Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 10 de xullo de 1998 Páx. 7.843

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Urbadyc, A.I.E.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Urbadyc, A.I.E., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 13-6-1997 e posteriormente rectificado con data 8-8-1997, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa, o día 22-5-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.- Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.- Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.- Dispoñe-la publicación do texto e maila súa acta complementaria no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de xuño de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo entre a empresa Urbadyc, A.I.E. no seu centro de traballo de Ferrol e os seus

traballadores e traballadoras. Anos 1998 e 1999.

Normas xerais

Artigo 1º.- Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación para tódolos traballadores e traballadoras da empresa Urbadyc, A.I.E., que prestan os seus servicios no centro de limpeza viaria e recollida de residuos sólidos do Concello de Ferrol.

Artigo 2º.- Vixencia, duración e prórroga.

A súa duración será por dous anos, desde o 1 de xaneiro de 1998 ata o 31 de decembro de 1999.

O presente convenio entrará en vigor o día da súa publicación no DOG; non obstante, para os efectos económicos será de aplicación desde o 1 de xaneiro de 1998.

A denuncia do presente convenio será de carácter automático.

Este convenio considérase provisionalmente prorrogado durante o tempo que medie entre a súa data de expiración e a aprobación do novo convenio ou norma que o substitúa.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

Os traballadores e traballadoras que con anterioridade ó presente convenio veñan desfrutando de mellores condicións, consideradas no seu conxunto no cómputo anual, as aquí pactadas, conservaranas.

Artigo 4º.-Absorción e compensación.

As retribucións establecidas no presente convenio compensarán e absorberán as existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza e orixe delas.

Os aumentos de retribucións que poidan producirse no futuro por disposicións legais de xeral aplicación só poderán afectar ás condicións pactadas no presente convenio cando, consideradas as novas retribucións en cómputo anual, superen ás aquí pactadas.

No caso contrario, serán absorbidas e compensadas por estas últimas substituíndo o presente convenio nos seus propios termos e sen ningunha modificación nos seus conceptos, módulos e retribucións.

Artigo 5º.-Comisión mixta de garantías.

Estará formada por catro representantes da parte económica e catro da parte social pertencentes ó comité de empresa. Ámbalas partes poderán contar con asesores e reuniranse por instancia de calquera delas, cantas veces sexa necesario, debendo celebrarse a reunión dentro dos cinco días seguintes á convocatoria.

As súas funcións serán:

a) Interpretación da totalidade das cláusulas deste convenio.

b) Estudio e valoración das novas disposicións legais de promulgación posterior á entrada en vigor

do presente convenio que puidesen afectar ó seu contido.

c) Cantas outras actividades tendan a unha eficacia práctica do convenio e a unha mellor solución interna dos conflictos.

As reunións da comisión paritaria non se descontarán do crédito de horas sindicais.

Artigo 6º.-Interpretación e aplicación.

As dúbidas e diverxencias que poidan xurdir sobre a aplicación deste convenio serán sometidas á comisión mixta paritaria antes de presenta-la reclamación pertinente no organismo competente.

A dita comisión deberá emiti-la súa resolución nun prazo máximo de cinco días a partir do día no que fose solicitada.

As funcións e actividades da comisión mixta de garantías non obstruirán, en ningún caso, o libre acceso á xurisdicción administrativa e contenciosa prevista na lei.

Organización do traballo

Artigo 7º.-Organización do traballo.

A organización do traballo é facultade exclusiva da empresa.

A empresa facilitará o exercicio do traballo de forma que o persoal non sufra atrasos no desenvolvemento do seu cometido debido a persoas ou feitos alleos á dita empresa.

Cada traballador ou traballadora realizará o traballo propio da súa categoría. Se por necesidade do servicio un traballador ou traballadora viñera desempeñando funcións dunha categoría superior, cobraría desde o primeiro día o salario desta categoría.

Artigo 8º.-Promoción.

