Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 7.993

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio da pel, calzados e bolsos de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector do comercio da pel, calzados e bolsos de Ourense (código nº 3200135) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica, pola Asociación Provincial de Empresarios do Comercio da Pel, Calzados e Bolsos,

e, da parte social, polas centrais sindicais, CC.OO., UGT e CIG, todas elas con capacidade e lexitimidade sufuciente para asinalo, na xuntanza celebrada o día 14-5-1998, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios de Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo.

Esta dirección provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 8 de xuño de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo do comercio da pel

de Ourense 1998

Artigo 1º.-Partes asinantes.

As partes asinantes do presente convenio son a Asociación Provincial de Empresarios de Calzados e Bolsos de Ourense e a central sindical CC.OO., que ten o 100% de representación social, ambas con lexitimidade suficiente para o asinamento deste, segundo o disposto no artigo 87 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

Nos seus aspectos territorial, funcional e persoal o presente convenio afectará ás empresas establecidas ou que se poidan establecer en Ourense, xa sexan naturais ou xurídicas as persoas titulares delas, que se dediquen ás actividades de comercio da pel en xeral, tanto por xunto como polo miúdo, e ás que sexa de aplicación a Ordenanza laboral de traballo para o comercio e, así mesmo, ás relacións laborais entre tales empresas e os productores que nela presten o seus servicios.

Artigo 3º.-Vixencia.

O presente convenio entrará en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 1998, independentemente da súa publicación no BOP. Este convenio será de aplicación na súa totalidade, ata que se asine outro que o substitúa.

Artigo 4º.-Duración.

Establécese para o presente convenio unha duración dun ano, é dicir, ata o 31 de decembro de 1998, prorrogable pola tácita de ano en ano a partir de 1998, en períodos anuais, sempre que non sexa denunciado por algunha das partes que o subscribe, antes do termo da súa vixencia inicial ou de calquera das súas prórrogas.

Os requisitos formais da denunia serán os establecidos no artigo 89 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras establecidas polo presente convenio establécense co carácter de mínimas dentro das condicións pactadas. Respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cás aquí pactadas, manténdose ad personam en canto excedan do cómputo anual.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión mixta paritaria de interpretación e vixilancia do convenio integrada polas persoas asinantes deste, tal e como sinala na súa disposición derradeira terceira.

Artigo 7º.-Funcionamento da comisión mixta paritaria.

En caso de reclamación sobre materia regulada no convenio, a comisión mixta paritaria, oída a representación sindical dos traballadores do centro de traballo afectado e a dirección da empresa, dictaminará por maioría sobre o asunto. De non ser aceptado o dictame da comisión mixta paritaria, resolverá a autoridade laboral competente en cada caso.

Artigo 8º.-Vacacións.

As vacacións serán de trinta días naturais para cada traballador/a. Este período poderase dividir en dous, os cales se fixarán de común acordo entre empresas e representantes dos traballadores, fixando o calendario de desfrute nos tres primeiros meses do ano, debendo coñece-los traballadores o dito calendario con dous meses de antelación á data do comezo delas, tal como establece a lexislación vixente.

Artigo 9º.-Salario base.

Os salarios base do presente convenio serán os que figuran na táboa anexa a este.

Artigo 10º.-Antigüidade.

O persoal comprendido no presente convenio percibirá aumentos periódicos por ano de servicio, consistentes no aboamento de cuadrienios na contía do 6% do salario correspondente á categoría na que estea clasificado.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

As empresas deberán aboar tres pagas extraordinarias: unha en xullo, outra en decembro e outra de beneficios, que se pagará entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo. Cada unha estará integrada por

unha mensualidade do salario total do convenio e o premio de antigüidade que será considerado, se é o caso, sobre o salario actualizado á data en que sexa pagada e incluso a de beneficios, para aqueles que regulamentariamente ou por pacto os teñan recoñecidos, de tal maneira que o importe destas teña que ser igual ó das mensualidades ordinarias, constituíndo 15 pagas anuais.

Artigo 12º.-Axuda de estudios.

