Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.028

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1998 pola que se convocan varios cursos de formación continua para o persoal da Xunta de Galicia.

Dentro do programa de actividades de formación continua da EGAP para 1998, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia e certificación que, como modelos oficiais, se recollen no anexo II e III desta resolución, respectivamente.

2. Naqueles cursos que conten con varias edicións presentarase unha soa instancia e para unha única localidade.

3. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso no presente ano.

4. O prazo de presentación de instancias comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e será de trinta e dous días naturais.

5. As solicitudes, dirixidas ó director da EGAP, presentaranse no rexistro xeral da escola, sita na rúa de Madrid, 2-4, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no aludido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. Os criterios selectivos que se van utilizar serán os sinalados con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública, do 27 de xuño de 1994 (Diario Oficial de Galicia nº 149, do 3-8-1994).

2. Nos cursos que conten con varias edicións terá preferencia na selección efectuada para cada unha das localidades programadas o persoal que desempeñe o seu posto de traballo nelas.

3. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da Escola Galega de Administración Pública e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarta.-Certificacións de asistencia.

1. Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos da avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos, a EGAP poderá fixa-la realización das probas que considere oportunas ou requiri-la presentación dun traballo final de prácticas.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitar copia das certificacións recibidas ós servicios de persoal do centro directivo ó que estean adscritos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas a EGAP resérvase o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Sexta.-Financiamento.

En razón dos fondos con que se financiarán estes cursos, a súa realización efectiva está condicionada á transferencia daqueles por parte do Instituto Nacional de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

Curso: Xeral de Contratación administrativa para os grupos A e B (6 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar coñecementos específicos sobre a nova normativa de contratación pública.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II con destino na Administración da Xunta de Galicia interesados na materia obxecto do curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, os días 13, 14, 15, 19, 20, 21, 22 e 26 de outubro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido:

-Principios xerais.

-Actuacións previas.

-O contrato de obras.

-O contrato de xestión de servicios públicos.

-Contrato de subministracións.

-Outros tipos de contratos.

Curso: elaboración de disposicións de carácter xeral: a técnica normativa (2 edicións).

1. Obxectivos.

Mellora-la calidade na elaboración das normas xurídicas.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, licenciados en dereito, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións de elaboración e redacción normativa.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 25 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, 1ª edición: os días 14, 15, 16, 17, 21, 22, 23 e 24 de setembro; 2ª edición: os días 28, 29 e 30 de setembro; 1, 5, 6, 7 e 8 de outubro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido:

-O proceso de elaboración e aprobación da normativa na Xunta de Galicia.

-A remisión dos anteproxectos de lei ó Parlamento e a súa aprobación posterior.

-A publicidade das normas xurídicas. Técnica normativa: conceptos, principios e aplicación práctica.

Curso: a normativa comunitaria europea e a súa incidencia no ordenamento galego.

1. Obxectivos.

Estudio dos procedementos de adaptación das disposicións normativas galegas ó ordenamento comunitario.

2. Destinatarios.

Funcionarios da Xunta de Galicia, pertencentes os grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Xunta de Galicia, preferentemente licenciados en dereito, encargados por razón do seu posto de traballo da aplicación de políticas comúns en Galicia.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 25 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 1, 2, 3, 7, 8, 9 e 10 de setembro.

3.3. Horarios: de 17 a 20.30 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido:

Fase descendente:

-Transposición de directivas.

-Desenvolvemento de regulamentos.

-Defensa xurisdiccional ante o Tribunal de Xustiza de Luxemburgo.

-Estudio comparado da situación noutros entes territoriais europeos.

-Infraccións comunitarias.

Fase ascendente:

-Comitoloxía.

-Conferencias sectoriais.

-Participación noutros órganos comunitarios: estudio comparado.

Curso: o euro. A unión monetaria europea e a súa incidencia na Administración autonómica galega.

1. Obxectivos.

Estudio e preparación dos procedementos administrativos de adaptación precisos cara ó 1999.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II ó servicio da Xunta de Galicia, encargados por razón do seu posto de traballo da aplicación en Galicia de políticas comúns.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 25 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 28, 29 e 30 de setembro; 1, 5, 6, 7 e 8 de outubro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido:

-Aspectos xurídicos: adaptación de normas e contratos.

-Aspectos económicos: tributación e xestión económica, transferencias fiscais compensatorias.

-Información ós cidadáns.

Curso: políticas sectoriais e programas de financiamento da Unión Europea.

1. Obxectivos.

Unificar criterios e perfecciona-las liñas de actuación administrativa, en relación cos programas de interese rexional susceptibles de ser finaciados pola Unión Europea.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia que por motivo de desempeño concreto do seu posto de traballo teña relación directa cos distintos programas europeos de desenvolvemento rexional.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 19, 20, 21, 22, 26, 27 e 28 de outubro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 30.

4. Contido:

-Estudio e análise das políticas sectoriais da Comunidade Europea.

