Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.013

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1998 pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

Dentro do programa de actividades de formación continua da EGAP para 1998, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia, que, como modelo oficial, se recolle no anexo II desta resolución.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso no presente ano.

3. O prazo e mailos lugares de presentación das instancias serán os que se sinalan para cada curso no precitado anexo I.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no aludido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. Os criterios selectivos que se van utilizar serán os referidos específicamente no dito anexo I para cada curso.

2. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da Escola Galega de Administración Pública e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán, e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarta.-Certificacións de asistencia.

1. Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos, a EGAP poderá fixa-la realización das probas ou controis que considere oportunos ou requiri-la presentación dun traballo final de prácticas.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser

xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitar copia das certificacións recibidas ós servicios de persoal do centro directivo ó que estean adscritos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Sexta.-Financiamento.

En razón dos fondos con que se financiarán estes cursos, a súa realización efectiva está condicionada á transferencia daqueles por parte do Instituto Nacional de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Curso: informática básica para usuarios do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia (20 edicións).

1. Obxectivos.

Mellora-los coñecementos dos usuarios do SXPA sobre conceptos básicos en materia informática e sobre algunha das ferramentas utilizadas pola Xunta de Galicia como parte da plataforma tecnolóxica na que se basea o SXPA.

2. Destinatarios.

Usuarios finais do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia.

3. Criterios de selección.

Que sexan usuarios finais do SXPA, circunstancia que será acreditada pola Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia e Administración Pública, segundo a lista de usuarios activos no sistema o 30 de xuño de 1998.

No caso de que nunha provincia ou servicios centrais o número de solicitantes supere o número de

prazas ofertadas (40 para cada provincia e 40 para servicios centrais), unicamente se considerarán as solicitudes de usuarios que durante os meses de maio e xuño de 1998 tivesen máis días de conexión ó sistema. Para tal efecto, na solicitude deberá indicarse obrigatoriamente o código identenficador do usuario xunto co seu nome.

A EGAP publicará as datas e a lista dos participantes para cada curso no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela. O número de edicións é de 20 (4 edicións para os usuarios de cada unha das catro provincias e 4 para os servicios centrais).

As datas serán as seguintes en función do lugar de celebración:

-A Coruña, Santiago de Compostela e Pontevedra: 1ª edición: do 7 ó 11 de setembro; 2ª edición: do 14 ó 18 de setembro; 3ª edición: do 21 ó 25 de setembro; 4ª edición: do 28 de setembro ó 2 de outubro.

-Lugo: 1ª edición: do 14 ó 18 de setembro; 2ª edición: do 21 ó 25 de setembro; 3ª edición: do 28 de setembro ó 2 de outubro; 4ª edición: do 6 ó 13 de outubro.

-Ourense: 1ª edición: do 14 ó 18 de setembro; 2ª edición: do 21 ó 25 de setembro; 3ª edición: do 28 de setembro ó 2 de outubro; 4ª edición; do 5 de outubro ó 9 de outubro.

4.3. Horarios: de 16.30 a 19.30 horas.

4.4. Prazas: 10 por edición.

5. Contido:

Introducción e conceptos básicos sobre sistemas informáticos; sistema operativo MS-DOS, Windows e Word.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de trinta e dous días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Consellería da Presidencia e Administración Pública, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

As instancias serán presentadas, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da Consellería da Presidencia, nos das súas delegacións ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: publicacións institucionais.

1. Obxectivos.

Formación do persoal que traballe no campo das publicacións para que adquira as competencias que en materia de edición se esixen para atopar un nivel de calidade aceptable; informar sobre as últimas novidades en materia de edición.

2. Destinatarios.

Representantes das consellerías no Consello de Publicacións e persoal da Xunta e organismos autónomos que traballe en publicacións institucionais.

3. Criterios de selección.

Pertencer ó Consello de Publicacións ou desempeñar, ou ter desempeñado, un posto de traballo relacionado con publicacións.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 40 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 16, 17, 18, 23, 24 e 25 de novembro.

4.3. Horarios: de 9.30 a 14.30 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido:

Características da publicación institucional; Preparar un orixinal. Lei de propiedade intelectual; Reimpresión; Impresión; Distribución e difusión; Lexislación da Xunta de Galicia sobre a materia.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta Resolución no DOG e será de trinta e dous días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Secretaría Xeral da Presidencia e serán presentadas no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: xestión de persoal docente (4 edicións).

1. Obxectivos.

Forma-los destinatarios nos aspectos técnico, organizativo, procedemental, xurídico e práctico na específica materia na que desenvolven o seu traballo, a xestión do persoal docente.