No caso de existir prazas de superior categoría terá preferencia para acceder a elas o persoal activo na empresa do centro de traballo, polo que se promocionará ás ditas categorías ó persoal que demostre a súa actitude, logo da superación das probas selectivas; as bases e requisitos necesarios marcaraos a empresa, para o cal esta se compromete a da-la formación adecuada ós traballadores e traballadoras que pretendan acceder ás ditas prazas e que reúnan os requisitos necesarios. No caso de que as prazas quedasen vacantes, a empresa podería solicita-los distintos profesionais da oficina do INEM.

Artigo 9º.-Categorías profesionais.

As categorías profesionais neste convenio, no relativo ás retribucións económicas, son as que figuran nas táboas salariais que se xuntan como anexos ó presente convenio.

Condicións de traballo

Artigo 10º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 38 horas semanais, que se distribiurán deste xeito, xornada diaria de 6 horas e 30 minutos de luns a venres e de 5 horas e 30 minutos os sábados, que inclúen 30 minutos para o bocadillo como tempo efectivo de traballo.

Artigo 11º.-Vacacións.

Todo o persoal desfrutará anualmente de 30 días naturais de vacacións retribuídas conforme a seguinte fórmula:

30 días de salario base+antigüidade+importe de complemento de vacacións que figura para cada categoría nas táboas salariais que se xuntan.

O persoal que se incorpore á empresa durante o ano, desfrutará da parte proporcional das vacacións que lle correspondan. Se a dita contratación fora despois do 30 de outubro, desfrutará da parte proporcional dentro do mesmo ano nunha data que acordará a empresa.

As vacacións desfrutaranse nos meses de xullo e agosto, de acordo co seguinte calendario de rotación:

-O persoal que no ano anterior desfrutou as súas vacacións en xullo, desfrutaraas en agosto do ano seguinte.

-O persoal que no ano anterior desfrutou as súas vacacións en agosto, desfrutaraas en xullo do ano seguinte.

Para establece-lo desfrute das vacacións do ano 1998, e poder adecuarse ó novo sistema de vacacións descrito anteriormente, se sorteará entre xullo e agosto a todo o persoal que segundo o convenio anterior lle correspondera defruta-las vacacións no mes de setembro de 1998.

Artigo 12º.-Permisos e licencias.

O persoal terá dereito a desfrutar de permisos ou licencias retribuídas nos seguintes supostos:

a) 15 días no caso de contraer matrimonio.

b) 3 días no caso de enfermidade grave de familiares en primeiro grao. Se este feito se producira fóra da localidade o permiso será de 5 días.

c) 3 días en caso de morte dalgún familiar en primeiro grao e 2 días se é de segundo. Se o feito se produce fóra da localidade o permiso será de 2 días máis.

d) 3 días no caso de nacemento de fillos ou fillas. Se o feito se produce fóra da localidade o permiso será de 5 días.

e) 1 día por traslado do domicilio habitual.

f) 1 día por matrimonio de fillos ou fillas e 2 se é fora da localidade.

g) Ó desfrute dos permisos necesarios para concorrer a exames, cando se cursen estudios para a obtención dalgún título tanto académico como pro

fesional, deberá acreditarse sempre a concorrencia ós ditos exames.

h) O tempo necesario para recibir asistencia médica ou sanitaria, debendo xustificala adecuadamente.

i) O tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

j) Polo tempo necesario para renovación do carné de conducir, aqueles traballadores e traballadoras que teñan a categoría de conductores.

k) O traballador ou traballadora por lactación dun fillo ou filla menor de 9 meses terá dereito a unha hora diaria de ausencia do traballo, que poderá dividir en dúas fraccións.

A muller ,pola súa vontade, poderá susbtiruír este dereito por unha reducción da xornada normal de traballo en media hora, coa mesma finalidade.

Este permiso poderá ser desfrutado polo pai ou nai no caso de que ámbolos dous traballen.

As licencias e permisos empezarán a contar na data no que se produza o feito que as motiva, ou no día seguinte se o traballador ou traballadora finalizase a súa quenda de traballo.

Cando se fala de días, enténdese que son días naturais.