Establécese unha axuda mensual de 575 ptas. para os fillos dos traballadores que cursen BUP ou ensinanzas inferiores e de 1.219 ptas. ó mes para estudios superiores. Os ditos importets quedarán conxelados desde o asinamento do presente convenio. a medida que desaparezan as causas que o orixinan.

Artigo 13º.-Remuneración anual.

A remuneración anual total será a establecida no presente convenio correspondente a cada categoría, incluída a antigüidade, pagas extraordinarias, beneficios e axudas de estudios cando a xornada sexa a tempo parcial ou reducida. Nos casos de enfermidade, vacacións e licencias aplicarase o disposto na Ordenanza laboral do comercio.

Artigo 14º.-Xornada.

A xornada laboral para a vixencia do presente convenio será de 1.800 horas en cómputo anual. A xornada semanal será de luns a sábado, terminando a xornada ás 13.30 horas do sábado, ata o asinamento do seguinte convenio, respectándose en todo caso os límites de traballo fixados para a xornada diaria e descanso entre xornadas establecidas no texto refundido do Estatuto dos traballadores, Lei 1/1995, do 24 de marzo.

Como consecuencia da instalación en Ourense dunha gran superficie como é Continente, ámbalas partes manifestan que, no caso de que a instalación desta inflúa no comercio da pel en Ourense, se reunirá a comisión paritaria do convenio para analiza-la situación e toma-las medidas que se consideren máis idóneas para palia-la situación.

Fíxanse como días libres no sector para tódolos efectos, para escoller entre empresa e traballadores, un día de entre o 16 e o 20 de novembro, e poderán ser modificadas as datas, por acordo entre empresa e traballadores.

Fíxanse como días para traballar, como consecuencia das festas de Nadal e de acordo coa tradición con que se vén facendo, os seguintes sábados pola tarde do mes de decembro 12, 19 e 26 e o 2 de xaneiro de 1999, tendo os ditos sábados pola tarde a consideración de xornada efectiva de traballo, sempre e cando non se superen as 18 horas de xornada efectiva establecida no presente artigo. Aqueles traballadores que realicen o seu traballo o sábado pola tarde terán dereito ó descanso equivalente e a mesma proporción ás horas traballadas ou á súa compensación económica, se así o acordan entre empresas e traballadores.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes do presente convenio establecen como unha guía adecuada para a creación do emprego a reducción das horas extraordinarias, e para este efecto recomendan a súa supresión. Non obstante o anterior, poderán realizarse as horas extraordinarias que sexan consideradas como estructurais ou forza maior. Para os efectos de considerar cales son as horas estructurais ou de forza maior observarase o disposto no punto cuarto do Acordo Nacional de Emprego, así como o disposto no Real decreto 1858/1981, do 29 de agosto.

Artigo 16º.-Premio de xubilación.

O persoal que se xubile dentro da idade de 64 anos ou antes do cumprimento desta, ademais do que lle corresponde segundo a lexislación vixente, percibirá como premio de xubilación unha mensualidade completa.

As empresas afectadas polo presente convenio poderán pacta-la xubilación especial ós 64 anos de idade, de conformidade co disposto na Lei 14/1981, do 17 de outubro, que a desenvolve, así como as demais disposicións legais que regulen o dito tipo de xubilación no futuro.

Artigo 17º.-Publicidade.

As empresas afectadas por este convenio deberán ter un exemplar del no centro de traballo por coñecemento do persoal. Así mesmo, colocarán no taboleiro de anuncios copias dos boletíns de cotización á Seguridade Social co fin de que os traballadores constaten a súa situación laboral mensualmente.

Artigo 18º.-Baixa po I.T.

A baixa por maternidade terá a retribución do 100% do salario neto que viña percibindo. No caso de que a traballadora opte por desfrutar dúas semanas antes do parto, segundo determina a OMS, respectáselle a mencionada retribución.