2. Destinatarios.

Persoal adscrito ós servicios de xestión de persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e persoal destinado nas secretarías dos institutos de educación secundaria.

3. Criterios de selección.

Ter relación directa co contido do curso, así como destino nos servicios de xestión de persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos institutos de educación secundaria, no marco xeral establecido pola Resolución do 27-6-1994 da EGAP (DOG nº 149, do 3-8-1994).

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña: do 19 de outubro ó 4 de novembro; Lugo: do 19 de outubro ó 4 de novembro; Ourense: do 9 ó 25 de novembro; Pontevedra: do 9 ó 25 de novembro.

4.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.4. Prazas: 25 por edición.

5. Contido:

Repercusión da LOXSE na xestión do persoal docente. Clases de persoal ó servicio das administracións públicas. O persoal docente e a súa especificidade. Acceso. Provisión de postos de traballo. Situacións administrativas. Retribucións. Dereitos e deberes. Outras cuestións.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 30 de setembro.

6.2. A correspondente documentación dirixirase á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e presentarase no rexistro xeral desa consellería, nos rexistros das súas delegacións provinciais, así como en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: xestión informática en producción e sanidade animal (4 edicións).

1. Obxectivos.

Actualiza-los coñecementos específicos de xestión informática en sanidade e producción animal.

2. Destinatarios.

Servicios veterinarios oficiais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

3. Criterios de selección.

Daráselle prioridade ás solicitudes daqueles veterinarios que teñan más relación cos sistemas de rexistro de animais, explotacións, transportistas e operadores comerciais, emisións de certificados sanitarios, autorizacións de traslado, etc., nas oficinas comarcais.

A distribución de participantes por localidades farase atendendo ó número de solicitudes por localidade e distancia ó posto de traballo.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo e Ourense os días 1-2, 5-9, 13-16, 19-23, 26 ó 30 de outubro.

4.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.4. Prazas: 15 por edición.

5. Contido:

Nocións básicas de informática. Manexo dun procesador de textos, follas de cálculo, etc. Windows, rede informática da Xunta de Galicia, Windows NT e aplicacións específicas de Sanidade e Producción Animal.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de trinta e dous días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso, dirixiranse á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e serán presentadas no rexistro xeral da mesma ou en calquera das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: análise técnica de proxectos de investimento en industrias agroalimentarias.

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal que intervén na xestión de axudas ó investimento en industrias agrarias na análise técnica dos proxectos para determina-la súa viabilidade.

2. Destinatarios.

Persoal titulado superior e medio da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria que intervén na xestión de axudas a industrias agroalimentarias.

3. Criterios de selección.

Os participantes deben cumpri-los requisitos sinalados no punto anterior e a súa selección virá determinada pola súa relación directa coa materia impartida.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 60 horas.

4.2. Lugar e datas:EGAP, do 1 de outubro ó 6 de novembro.

4.3. Horarios: xoves de 16.30 a 19.30 horas e venres de 9 a 14 horas e de 16 a 18 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido:

Industrias lácteas; Industrias cárnicas; Industrias vinícolas e doutros tipos.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e será de trinta e dous días naturais.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso, dirixiranse á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e serán presentadas no rexistro xeral da mesma ou en calquera das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: control de calidade de viños e derivados.

1. Obxectivos.

Especialización do persoal da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria relacionado con temas de control de calidade agroalimentaria.

2. Destinatarios.

Inspectores de calidade agroalimentaria e persoal da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, relacionado con temas de calidade agroalimentaria, así como persoal de consellos reguladores.

3. Criterios de selección.

Os participantes deben estar relacionados co control de calidade agroalimentaria.

A selección virá determinada pola directa relación dos participantes co control de calidade.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, ó longo do mes de novembro.

4.3. Horarios: a determinar, unha vez realizada a selección dos participantes.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido:

-Controis de calidade.

-Designación e presentación (normas comunitarias).

-Organización do sector vitivinícola.

-Revisión da lexislación do sector.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publi

cación desta resolución no DOG e rematará o 16 de outubro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso, dirixiranse á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e serán presentadas no rexistro xeral desta ou en calquera das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: fiscalidade na empresa agraria.

1. Obxectivos.

Ampliar e actualiza-los coñecementos da lexislación en materias de fiscalidade, contabilidade, xestión e organización do traballo na empresa agraria.

2. Destinatarios.

Profesores de capacitación agraria e técnicos de extensión agraria que imparten cursos e realizan actividades de xestión e contabilidade de explotacións agrarias.