-Establecemento das distintas liñas de financiamento aplicables a programas da Xunta de Galicia.

Curso: xeral de xestión orzamentaria para os grupos A e B (6 edicións).

1. Obxectivos.

Propocionar coñecementos específicos en materia de xestión orzamentaria.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II con destino na Administración da Xunta de Galicia, interesados na materia obxecto do curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, e Vigo, os días 27, 28 e 29 de outubro; 2, 3, 4, 5 e 9 de novembro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido:

-Introducción ós orzamentos da Comunidade Autónoma galega.

-A execución dos diferentes capítulos orzamentarios.

-Modificacións orzamentarias.

-Liquidación e peche do orzamento.

Curso: xeral de contratación administrativa para os grupos C e D (seis edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar coñecementos específicos sobre a nova normativa de contratación pública.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV con destino na Administración da Xunta de Galicia, interesados na materia obxecto do curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, os días 13, 14, 15, 19, 20, 21 e 22 de outubro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido:

-Principios xerais.

-Actuacións previas.

-O contrato de obras.

-O contrato de xestión de servicios públicos.

-Contrato de subministracións.

-Outros contratos.

Curso: xeral de xestión orzamentaria para os grupos C e D (6 edicións).

1. Obxectivos.

Propocionar coñecementos específicos en materia de xestión orzamentaria.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV con destino na Administración da Xunta de Galicia, interesados na materia obxecto do curso.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, os días 16, 17, 18, 19, 23, 24 e 25 de novembro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 30 por edición.

4. Contido:

-Introducción ós orzamentos da Comunidade Autónoma galega.

-A execución dos diferentes capítulos orzamentarios.

-Modificacións orzamentarias.

-Liquidación e peche do orzamento.

Curso: xestión de persoal.

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos en materia de xestión do persoal das administracións públicas.

2. Destinatarios.

Funcionarios dos grupos C e D e persoal laboral dos grupos III e IV, destinados en unidades de recursos humanos da Administración da Xunta de Galicia.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 25 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 2, 3, 4, 5, 9, 10, 11 e 12 de novembro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 30.

4. Contido:

-Introducción ó tema.

-O persoal ó servicio das administracións públicas.

-Réxime xurídico e características de xestión dos diferentes tipos de persoal.

Curso: perfeccionamento do persoal de habilitación de gastos.

1. Obxectivos.

Análise das funcións e cometidos propios das unidades de habilitación.

2. Destinatarios.

Habilitados das consellerías e organismos autónomos da Xunta de Galicia.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 2, 3, 4, 5, 9, 10 e 11 de novembro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 30.

4. Contido:

-Xestión orzamentaria: principios básicos.

-Xestión de gastos: esquema xeral do procedemento. Os gastos menores.

-Réxime de pagos: pagos en firme.

-Provisión de fondos: anticipos de caixa fixa e pagos que hai que xustificar.

Curso: básico de arquivo.

1. Obxectivos.

A iniciación ó tratamento documental e ás técnicas de arquivo na Administración pública.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia pertencente ós grupos funcionariais C, D e E e laborais III, IV e V que no desempeño do seu posto de traballo leven a cabo tarefas de arquivo de documentación administrativa.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 16, 17, 18, 19, 23, 24 e 25 de novembro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 30.

4. Contido:

Información e documentación. O proceso documental. Os documentos das administracións públicas. As técnicas de arquivo.

Curso: as redes informáticas: a rede Internet.

1. Obxectivos.

Divulga-las posibilidades e vantaxes do funcionamento a través das redes informáticas.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia con coñecementos informáticos. Responsables de decisión da conexión coa rede Internet. Usuarios das redes informáticas, en especial da rede Internet.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 20 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 16, 17, 21, 22 e 23 de decembro.

3.3. Horarios: de 17 a 21 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido:

-O acceso a Internet.

-As conexións.

-As redes.

-As páxinas web e as canles de información.

-As canles de diálogo.

-O correo electrónico.

-Os foros de discusión (news).

Curso: iniciación á informática. O procesador de textos (12 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos básicos de informática, con especial atención ás posibilidades que ofrece o tratamento de textos na realización das tarefas administrativas.

2. Destinatarios.

O persoal de Administración da Xunta de Galicia.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 40 horas.

3.2. Lugares e datas: celebraranse dúas edicións do curso en cada unha das seguintes localidades:

-Santiago de Compostela: 2, 7, 8, 9, 14, 15, 16, 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de setembro; 5, 6, 7, 13, 14, 19 e 20 de outubro.

-A Coruña: 7, 8, 9, 10, 14, 15, 16, 17, 21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30 de setembro; 1, 5, 6, 8 e 13 de outubro.

-Lugo: 2, 3, 7, 8, 9, 10, 14, 15, 16, 17, 21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30 de setembro; 1, 6 e 7 de outubro.