Xúntase táboa de graos de consanguinidade e afinidade, como anexo III deste convenio.

Artigo 13º.- Días libres por asuntos propios.

Para o ano 1998 e 1999 cada traballador ou traballadora terá a súa disposición tres días de licencia retrubuída ó ano sen xustificar, a defrutar antes do 31 de decembro do mesmo ano.

A empresa reservarase o dereito a non concede-las devenditas licencia cando as solicitudes que coincidan na mesma data, supoñan unha grave deteroración na organización do traballo e prestación do servicio, dado o carácter público do mesmo. Estes días de licencia non terán carácter acumulativo dun ano para outro nin poderán ser remunerados no caso de renunciar ó seu disfrute.

Neste sentido serán considerados laborables aqueles festivos que por ser consecutivos sexa necesaria a realización de servicio de recollida de RSU. Ademais durante o ano 1999 cada traballador ou traballadora terá a súa disposición dous días máis (facendo un total de cinco) de licencia retribuída ó ano sen xustificar, antes do 31 de decembro do mesmo ano.

Para facer efectivo o desfrute destos dous últimos días , só será necesario que o traballador ou traballadora o solicite ó encargado correspondente polo menos con sete días de antelación ó día escollido para o deu descanso.

Artigo 14º.- Sábados libres.

Para o ano 1998 cada traballador ou traballadora terá á súa disposición catro sábados libres retri

buídos ó ano sen xustificar, a desfrutar antes do 31 de decembro do mesmo ano.

Para o ano 1999, cada traballador ou traballadora terá á súa disposición sete sábados libres retrubuídos (tres máis sobre o ano 1998), ó ano sen xustificar, a desfrutar antes do 31 de decembro de 1998.

Para facer efectivo o desfrute destes sábados libres, só será necesario que o traballador ou traballadora o solicite ó seu encargado correspondente polo menos con sete días de antelación ó día escollido para o descanso.

Artigo 15º.-Incapacidade transitoria.

No caso de baixa por incapacidade transitoria derivada de calquera tipo de continxencia ben sexa por accidente laboral ou enfermidade profesional, ou ben por enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa completará ata o 100% do salario real. No caso de maternidade ou hospitalización tamén terá dereito ó dito complemento, que será aboado na maneira que dispoña a lexislación vixente en cada momento.

Non terán estes complementos aqueles traballadores e traballadoras que non teñan dereito ó cobramento dos subsidios oficiais que outorga a Seguridade Social ou a mutua correspondente.

Artigo 16º.-Aviso previo de cesamento.

Rexerá o que dispoña a lexislación vixente en cada momento.

Artigo 17º.-Roupa de traballo.

A roupa de traballo será de uso obrigatorio para todo o persoal e a empresa facilitará cada 2 anos as seguintes prendas:

Conductores

InvernoVerán

2 pantalóns2 pantalóns

2 camisas2 camisas

2 xerseis1 xersei

1 cazadora1 par de botíns

1 anorak

1 par de botas de seguridade

1 par de botas de auga

Guantes anticortes

Peóns

InvernoVerán

3 pantalóns2 pantalóns

3 camisas2 camisas

2 xerseis1 xersei

1 cazadora1 par de botíns

1 anorak

1 par de botas de seguridade

1 par de botas de auga

1 traxe de augas

Guantes anticortes

Persoal de taller

2 pantalóns

2 camisas

1 xersei

3 fundas

2 pares de botas de seguridade

A roupa de verán entregarase do 1 ó 15 de maio, a roupa de inverno do 15 ó 30 de setembro.

Será de obrigado cumprimento por parte da empresa o cambio dunha peza de roupa deteriorada por desgaste, rotura, etc. por outra nova, dentro do período dos dous anos para o que se facilitan pezas de roupa de traballo, logo da entrega da peza de roupa deteriorada, e que a dita deterioración ou rotura sexa consecuencia do desenvolvemento normal do traballo.

Condicións sociais

Artigo 18º.-Póliza de seguros.