3. Criterios de selección.

O curso diríxese a aquelas persoas que sendo profesores de capacitación ou técnicos de extensión agraria estean desenvolvendo actividades de xestión e impartindo cursos de formación de agricultores. Establécese a prioridade segundo o número de horas impartidas e o número de explotacións no grupo de xestión.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 32 horas.

4.2. Lugar e datas: Escola de Capacitación Agraria de Sergude-Boqueixón (A Coruña), do 19 ó 23 de outubro.

4.3. Horarios: de luns a xoves, de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas e venres de 10 a 14 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido:

-Planificación e organización do traballo na empresa agraria.

-Toma de decisións nas explotacións agrarias familiares.

-Contabilidade e xestión da empresa agraria.

-Lexislación tributaria.

-Seguridade e hixiene do traballo no sector agroalimentario.

-Seguridade Social agraria.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de trinta e dous días naturais e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso, dirixiranse á Subdirección Xeral de Extensión e Capacitación Agraria da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou en calquera das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: producción integrada en hortofruticultura.

1. Obxectivos.

Ampliar e actualiza-los coñecementos técnicos na producción de hotofruticultura integrada, con fertilización e tratamentos que respecten o medio natural.

2. Destinatarios.

Profesores e técnicos de extensión agraria que imparten cursos de formación en horta e froita e traballan en proxectos de hortofruticultura.

3. Criterios de selección.

O curso diríxese a aquelas persoas que sendo profesores de capacitación ou técnicos de extensión agraria estean desenvolvendo actividades de hortofruticultura e impartindo cursos de formación de agricultores. Establécese a prioridade segundo o número de horas impartidas nos cursos e nas actividades de campo.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 32 horas.

4.2. Lugar e datas: Escola Capacitación Agraria de Guísamo (A Coruña), do 5 ó 9 de outubro.

4.3. Horarios: de luns a xoves, de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas e venres de 10 a 14 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido:

-Conceptos básicos da producción integrada.

-Situación da producción integrada en Europa.

-Fertilización na producción integrada.

-¿Loita biolóxica ou loita integrada?

-As boas prácticas agrícolas.

-Límites de fertilización e de pesticidas na producción integrada.

-Posibilidades da producción integrada na horta e froita en Galicia.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de trinta e dous días naturais e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso, dirixiranse á Subdirección Xeral de Extensión Agraria da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou en calquera das súas delegacións provinciais, sen prexuizo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: Autocad avanzado.

1. Obxectivos.

Formar, tanto nos servicios centrais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, como en cada unha das súas delegacións provinciais, grupos de técnicos capaces de realizar proxectos e cartografía en CAD.

2. Destinatarios.

Persoal técnico da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

3. Criterios de selección.

Na selección que se efectuará disporanse tres prazas para cada delegación provincial, así como para os servicios centrais, sendo condición imprescindible para realizar este curso ter realizado o anterior de Autocad básico, levado a cabo o ano pasado.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 40 horas.

4.2. Lugar e datas: Coremain (Rúa do Hórreo, nº 100, Santiago de Compostela), do 2 ó 13 de novembro.

4.3. Horarios:De luns a venres, de 10 a 14 horas.

4.4. Prazas: 15.

5. Contido:

-Poliliñas, poliarcos e multilíneas. Áreas e rexións. Ordes LIST e STATUS. Zoom e encuadre. Vistas predefinidas e fiestras de traballo. Atributos. Bases de datos. Exportación e importación de ficheiros. Configuración dos menús de Opcións. Sistemas de coordenadas persoais. Planos de traballo. Obxectos 3D. Puntos de vista e vistas predefinidas. Ordes externas. Instalación e aplicacións externas de Autocad.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 5 de outubro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso, dirixiranse á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e serán presentadas no rexistro xeral da mesma ou en calquera das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: fiscalidade de explotacións agrarias.

1. Obxectivos.

Dota-los xestores das axudas a explotacións agrarias dos coñecementos específicos sobre o réxime fiscal das explotacións agrarias, tanto sexan estas persoas físicas como xurídicas.

2. Destinatarios.

Persoal do ILGG dos grupos A e B encargado da xestión das axudas do FEOGA e das relativas á modernización de explotacións agrarias (Regulamento do Consello 950/1997, 2079/1992, 2508/1992 e Lei 19/1995, de modernización de explotacións).

3. Criterios de selección.

A selección efectuarase en función da relación directa do funcionario coa tramitación de axudas a explotacións agrarias, procurando un reparto territorial de xeito que asista persoal das catro delegacións provinciais e de servicios centrais.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 56 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 5, 6, 12, 13, 19, 20, 26 e 27 de novembro.