Artigo 19º.-Dereitos sindicais.

a) As empresas deberán cumpri-lo texto refundido do Estatuto dos traballadores, Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e, sé o caso, a normativa que poda substituíla ou modificala e os acordos nacionais asinados entre ámbalas partes sobre esta materia, de forma clara e progresiva. Os delegados de persoal exercerán de forma mancomunada perante o empresario a representación para a que foron elixidos, intervindo en cantas cuestións se susciten en relación coas condicións de traballo e do persoal que representan, formulando reclamacións perante a autoridade laboral ou entidades xestoras da Seguridade Social, segundo proceda, sobre o cuprimento das relativas a seguridade e hixiene no traballo e Seguridade Social. Os comités de empresa recibirán información que lles será facilitada trimestralmente, polo menos sobre a situación da producción, vendas da empresa, sobre a súa programación de producción, vendas da empresa, sobre

a súa programación de producción e evolución probable do emprego na empresa, coñece-lo balance de resultados, a memoria e, en caso de revesti-la forma xurídica de sociedade, dos demais documentos, que se lles dean ós socios e nas mesmas condicións que a estes. Emitir informe con carácter previo sobre restructuración de cadro de persoal e cadros bancarios.

b) En tódolos contratos, modificacións e prórrogas destes, poderase incluír, xunto coa sinatura do empresario e traballador, a dun representante sindicial dos traballadores, e enténdese por estes, os membros das seccións sindicais, comité de empresa e delegados de persoal.

c) A dirección da empresa no prazo dunha semana entregaralles copia do contrato ou documento que o modifique ós representantes sindicais dos traballadores.

d) Cláusula sobre liquidacións: tódolos recibos de liquidación deberán especificar, con toda claridade, xunto cos demais conceptos adecuados ó traballador, os correspondentes atrasos do convenio e os derivados da aplicación da cláusula de revisión, se os houbese.

e) As relacións, laborais serán prioritariamente de carácter indefinido. No obstante, cando as circunstancias o esixan, podrán celebrar contratos por tempor determinado, respectando o principio xeral de estabilidade e garantindo, en todo caso, a estricta causalidade da contratación. Para iso, a empresa notificaralles ós representantes dos traballadores para determinar se as circunstancias específicas xustifican o uso de calquera das modalidades de contratación temporal.

Artigo 20º.-Cláusula de desvinculacion.

As empresas afectadas por este convenio colectivo só poderán non aplica-lo réxime salarial no pactado por acordo maioritario da comisión paritaria do convenio, e referendo da maioría da totalidade do cadro de persoal de traballadores da empresa, ós que lles é de aplicación o convenio, mediante asemblea legalmente constituída. Ademais, a desvinculación do réxime salarial deberá servir para superar unha situación de crise económica da empresa, provocada por perdas nos últimos dous exercicios contables.

A empresa afectada deberá solicitarlle á comisión paritaria a aplicación desta cláusula por escrito, no que consten os datos da empresa, a reducción salarial proposta e a duración da desvinculación. Así mesmo, deberá presenta-la documentación que lle sexa solicitada pola comisión paritaria para a resolución da petición, a cal deberá producirse no prazo dun mes.

No caso de considerar fundada a solicitude, a comisión paritaria establecerá o nivel retributivo que se aplicará na empresa afectada, que en ningún caso afectará a estructura establecida para o salario do convenio.

En todo caso, o beneficio da non aplicación só se estende ata a finalización do período de vixencia establecido para o nivel retributivo vixente no momento da solicitude. Rematado este, a empresa deberá recupera-lo nivel establecido no convenio seguinte.

Os acordos da comisión paritaria e da asemblea de traballadores/as reflectiranse en actas que se rexistrarán no SMAC.

Artigo 21º.-Igualdade no traballo.

Respectarase o principio de igualdade no traballo para tódolos efectos, e non se admitirán discriminacións por razón de sexo, idade, ideoloxía, raza, minusvalidez, etc. Así mesmo, as empresas garantirán a percepción de igual salario en igual función, respectándose para todo o persoal con contrato de traballo ou sen el, unha vez cumpridos os 18 anos, as táboas vixentes no presente convenio.

Artigo 22º.-Fomento da contratación.