No caso de accidente laboral ou enfermidade profesional como consecuencia da actividade desenvolvida para a empresa, da que se derive morte, incapacidade laboral permanente absoluta ou gran invalidez para calquera actividade laboral, o traballador ou traballadora ou os seus beneficiarios percibirán, en concepto de indemnización, a cantidade de 2.400.000 pesetas, independentemente das prestacións que puideran corresponderlle por este motivo.

A dita póliza entrará en vigor o día da súa sinatura quedando o persoal comprendido dentro do ámbito de aplicación deste convenio, mentres non se subscriba a nova póliza, cuberto no ano anterior.

Artigo 19º.-Excedencias.

Terá dereito a solicitar excedencia todo traballador ou traballadora que teña unha antigüidade mínima dun ano na empresa, esta concederase por un período comprendido entre 1 a 5 anos.

A petición de excedencia deberá facerse cun mes de antelación.

A incorporación ó posto de traballo debe solicitarse 1 mes antes da data de finalización da dita excedencia.

Poderá solicitar excedencia todo traballador ou traballadora en activo que desempeñe un cargo sindical, tanto sexa nunha estructura de dirección da central sindical á cal pertenza, como a unha institución galega ou estatal en calquera das súas modalidades. Esta excedencia será con dereito á reserva do posto de traballo, debéndose avisar polo menos cun mes de antelación á súa reincorporación á empresa.

En calquera excedencia, descontarase o tempo en que permaneza nesta situación para efectos de cálculo do complemento de antigüidade.

Artigo 20º.-Servicio militar ou civil substitutorio.

Rexerá o disposto na lexislación que poida ser de aplicación nesta meteria que se atope vixente en cada intre.

Non se terá en conta o período de suspensión temporal do contrato de traballo motivado pola situación de servicio militar ou civil substitutorio, para efectos do cálculo do complemento de antigüidade.

Artigo 21º.-Cobertura pola retirada do carné de conducir.

Nos casos de retirada provisional do permiso de conducir, a empresa adaptará ó conductor afectado noutro posto de traballo, conservándolle a súa categoría e soldo durante un período máximo de 3 meses. Transcorrido o dito prazo, adaptaráselle tanto o salario como a categoría ó seu novo posto de traballo. O traballador ou traballadora reintegrarase á súa categoría e posto anterior no prazo de tres meses a partir da devolución do mencionado carné.

Este artigo será de aplicación no suposto de que a infracción que derive na retirada do mencionado carné se produza dentro da xornada laboral do traballador ou traballadora, no desempeño das súas funcións normais de conductor ou conductora, e sempre e cando non derive de conducción temeraria, conducir baixo os efectos do alcohol ou calquera outra substancia psicotrópica, así como calquera infracción prevista na Lei de prevención de riscos laborais, imputables ó traballador ou traballadora.

Se a retirada do carné se producise fóra de horas de traballo, asignaráselle un posto de peón ou similar no que non necesite o citado carné namentres dure a sanción que motivou a súa retirada, sexa cal fora a causa de suspensión do permiso de conducir.

Neste último suposto mentres dure a retirada do permiso de conducción o operario ou operaria non poida desempeñar traballos propios da categoría de conductor, cobrará o salario correspondente á categoría de peón.

Artigo 22º.-Axuda escolar.

A empresa achegará un fondo de axuda de estudios oficiais para os fillos e fillas dos traballadores e traballadoras, que terá un importe de 530.000 pesetas.

O reparto do dito fondo farase anualmente entre a empresa e o comité de empresa, creando a este respecto un regulamento coas normas.

Artigo 23º.-Comité de seguridade e hixiene.

Rexerá o disposto na lexislación vixente nesta materia.

Artigo 24º.-Revisións médicas.

Tódolos traballadores e traballadoras afectados polo presente convenio terán o dereito e a obriga de pasar unha revisión médica anual que será por conta da empresa e en horas de traballo. Así mesmo,

todo traballador ou traballadora que o solicite será vacinado contra a gripe e a hepatite B.

Dereitos sindicais

Artigo 25º.-Garantías sindicais.