4.3. Horarios: de 9 a 14 horas e de 16 a 18 horas.

4.4. Prazas: 25.

5. Contido:

-O imposto sobre a renda das persoas físicas.

-O imposto sobre sociedades.

-O imposto sobre sucesións e doazóns.

-O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Tanto na vertente das súas operacións comerciais como na adquisición de activos (investimentos) e nas transmisións de explotacións.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de trinta e dous días naturais e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso, dirixidas ó Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (ILGG), presentaranse no seu rexistro ou no de calquera dos seus servicios provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: propiedade intelectual.

1. Obxectivos.

Dar a coñece-la necesidade de respecta-la propiedade intelectual e formación sobre os dereitos e deberes derivados da aplicación da normativa vixente.

2. Destinatarios.

Dirixido exclusivamente ós profesionais da Xunta de Galicia que desenvolvan nos seus postos de traballo actividades vinculados dalgún xeito coa propiedade intelectual.

3. Criterios de selección.

A selección será determinada pola relación directa do posto de traballo co contido do curso, no marco xeral establecido pola Resolución do 27 de xuño de 1994 da EGAP, publicada no Diario Oficial de Galicia número 149, do 3 de agosto de 1994.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 15 ó 30 de outubro.

4.3. Horarios: xoves, de 10 a 14 horas e de 16.30 a 18.30 horas, venres de 9 a 13 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido:

Normativa sobre a propiedade intelectual. Dereitos de explotación, morais e económicos. Protección dos dereitos de propiedade intelectual. Entidades de xestión.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de trinta e dous días naturais e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e presentarase no rexistro xeral desa consellería, nos rexistros das súas delegacións provinciais, así como en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: aspectos básicos do funcionamento dos museos.

1. Obxectivos.

Mellora-la cualificación profesional dos participantes mediante a actualización e o incremento dos coñecementos teórico-prácticos do persoal que ocupa postos de traballo de vixilantes nos museos de Galicia.

2. Destinatarios.

Persoal que está a realizar tarefas de vixilancia nos museos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Criterios de selección.

Acreditación de traballar en museos públicos de Galicia como vixilantes.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugar e datas: salón de actos do Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago de Compostela, os días 19 e 26 de outubro e 2 de novembro.

4.3. Horarios: de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido:

-Aspectos xerais dos museos.

-Aspectos particulares dos museos galegos.

-Normas básicas de manipulación de obras e outras atencións ó obxecto museal.

-A seguridade no museo.

-A seguridade das persoas.

-A información e orientación ó visitante.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará dúas semanas antes da data de comezo do curso.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e presentaranse no rexistro xeral desa consellería, nos rexistros das súas delegacións provinciais, así como en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: formación en sistemas de información e valoración funcional (CMBD) (2 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar formación continuada sobre temas de especial interese desde o punto de vista sociosanitario para todo o persoal de centros residenciais de persoas maiores. Especialmente sobre a utilización de escalas de valoración xeriátrica relativos á autonomía funcional, tanto física como psíquica. Desenvolver actividades que lles faciliten unha relación de axuda ó ancián e á súa familia.

2. Destinatarios.

Médicos, diplomados de enfermería, ATS, traballadores de residencias e CAMPS, que non realizaron o mesmo curso.

3. Criterios de selección.

Preferentemente traballadores de residencias, por antigüidade, en función dos efectivos e necesidades de cada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares e datas: Oleiros (residencia asistida da 3ª idade): do 19 ó 23 de outubro; Vigo (residencia asistida da 3ª idade): do 5 ó 9 de outubro.

4.3. Horarios: de 16.30 a 20.30 horas.

4.4. Prazas: 15 por edición.

5. Contido:

-Sistemas de avaliación funcional.

-Xestión de recursos alternativos.

-Coordinación sociosanitaria.

-Utilidade do sistema de información.

-Conxunto mínimo básico de datos (CMBD): aplicación e explotación.

-Sistemas de maior complexidade: RUG e RAI.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 7 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: afrontando o proceso de morrer: coidados paliativos (6 edicións).

1. Obxectivos.

Prepara-lo persoal para recoñece-los dereitos e necesidades do moribundo e humanizar no posible esta fase, tanto cara ó propio residente, como ós seus familiares o seu contorno.

2. Destinatarios.

Persoal de residencias que teñan atención directa, especialmente persoal social e sanitario.