-Ourense: 2, 7, 8, 9, 14, 15, 16, 17, 21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30 de setembro; 1, 5, 6, 7 e 8 de outubro.

-Pontevedra: 2, 7, 8, 9, 14, 15, 16, 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de setembro; 1, 5, 6, 7, 8, 13 e 14 de outubro.

-Vigo: 2, 3, 7, 8, 9, 10, 14, 15, 16, 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de setembro; 1, 5, 6, 7 e 8 de outubro.

3.3. Horarios (1ª edición): de 17 a 19 horas; (2ª edición): De 19 a 21 horas.

3.4. Prazas: 20.

4. Contido:

-Arquitectura dun ordenador.

-Estructura do sistema operativo.

-Estructura dos discos.

-Creación e edición de documentos.

-Tipos de letra e impresión de documentos.

-Fusións con bases de datos, mailings, etiquetas.

Curso: xestor de base de datos relacionais (12 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos introductorios no manexo do xestor de bases de datos relacionais.

2. Destinatarios.

Persoal de Administración da Xunta de Galicia que no seu posto de traballo utilice bases de datos.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugares e datas: celebraranse dúas edicións do curso en cada unha das seguintes localidades:

-Santiago de Compostela: 17, 18, 19, 23, 24, 25, 26 e 30 de novembro; 1, 2, 3, 9, 10, 14, e 15 de decembro.

-A Coruña: 9, 10, 11, 12, 16, 17, 18, 19, 23, 24, 25, 26 e 30 de novembro; 1 e 2 decembro.

-Lugo: 2, 3, 4, 5, 9, 10, 11, 12, 16, 17, 18, 19, 23, 24 e 25 de novembro.

-Ourense: 3, 4, 5, 9, 10, 12, 16, 17, 18, 19, 23, 24, 25, 26 e 30 de novembro.

-Pontevedra: 9, 10, 11, 12, 16, 17, 18, 19, 23, 24, 25, 26 e 30 de novembro; 1 e 2 de decembro.

-Vigo: 3, 4, 5, 9, 10, 11, 12, 16, 17, 18, 19, 23, 24, 25 e 26 de novembro.

3.3. Horarios (1ª edición): de 17 a 19 horas; (2ª edición): de 19 a 21 horas.

3.4. Prazas: 20 por edición.

4. Contido:

-Conceptos sobre bases de datos.

-Creación, actualización e ordenación dunha base de datos.

-Deseño de etiquetas e informes.

Curso: a folla de cálculo (12 edicións).

1. Obxectivos.

Proporcionar uns coñecementos introductorios para o manexo da folla de cálculo.

2. Destinatarios.

Persoal de Administración da Xunta de Galicia que no seu posto de traballo utilice folla de cálculo.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Lugares e datas: celebraranse dúas edicións do curso en cada unha das seguintes localidades.

-Santiago de Compostela: 21, 26, 27 e 28 de outubro; 2, 3, 4, 9, 10, 11, 12 e 16 de novembro.

-A Coruña: 14, 19, 20, 21, 26, 27, 28 e 29 de outubro; 2, 3, 4 e 5 de novembro.

-Lugo: 8, 13, 14, 15, 19, 20, 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de outubro.

-Ourense: 13, 14, 15, 19, 20, 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de outubro; 2 de novembro.

-Pontevedra: 15, 19, 20, 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de outubro; 2, 3 e 4 de novembro.

-Vigo: 13, 14, 15, 19, 20, 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de outubro; 2 de novembro.

3.3. Horarios (1ª edición): de 17 a 19 horas; (2ª edición): De 19 a 21 horas.

3.4. Prazas: 20 por edición.

4. Contido:

-Nocións de follas de cálculo.

-Introducción de datos.

-Os comandos da folla de cálculo.

-Copias de datos gráficos.

-Deseño de follas de cálculo.

Curso: a negociación colectiva nas administracións públicas.

1. Obxectivos.

Coñece-la organización e funcionamento das Administracións públicas en tódolos temas relacionados coa negociación colectiva.

2. Destinatarios.

Delegados/as sindicais integrantes das Xuntas de Persoal e comités de empresa.

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 25 horas.

3.2. Lugares e datas: EGAP, os días 30 de novembro; 1, 2, 3, 9, 10, 14 e 15 de decembro.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 25.

4. Contido:

-Lei orgánica de liberdade sindical.

-Lei de órganos de representación.

-A negociación colectiva nas administracións públicas.

-Funcionamento das mesas de negociación.

-Lei de eleccións e órganos de representación (Lei 18/1994, do 30 de xuño) (R.D. 1846/1994).

ANEXO III

D.

Secretario xeral/delegado provincial/responsable dos Servicios de Persoal na Consellería/Delegación Provincial de

CERTIFICO:

Que Don/a,

no desempeño do seu posto de traballo de

realiza tarefas directamente relacionadas co contido do curso solicitado.

..........................., ...... de...............de 1998

Asdo.:.................

6407