Cada membro do comité de empresa disporá dun crédito de horas sindicais mensuais retribuídas a salario real (como se estivese traballando), para o desenvolvemento das súas funcións representativas e sindicais. Estas horas poderán acumularse mensualmente, así como un ou máis membros do comité poderán ceder horas sindicais a outro.

As reunións para a negociación do convenio colectivo, así como as que convoque a representación empresarial, non se computarán para efectos de consumo de crédito de horas sindicais.

A empresa manterá en bo estado os taboleiro de anuncios en cada cuartel. Ademais velará pola conservación do local do comité. Así mesmo, facilitará o acceso do comité ós medios de reproducción dela, sempre que os escritos ou documentos teñan relación coa actividade do comité de empresa dentro da empresa.

Durante o período de vacacións ou IT dos representantes sindicais dos traballadores e traballadoras (comité de empresa) poderase cede-lo crédito mensual de horas sindicais entre un ou varios dos membros do comité de empresa, logo da presentación do correspondente documento de cesión de horas.

Artigo 26º.-Cota sindical.

A empresa descontará da nómina dos traballadores e traballadoras a cota sindical, logo de solicitude escrita de cada un deles.

Condicións salariais

Artigo 27º.-Retribucións salariais.

A estructura salarial está constituída polos seguintes conceptos:

-Salario base.

-Antigüidade.

-Plus de transporte.

-Plus de complemento de convenio.

-Plus de productividade.

-Plus tóxico, penoso e perigoso.

-Plus nocturno.

-Pagas extraordinarias.

Artigo 28º.-Salario base.

É o que está recollido para cada categoría nas táboas salariais correspondentes ó ano 1998 e 1999 que figuran como anexo I neste convenio colectivo. Devéngase por día natural.

Artigo 29º.-Antigüidade.

O complemento persoal de antigüidade queda establecido en dous bienios ó 5% e posterior quinquenios ó 7% do salario base de cada categoría, respectando o tope máximo establecido no artigo 25 do Estatuto dos traballadores. Este complemento devengarase os mesmos días có salario base.

Artigo 30º.-Plus de transporte.

O plus de transporte é aquela percepción de carácter extrasalarial percibida polos traballadores e traballadoras, como compensación polo traslado desde o seu domicilio ó centro de traballo, endo unha cantidade fixa para tódolos traballadores e traballadoras e categorías, na contía recollida nas táboas salariais correspondentes a cada ano (1998 e 1999) e que se xuntancomo anexos I e II respectivamente neste convenio.

Artigo 31º.-Plus de complemento de convenio.

Por cantidade e calidade de traballo e por día efectivo de traballo, cada traballador ou traballadora percibirá un plus denominado de complemento de convenio, que está recollido para cada categoría profesional nas táboas salariais correspondentes a cada ano 1998 e 1999 e que se xuntan como anexos I e II deste convenio.

Artigo 32º.-Plus de productividade.

Todo o persoal que cumpra o horario da súa xornada laboral percibirá por día efectivo de traballo un plus de productividade que está recollido para cada categoría profesional nas táboas salariais correspondentes a cada ano 1998 e 1999 e que se xuntan como anexos I e II deste convenio.

Artigo 33º.-Plus tóxico, penoso e perigoso.

O persoal afectado por este convenio que desempeña as súas funcións nos servicios de varrido, recollida e taller mecánico percibirá un plus denominado tóxico, penoso e perigoso que consistirá no 20% do salario base diario, aboándose por día efectivo de traballo.

Artigo 34º.-Plus de nocturnidade.

Todo o persoal afecto a este convenio que realice máis da metade da súa xornada laboral diaria entre as 22 e as 6 horas, percibirá un plus denominado de nocturnidade por cada día efectivo de traballo, consistente no 25% do salario base diario.

Artigo 35º.-Pagas extraordinarias.

Durante o transcurso do ano percibiranse tres pagas extraordinarias que serán as seguintes:

-Paga extraordinaria de verán. Esta paga aboarase coa mensualidade de xuño e devengarase semestralmente e día a día, desde o 1 de xaneiro ata o 30 de xuño.