3. Criterios de selección.

Fundamentalmente traballadores sociais, médicos, ATS e auxiliares de clínica que atendan persoas en situación terminal.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugares e datas: Ferrol (residencia da 3ª idade): do 26 ó 28 de outubro; Oleiros (residencia asistida da 3ª idade): do 28 ó 30 de outubro; Vigo (residencia da 3ª idade O Meixoeiro): do 2 ó 4 de novembro; Pontevedra (residencia da 3ª idade Campolongo): do 4 ó 6 de novembro; Lugo (residencia da 3ª idade As Gándaras): do 9 ó 11 de novembro; Ourense (residencia da 3ª idade Nosa Señora dos Milagres): do 11 ó 13 de novembro.

4.3. Horarios: de 16.30 a 20.30 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido:

-Necesidades e dereitos do moribundo.

-Dilemas bioéticos: toma de decisións ó final da vida.

-O persoal sanitario e social ante a morte: práctica de actuación.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 7 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: trastornos de conducta do ancián asociados a demencias, depresións e outros trastornos psiquiátricos (6 edicións).

1. Obxectivos.

Mellora-la atención xerontolóxica e a calidade asistencial a través do coñecemento de pautas de atención do persoal psicoxeriátrico ante situacións de conflicto, fomentando o traballo en equipo e a necesaria interdisciplinariedade para resolver situacións.

2. Destinatarios.

Persoal de atención directa en residencias e centros de terceira idade.

3. Criterios de selección.

Auxiliares de clínica, ATS/DUE e camareiras-limpadoras. Preferentemente persoal de residencias.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugares e datas: Ourense (residencia da 3ª idade Nosa Señora dos Milagres): do 26 ó 28 de outubro; Lugo (residencia da 3ª idade As Gándaras): do 28 ó 30 de outubro; A Coruña (residencia da 3ª idade Torrente Ballester): do 9 ó 11 de novembro; Santiago de Compostela (residencia-fogar da 3ª idade): do 11 ó 13 de novembro; Marín (residencia-Fogar da 3ª idade): do 16 ó 18 de novembro; Vigo (residencia asistida da 3ª idade): do 18 ó 20 de novembro.

4.3. Horarios: de 16.30 a 20.30 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido:

-Trastornos psíquicos máis comúns no ancián e conflictos asociados: depresión, evolución.

-A intervención interdisciplinaria para mellora-la calidade de vida destas persoas e cómo evitar ou trata-las situacións de conflicto.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 7 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso para xefes de departamento das residencias da terceira idade.

1. Obxectivos.

Mellora das relacións persoais, a motivación, mellora do clima laboral, dirección de recursos humanos, a participación, o liderado.

2. Destinatarios.

Xefes de departamento de residencias con manexo de persoal.

3. Criterios de selección.

En función do número de traballadores ó seu cargo.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas:Oleiros (residencia asistida da 3ª idade): do 5 ó 9 de outubro.

4.3. Horarios: de 16.30 a 20.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido:

-Comportamento interpersoal.

-Elementos básicos de comunicación.

-Técnicas de información ó usuario.

-Técnicas de motivación.

-Habilidades conductuais para a supervisión, a dirección e o traballo en equipo.

-Cómo manexarse en situacións de tensión.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 7 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: Sistemas de información.

1. Obxectivos.

Da-la formación necesaria para poder implantar un sistema de información nos centros residenciais.

2. Destinatarios.

Directores, directores xerentes e mandos intermedios de centros residenciais.

3. Criterios de selección.

Antigüidade, en función das necesidades deada centro.

A EGAP publicará a lista dos participantes no taboleiro de anuncios da escola.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 13 ó 15 de outubro.

4.3. Horarios: de 10 a 14.30 horas e de 16 a 18.30 horas.

4.4. Prazas: 20.

5. Contido:

-Utilidade do sistema de información.

-Conxunto mínimo básico de datos (CMBD): aplicación e explotación.

-Sistemas de maior complexidade: RUG e RAI.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 7 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á División de Recursos Humanos, Servicio Galego de Saúde, San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

I Curso de formación de funcionarios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura para o recoñecemento das especies, artes e instalacións obxecto de procedementos administrativos por instancia de parte (5 edicións)

1. Obxectivos.

Formación do persoal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura no recoñecemento das especies, artes e instalacións do mundo da pesca e da acuicultura que son obxecto do seu traballo.

2. Destinatarios.

Persoal funcionario e laboral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

3. Criterios de selección.

3.1. Estar destinado na localidade na que se organiza o curso.

3.2. Traballar directamente cos procedementos por instancia de parte relacionados co contido do curso.

3.3. En caso de necesidade, terase en conta como criterio selectivo a antigüidade.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 40 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña (Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, sala do I.S.M.), os días 1, 2, 3, 4, 7, 8, 9, 10, 11 e 14 de setembro.

