Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.034

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 30 de xuño de 1998 pola que se resuelve parcialmente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciados pola Orde do 27 de marzo de 1998.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, por Orde do 27 de marzo de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 64, do 3 de abril), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na sua nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei.

Esta consellería dispón

Primeiro.-Resolver parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciados pola Orde do 27 de marzo de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 64, do 3 de abril de 1998).

Segundo.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, e selecciona-los funcionarios que se relacionan no anexo I da presente orde.

Terceiro.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento de tratarse de mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso lles fosen concedidas ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto.-Contra a presente orde, que lle pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1998.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

NRP/DNI: 3242002735 A2060.

Apelido e nome: Prado del Valle, Juan Carlos.

Grupo: A.

Código: OT.C99.10.000.15001.083.

Denominación do posto de traballo: xefe de Servicio de Urbanismo e Arquitectura.

Centro directivo: delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Localidade: A Coruña.

Corpo ou escala: A3-Admón. xeral/especial.

Nivel: 28.

Específico: 1.405.752

NRP/DNI: 3521152346 A2060.

Apelido e nome: Mariño Rivas, Ramón.

Grupo: A.

Código: OT.C99.10.000.32001.053.

Denominación do posto de traballo: xefe de Servicio de Urbanismo e Arquitectura.

Centro directivo: delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Localidade: Ourense.

Corpo ou escala: A3-Admón. xeral/especial.

Nivel: 28.

Específico: 1.405.752

6383