-Paga extraordinaria de Nadal. Esta paga aboarase coa mensualidade de decembro devengándose semestralmente día a día, desde o 1 de xullo ata o 31 de decembro.

-Paga extraordinaria de beneficios. Esta paga aboarase entre o día 1 e 15 de outubro, e devengarase anualmente de 1 de outubro do ano anterior ó 30 de setembro do ano do seu abono

As devanditas pagas non se verán afectadas no seu importe polas situacións de IT que sufrira o traballador ou traballadora durante os períodos de devengo de cada unha das mesmas.

A contía das pagas de xullo e Nadal será de 30 días de salario base e antigüidade.

A paga de beneficios aboarase na contía de 15 días de salario base e antigüidade para o ano 1998 e 30 días de salario base e antigüidade para o ano 1999.

Artigo 36º.-Horas extraordinarias.

A realización de horas extraordinarias será de forma voluntaria, salvo caso de forza maior ou emerxencia, acórdase reducir ó mínimo as horas extraordinarias.

1. Voluntariedade.

As horas extras que por razón das especiais circunstancias de traballo sexan imprescindibles realizar no servicio de recollida de RSU cando coincidan dous ou máis festivos consecutivos, serán estrictamente voluntarias.

Co obxecto de organiza-lo servicio coa suficiente antelación e concreta-lo persoal dispoñible habilitaranse nos taboleiros de anuncios con 15 días de antelación unhas follas, para que procedan a apuntarse aqueles traballadores e traballadoras dispostos a face-lo dito servicio. Sete días naturais antes do día efectivo de traballo, cerrarase o prazo de inscrición, considerándose persoal dispoñible aquel se se anotara.

Se o número de traballadores e traballadoras superase o número estrictamente necesario, para a realización do servicio, daráselles prioridade ós que comunmente asignados á quenda de noite, respecto ós da quenda de día que se inscribisen.

Compensación.-Os traballadores e traballadoras que fixesen horas extras terán dereito a optar por ser compensados: a) economicamente, b) con tempo de descanso. En ámbolos casos, deberá consignarse a opción elixida á hora da inscrición.

a) Compensación económica.

A xornada de traballo correspondente a calquera segundo día festivo consecutivo que coincida durante o ano, será compensado con 15.000 pesetas, durante o ano 1998 e con 16.000 pesetas durante o ano 1999.

b) Compensación con tempo de descanso.

O persoal que pertenza á quenda de noite desfrutará de 2 días de descanso por día traballado.

O persoal que pertenza á quenda de día desfrutará de 10 horas de descanso.

Tanto os días como as horas de descanso poderán ser acumuladas na ficha correspondente a cada traballador ou traballadora, podendo este ter acceso a calquera comprobación que considere conveniente.

c) Desfrute do tempo de descanso.

O tempo de descanso acumulado terá caducidade. O traballador ou traballadora poderá desfrutar descanso cando o considere oportuno, cumprindo o requisito que a continuación se detalla.

Para facer efectivo o desfrute do tempo de descanso, será necesario que o traballador ou traballadora o solicite ó seu encargado correspondente con alomenos 7 días de antelación ó día escollido para o descanso.

Artigo 37º.-Anticipo.

O persoal que solicite por escrito terá dereito a percibir un anticipo por conta do traballo realizado durante a mensualidade na que solicita por un importe máximo de ata un 80% do salario devengado.

Os anticipos concederanse o día 18 de cada mes, debendo solicitarse con 24 horas de antelación.

Artigo 38º.-Anticipos de cancelación adiada.

A empresa comprométese á creación dun fondo de 2.000.000 de pesetas, para que aqueles traballadores e traballadoras que o necesiten poidan solicitar anticipos de cancelación adiada nas seguintes condicións:

-A cantidade máxima que se poderá conceder por traballador ou traballadora será de 150.000 pesetas.