-Celeiro (aulas de formación da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura), os días 15, 16, 17, 18, 21, 22, 23, 24, 25 e 28 de setembro.

-Santiago de Compostela (sala de xuntas da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura): 1ª edición: os días 1, 2, 5, 6, 7, 8, 9, 13, 14 e 15 de outubro; 2ª edición: os días 2, 3, 4, 5, 6, 9, 10, 11, 12 e 13 de novembro.

-Vigo (Instituto Politécnico Martímo Pesqueiro do Atlántico): os días 19, 20, 21, 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de outubro.

4.3. Horarios: de 16 a 20 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido:

-Coñecemento das diferentes especies que son obxecto de explotación na pesca, o marisqueo e a acuicultura en Galicia, con especial referencia ás vedas e tamaños mínimos de comercialización.

-Artes e aparellos autorizados en Galicia.

-Das embarcacións da pesca e auxiliares da acuicultura: límites ó exercicio da actividade da pesca. Permisos de explotación. Planos de explotación. Alternancia de artes.

-A acuicultura. As súas instalacións. A lexislación aplicable. Os procedementos administrativos por instancia de parte en materia de acuicultura.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes será de trinta e dous días naturais e comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Subdirección Xeral de Recursos Mariños da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, San Caetano, nº 5 - 2º. Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro da devandita consellería, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: a asistencia xurídica gratuíta.

1. Obxectivos.

Familiariza-las persoas que traballan directa ou indirectamente con órganos que interveñen no recoñecemento do dereito á asistencia xurídica gratuíta coa nova regulación, así como aqueles traballadores sociais que realicen funcións de información e asesoramento.

2. Destinatarios.

Funcionarios da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, persoal ó servicio da Administración de Xustiza destinado na Comunidade Autónoma de Galicia, membros das comisións e delegacións de asistencia xurídica gratuíta e traballadores sociais dependentes da Administración autonómica que desenvolvan funcións de información e asesoramento.

3. Criterios de selección.

Os membros das comisións e delegacións de asistencia xurídica gratuíta e o seu persoal funcionario de apoio prioritariamente, e os demáis solicitantes de acordo con criterios de antigüidade e cursos realizados.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 28 de setembro ó 1 de outubro.

4.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.4. Prazas: 40.

4.5. Certificado: o certificado de asistencia non computará para os efectos previstos nos reais decretos 249/96, do 16 de febreiro e 296/1996, do 23 de febreiro.

5. Contido:

-O dereito á asistencia xurídica gratuíta.

-Ámbito persoal de aplicación da lei.

-Competencia e procedemento.

-Organización colexial e compensación económica.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 4 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, praza de Europa, 5 A - 4º. Polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, e presentaranse, xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados, no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: o estatuto xurídico dos funcionarios de xustiza.

1. Obxectivos.

Desenvolvemento dos contidos do Decreto 296/1996, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico de médicos forenses e do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico de oficiais, auxiliares e axentes.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración de Xustiza destinado na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Criterios de selección.

Funcionarios titulares con preferencia ós interinos, antigüidade e cursos realizados.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 5 ó 8 de outubro.

4.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

4.5. Certificado: o certificado de asistencia non computará para os efectos previstos nos reais decretos 249/96, do 16 de febreiro e 296/1996, do 23 de febreiro.

5. Contido:

-Ingreso no corpo.

-Situacións administrativas. Excedencias.

-Postos de traballo.

-Dereitos, deberes e incompatibilidades.

-Réxime disciplinario.

-Perda da condición de funcionario.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 4 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, praza de Europa, 5 A - 4º, Polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, e presentaranse xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: responsabilidade civil derivada do funcionamento anormal da Administración de Xustiza.

1. Obxectivos.

Potencia-los coñecementos dos participantes en materia de responsabilidades das administracións públicas e do persoal ó seu servicio.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración de Xustiza destinado na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Criterios de selección.

Funcionarios titulares con preferencia ós interinos, antigüidade e cursos realizados.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 26 ó 29 de outubro.

4.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

4.5. Certificado: o certificado de asistencia non computará para os efectos previstos nos reais decretos 249/96, do 16 de febreiro e 296/1996, do 23 de febreiro.

5. Contido:

-Responsabilidade polo funcionamento anormal da Administración de Xustiza. Responsabilidade das

autoridades e persoal ó servicio das Administracións públicas.

-Principios e procedementos da responsabilidade patrimonial da Administración.

