Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.035

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1998 pola que se resolve o concurso de libre designación para a provisión de tres postos vacantes no cadro de persoal laboral de administración e servicios da Universidade de Santiago de Compostela.

Consonte o disposto na Resolución do 15 de abril de 1998, pola que se convoca concurso de libre designación para a provisión de tres postos vacantes no cadro de persoal laboral de administración e servicios desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de instancias e á vista das solicitudes presentadas e logo do informe da xerencia.

O rector, en uso das competencias que lle recoñece o artigo 18 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la adxudicación dos postos de traballo contidos no anexo desta resolución.

Segundo.-O destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de remata-lo prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, quedando obrigado o/a interesado/a, neste caso, a comunicarllo ó rector da Universidade de Santiago de Compostela no prazo de tres días.

Terceiro.-O prazo para tomar posesión do destino obtido será de tres días hábiles se o destino radica na mesma localidade, ou dun mes se radica en localidade distinta. O prazo de toma de posesión empe

zará a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a publicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 1998.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Posto de traballo: director do COIE.

Grupo: I.

Apelidos e nome: Álvarez Val, Laureano.

DNI: 34.534.588.

Posto de traballo: subdirectora do COIE.

Grupo: I.

Apelidos e nome: Braña Tobío, Mª Isabel.

DNI: 33.214.698.

Posto de traballo: coordinador aulas informáticas. Servicios xerais docencia-SEIN.

Grupo: I.

Apelidos e nome: Hortas Rodríguez, Enrique.

DNI: 33.192.262.

6302