De conformidade co establecido no artigo 15.1º.b do Estatuto dos traballadores, para unha menor precarización do emprego que se deriva do actual ciclo económico, o contrato por circunstancias de mercado, acumulación de tarefas e exceso de pedidos a que se refire o dito artigo poderá celebrarse cunha duración mínima de seis meses e un máximo de trece meses e medio nun período de dezaoito meses. O seu réxime xurídico será equivalente ó do contrato por tempo indefinido no tocante ó desfrute de beneficios salariais, complementos, etc.

O presente contrato sométese a un réxime específico de extinción con esixencia de aviso previo escrito con, polo menos, 15 días de antelación, de 12 días por ano traballado, entendéndose que a dita indemnización corresponde por finalización das prórrogas xa que, en caso de se produci-la extinción por causa non imputable ó traballador, este terá dereito a percibi-la indemnización que legalmente corresponda por despedimento.

No suposto de non se produci-la extinción ó remate do tempo máximo de duración dos tres anos, se o traballador seguise a presta-los seus servicios á empresa, o contrato transformarase en indefinido.

Durante a vixencia do presente convenio, a conversión en indefinidos dos contratos que se concertasen con carácter temporal ou por duración determinada, acolleranse ó disposto na alínea b), parágrafo 2º da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, de medidas urxentes para a mellora do mercado e fomento da contratación indefinida, en virtude da cal os ditos contratos quedarán incluídos no réxime previsto para os contratos de fomento da contratación indefinida.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O incremento salarial do presente convenio é dun 2,4% durante a vixencia do convenio.

Segunda.-En todo caso, no que non se atope expresamente previsto no presente convenio haberá que aterse ó disposto na Ordenanza laboral de traballo no comercio, mentres ámbalas partes non acorden substituíla polo convenio colectivo, no caso de que fora derrogada, Lei do Estatuto dos traballadores, así como a Lei orgánica de liberdade sindical e todas aquelas disposicións legais de aplicación.

Terceira.-A comisión paritaria do convenio estará formada polas persoas asinantes do presente convenio.

Cuarta.-As partes que asinan o presente convenio recoñecen a importancia que para o comercio da pel tería que o día 19 de marzo, día de San Xosé, fose festivo, e como desde os últimos anos non foi posible que se declarara festivo o dito día nin a nivel autonómico nin a nivel local, as partes asinantes do presente convenio acordan que para 1998 se fixe como día libre en compensación do exceso da xornada anual o 19 de marzo,

Quinta.-Cláusula de submisión ó AGA.

Ante a importancia que poida supoñer para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo AGA, asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CIG, as partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA, nos propios termos en que están formuladas.

Sexta.-Ante a importancia que podería ter para a creación de emprego unha adecuada regulación das relacións laborais, as partes asinantes do presente convenio acordan reunirse no mes de setembro para estudiar todas aquelas cuestións que, como consecuencia do Acordo Nacional sobre o Emprego asinado entre a CEOE e as centrais sindicais CC.OO. e UGT, poidan desenvolverse a través da negociación colectiva co obxecto de que poidan trasladarse ó convenio colectivo de 1998.

ANEXO I

TÁBOA SALARIAL

Xefe de división105.816 ptas.

Encargado xeral e xefe de compras101.936 ptas.

Xefe de sucursal ou almacén101.968 ptas.

Xege de sección mercantil98.110 ptas.

Encargado96.183 ptas.

Viaxante96.183 ptas.

Dependente de 25 anos92.329 ptas.

Dependente de 22 a 25 anos87.219 ptas.

Axudante86.073 ptas.

Mozo86.073 ptas.

Traballadores de 16 a 18 anos53.327 ptas.

Xefe administrativo101.968 ptas.

Contable96.283 ptas.

Oficial administrativo92.329 ptas.

Auxiliar administrativo86.073 ptas.

Aspirante de 16 a 18 anos53.327 ptas.

Auxiliar de caixa maior de 20 anos87.220 ptas.

Auxiliar de caixa de 16 a 18 anos53.327 ptas.

Escaparatista100.811 ptas.

Persoal de limpeza salario/hora604 ptas.

5914