-A responsabilidade civil no Código penal.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 4 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, Praza de Europa, 5 A - 4º Polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela e presentaranse xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: o persoal ó servicio da Administración de Xustiza no contorno da Unión Europea.

1. Obxectivos.

Analizar e compara-la situación do persoal ó servicio da Administración de Xustiza nos países membros da Unión Europea.

2. Destinatarios.

Persoal da Administración de Xustiza destinado da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Criterios de selección.

Funcionarios titulares con preferencia ós interinos, antigüidade e cursos realizados.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 12 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, do 30 de novembro ó 3 de decembro.

4.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.4. Prazas: 20.

4.5. Certificado: o certificado de asistencia non computará para os efectos previstos nos reais decretos 249/96, do 16 de febreiro e 296/1996, do 23 de febreiro.

5. Contido:

-Estudio comparativo da situación do persoal ó servicio da Administración de Xustiza no contorno europeo e no contorno insular.

-Gran Bretaña, Francia e Alemaña.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publi

cación desta resolución no DOG e rematará o 4 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ó curso dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, Praza de Europa, 5 A - 4º, Polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, e presentaranse xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: Windows NT Server (2 edicións).

1. Obxectivos.

Obte-los coñecementos suficientes para poder dominar con profundidade Windows NT server.

2. Destinatarios.

Persoal informático do Servicio Galego de Colocación.

3. Criterios de selección.

A selección efectuarase coa seguinte orde de prioridade:

-Persoal informático do Servicio Galego de Colocación.

-Demais persoal informático da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en servicios centrais e delegacións provinciais.

-Persoal con tarefas informáticas da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en servicios centrais e delegacións provinciais.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugares e datas: o curso celebrarase nos locais de Proinsys (rúa Romero Donallo, nº 33 baixo. Santiago de Compostela), os días 19, 20, 21, 22, 23, 26, 27 e 28 de outubro.

4.3. Horarios: 1ª edición: de 11 a 14 horas (os días 19, 20, 21, 26, 27 e 28 de outubro) e de 10.30 a 14 horas (os días 22 e 23 de outubro).

-2ª edición: de 17 a 20 horas (os días 19, 20, 21, 26, 27 e 28 de outubro) e de 16.30 a 20 horas (os días 22 e 23 de outubro).

4.4. Prazas: 15 por edición.

5. Contido:

-Planificación, instalación e configuración.

-O rexistro de Windows NT.

-A rede Windows NT. Arquitectura da rede NT. Dominios.

-Conectividade con contornos UNIX.

-Optimización de Windows NT.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 25 de setembro.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Subdirección Xeral de Colocación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e presentaranse no rexistro xeral desta ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso básico de información, orientación e asesoramento á xuventude (2 edicións).

1. Obxectivos.

Forma-lo persoal das casas da xuventude e das oficinas e puntos de información xuvenil a nivel teórico-práctico sobre as distintas asesorías que se poden levar a cabo nas oficinas de información xuvenil: emprego, educación, vivenda, servicio social, militar, voluntariado, programas europeos para a xuventude.

2. Destinatarios.

Persoal das casas da xuventude dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e responsables das oficinas e puntos de información xuvenil da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Criterios de selección.

Persoal das casas da xuventude dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia e responsables das oficinas de información xuvenil da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 42 horas.

4.2. Lugar e datas: Casa da Xuventude, praza do Matadoiro, Santiago de Compostela. 1ª edición: 6, 7, 8, 13, 14 e 15 de outubro; 2ª edición: 3, 4, 5, 10, 11 e 12 de novembro.

4.3. Horarios: de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

4.4. Prazas: 20 por edición.

5. Contido:

-Introducción e esquema básico da estructura do sistema educativo na Lei xeral de educación e na LOXSE e a súa aplicación nunha oficina de información xuvenil (15 horas).

-Introducción e esquema básico sobre o acceso ó mercado laboral por conta allea (na empresa pública e na privada) e como autónomo e empresario.

As distintas axudas á creación de emprego e a súa aplicación nunha oficina de información xuvenil (12 horas).

-Introducción e esquema básico sobre o voluntariado, a prestación social substitutoria e o servicio militar e a súa aplicación nunha oficina de información xuvenil (2 horas).

-Introducción e esquema básico sobre as axudas á vivienda para xoves e a súa aplicación nunha Oficina de Información Xuvenil (2 horas).

-Introducción e esquema básico sobre os recursos da Unión Europea para a xuventude (2 horas).

-A utilización da RIX como ferramenta da información (9 horas).

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 10 de setembro.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: sexualidade: modelos educativos en infancia e adolescencia (3 edicións).

