, ben a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción. Se o fillo adoptado é maior de nove meses e menor de cinco anos, a suspensión terá unha duración máxima de seis semanas. No caso de que o pai ou a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

De conformidade coa Lei de prevención de riscos laborais, establécese de forma xenérica que o feito de desenvolve-lo traballo nunha actividade que implique riscos para a saúde da embarazada ou do fillo, pode supoñe-lo traslado do posto de traballo. De xeito específico, establécese que cando a avaliación das condicións de traballo revele un risco para a seguridade e a saúde ou posible repercusión sobre o embarazo ou a lactación, as empresas deberán adopta-las medidas necesarias para evita-la exposición ó dito risco.

Cando a adaptación non sexa posible e o médico da Seguridade Social que asista a traballadora certifique a influencia negativa, para a saúde dela ou do feto, das condicións do posto de traballo, deben desempeñar un posto de traballo e compatible ó seu estado, dentro do grupo profesional ou categoría equivalentes. Para si o empresario, logo de consulta co representante legal dos traballadores, debe determina-la relación de postos de traballo exentos de riscos para estes efectos. Se tampouco iso é posible, a traballadora pode ser destinada a un posto non correspondente ó seu grupo ou categoría equivalente, conservando o conxunto das retribucións de orixe. (L. 31/1995. Artigo 26).

Artigo 34º.-Comisión de seguimento da contratación.

Establécese unha comisión de seguimento da contratación, que estará formada pola comisión paritaria do convenio, e serán os seus compoñentes os mesmos que procederon ó asinamento deste convenio.

Artigo 35º.-Vinculación á totalidade.

O presente convenio colectivo do comercio de alimentación de Ourense é considerado como un todo, polo que a anulación de calquera artigo del pola autoridade laboral ou xudicial levvará consigo e deixará sen efecto o acordado na negociación de 1998, debendo procederse á renegociación do dito convenio.

Convenio colectivo alimentación Ourense 1998

Incremento sobre 1997: 3,00%

Táboas salariais

Grupo

profesional

Nivel

retributivo

Categorías incluídas Salario

base

Salario

anual

Valor

cuadrienio

IA)Director112.6891.690.3385.634
B)Xefe administración

Xefe de vendas

Xefe de compras

105.647

105.647

105.647

1.584.707

1.584.707

1.584.707

5.282

5.282

5.282

C)Supervisor

Coordinador xeral

Xefe de centro

98.603

98.603

98.603

1.479.044

1.479,.044

1.479,.044

4.930

4.930

4.930

IIA)Xefe de almacén

Xefe de supermercado

Xefe de sección

92.968

92.968

92.968

1.394.517

1.394.517

1.394.517

4.648

4.648

4.648

Grupo

profesional

Nivel

retributivo

Categorías incluídas Salario

base

Salario

anual

Valor

cuadrienio

B)Analista

Responsable expedición

Recepcionista

91.666

91.666

91.666

1.374.988

1.374.988

1.374.988

4.583

4.583

4.583

C)Oficial administrativo

Programador

88.742

88.742

1.331.126

1.331.126

4.437

4.437

IIIA)Mecánico

Electricista

Oficial 1ª chofer

Operador informática

Capataz

Viaxante

85.927

85.927

85.927

85.927

85.927

85.927

1.288.901

1.288.901

1.288.901

1.288.901

1.288.901

1.288.901

4.296

4.296

4.296

4.296

4.296

4.296

B)Dependente

Oficial 2ª chofer

Auxiliar caixa reponedor

Auxiliar caixa dependente

Auxiliar caixa

Auxiliar gravación

Auxiliar administrativo

Axudante mecánico

Axudante electricista

Peón mantemento

Mozo especializado

81.700

81.700

81.700

81.700

81.700

81.700

81.700

81.700

81.700

81.700

81.700

1.225.494

1.225.494

1.225.494

1.225.494

1.225.494

1.225.494

1.225.494

1.225.494

1.225.494

1.225.494

1.225.494

4.085

4.085

4.085

4.085

4.085

4.085

4.085

4.085

4.085

4.085

4.085

C)Telefonista

Mozo de reparto

Mozo reponedor

Oficial 3ª

Axudante

Persoal limpeza

78.884

78.884

78.884

78.884

78.884

78.884

1.183.254

1.183.254

1.183.254

1.183.254

1.183.254

1.183.254

3.944

3.944

3.944

3.944

3.944

3.944

Plus actividade5.636

5920