Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.035

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 23 de abril de 1998 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de dúas prazas de técnicos de División de Transferencia de Tecnoloxía (DTT) do Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía (CITT), grupo I, vacante no cadro de persoal desta universidade.

Advertido erro na dita convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia do 26 de maio de 1998 (nº 99) e visto o artigo 105.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cómpre face-las seguintes correccións:

No anexo II, na fase de coñecementos específicos, no bloque II debe anularse o tema 8.

No anexo II, na fase de coñecementos específicos, no bloque III, tema 3, onde di: «3. Marco industrial da innovación en España», debe dicir: «3. Marco institucional da innovación en España».

6382