1. Obxectivos.

Coñecer distintos modelos educativos da sexualidade na infancia e adolescencia para o traballo deste aspecto na formación cos menores.

2. Destinatarios.

Educadores de centros de menores propios da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

3. Criterios de selección.

Educadores de centros propios da Administración autónoma de Galicia. Daráselle prioridade a aqueles educadores con contrato laboral fixo, mantendo a oferta aberta aqueloutros que presten os seus servicios nos centros propios en base a contratacións temporais ou convenios de colaboración.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar datas: EGAP, 1ª edición: 19, 20 e 21 de outubro; 2ª edición: 26, 27 e 28 de outubro; 3ª edición: 2, 3 e 4 de novembro.

4.3. Horarios: o primeiro e segundo día de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas, e o terceiro día de 10 a 14 horas.

4.4. Prazas: 25 prazas.

5. Contido:

Educación sexual: coñecementos e actitudes desde o punto de vista da infancia, adolescencia. Conceptualizacións básicas. Problemáticas da intervención. Uso e abuso da sexualidade.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 30 de setembro.

6.2. As solicitudes de admisión ós cursos dirixiranse á Dirección Xeral de Familia da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e presentaranse no rexistro xeral da dita consellería e nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: programa de mellora xenética forestal (4 edicións).

1. Obxectivos.

Formación dos axentes forestais sobre o concepto de mellora xenética e a súa aplicación ó monte galego.

2. Destinatarios.

Funcionarios da escala de axentes forestais con destino nos servicios provinciais de Montes e Industrias Forestais.

3. Criterios de selección.

Os establecidos publicamente na alínea a) do anexo á Resolución do 27 de de xuño 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto de 1994).

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugares e datas: A Coruña (Salón de Actos da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública), os días 14 e 15 de outubro.

Lugo (salón de actos da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública), os días 14 e 15 de outubro.

Ourense (salón de actos da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo), os días 20 e 21 de outubro.

Pontevedra (Escola de Capacitación Forestal de Lourizán), os días 20 e 21 de outubro.

4.3. Horarios: de 9 a 14 horas e de 16 a 18.30 horas.

4.4. Prazas: 60 por edición.

5. Contido:

Mellora xenética: introducción á mellora xenética; conceptos; proceso; lexislación vixente e a súa aplicación en Galicia; Plan de Mellora Xenética da Comunidade Autónoma.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 1 de outubro.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Consellería de Medio Ambiente e presentaranse no rexistro xeral dela e nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: actualización da normativa de control de obra á luz da nova Lei 13/95 de contratos das administracións públicas.

1. Obxectivos.

Actualiza-la formación do persoal técnico funcionario para a unificación de criterios no control da obra, dentro das competencias da Comunidade Autónoma.

2. Destinatarios.

Funcionarios técnicos dependentes dos Servicios de Montes e Industrias Forestais con responsabilidades en dirección de obra.

3. Criterios de selección.

Os establecidos publicamente na alínea a) do anexo á Resolución do 27 de de xuño 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto de 1994).

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 14 horas.

4.2. Lugar e datas: EGAP, os días 5 e 6 de outubro.

4.3. Horarios: de 9.30 a 14 e de 16 a 19 horas.

4.4. Prazas: 35.

5. Contido:

-Análise comparativa da antiga Lei de contratos e a normativa actual.

-Incidencia directa sobre a dirección de obra.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 1 de outubro.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Consellería de Medio Ambiente e presentaranse no rexistro xeral dela ou nos rexistros das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Curso: identificación, avaliación e prevención de danos causados pola fauna cinexética.

1. Obxectivos.

Adquisición polos participantes dos coñecementos necesarios para identificar, avaliar e previ-los danos causados polas distintas especies de fauna cinexética.

2. Destinatarios.

Técnicos e axentes forestais da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente.

3. Criterios de selección.

A selección virá determinada pola directa implicación das persoas na avaliación e prevención de danos producidos pola fauna cinexética.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugar e datas: recinto feiral de Silleda (Pontevedra), os días 6, 7, 13 e 14 de outubro.

4.4. Horarios: de 9 a 15 horas.

4.5. Prazas: 30.

5. Contido:

-Danos causados por ungulados silvestres (cérvidos, xabaril).

-Danos causados por carnívoros (cánidos, oso pardo).

-Danos causados por outras especies.

6. Solicitudes.

6.1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG e rematará o 15 de setembro.

6.2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente e nos rexistros das súas delegacións provinciais, así como no rexistro da devandita dirección xeral, sen prexuízo do disposto no artigo 38, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6733