-Os ditos anticipos deberán solicitarse durante os 5 primeiros días hábiles de cada mes, facéndose efectiva a concesión, unha vez aprobada, o día 15 do mes na que se solicita.

-O anticipo será cancelado nun prazo máximo de 15 meses, reténdose dos haberes mensuais de cada traballador ou traballadora os importes dos distintos vencementos.

-A primeira retención farase efectiva no mes seguinte ó que se solicita o anticipo.

-Se o traballador ou traballadora antes da total cancelación do anticipo cesara por calquera causa no servicio activo da empresa, descontarase a cantidade pendente de aboar do importe da liquidación deses devengos ata onde esta alcance. Se non alcanzase, o traballador ou traballadora comprometerase a liquida-la parte pendente de devolución nun prazo de 2 meses, a partir da data de baixa na empresa.

-O anticipo devengarse con xuro anual do 0%.

Artigo 39º.-Pagamento de salarios.

O aboamento de salarios será mensual e o pagamento realizarase mediante transferencia bancaria. Para iso, a empresa ordenará as ditas transferencias no penúltimo día hábil do mes ó que corresponda o pagamento.

Outras condicións

Artigo 40º.-Subrogación do persoal.

Apartado 1º. Subrogación do pesoal.

Co obxecto de contribuír e garanti-lo principio de estabilidade no emprego, a absorción do persoal entre os que se sucedan, mediente calquera das modalidades de contratación de xestión de servicios públicos, contratos de arrendamento de servicios ou doutro tipo, nunha concreta actividade das reguladas no ámbito funcional do presente convenio, levarase a cabo nos termos indicados no presente apartado e nos seguintes.

No sucesivo, o termo contrata engloba con carácter xenérico calquera modalidade de contratación, tanto pública como privada, e identifica unha concreta actividade que pasa a ser desempeñada por unha determinada empresa, sociedade ou organismo público.

A) En tódolos supostos de finalización, perda, rescisión, cesión ou rescate dunha contrata, así como respecto de calquera outra figura ou modalidade que supoña a substitución entre entidades, persoas físicas ou xurídicas que leven a cabo a actividade de que se trate, os traballadores da empresa saínte pasarán a se adscribir á nova empresa ou entidade pública que vaia realiza-lo servicio, respectando esta os dereitos e obrigas que desfruten na empresa substituída. Producirase a mencionada subrogación de persoal sempre que se dea algún dos seguintes supostos:

1. Traballadores en activo que realicen o seu traballo na contrata cunha antigüidade mínima dos catro últimos meses anteriores á finalización efectiva do servicio, sexa cal fose a modalidade do seu contrato de traballo, con independencia de que con anterioridade ó citado período de catro meses traballasen noutra contrata.

2. Traballadores con dereito a reserva de posto de traballo, que no momento da finalización efectiva da contrata teñan unha antigüidade mínima de catro meses nela e se atopen enfermos, accidentados, en excedencia, vacacións, permiso, descanso maternal, servicio militar ou situacións análogas.

3. Traballadores con contrato de interinidade que substitúan algún dos traballadores mencionados no suposto 2, con independencia da súa antigüidade e mentres dure o contrato.

4. Traballadores de novo ingreso que por existencia do cliente se incorporasen á contrata de servicios públicos como consecuencia dunha ampliación, nos catro meses anteriores á finalización daquela.

5. Traballadores que substitúan a outros que se xubilen, cumprindo os sesenta e catro anos dentro dos catro últimos meses anteriores á finalización efectiva da contrata e teñen unha antigüidade mínima nela dos catro meses anteriores á xubilación, sempre que esta estea pactada en convenio colectivo

estatutario de ámbito inferior, en virtude do Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

B) Tódolos supostos anteriormente considerados deberán acreditarse fidedignamente e documentalmente pola empresa ou entidade pública saínte á entrante, mediante os documentos que se detallan no apartado 5 do presente artigo e no prazo de 10 días hábiles contados desde o momento en que, ben a empresa entrante ou saínte comunique fidedignamente á outra empresa o cambio da adxudicación do servicio.

C) Os traballadores que non desfrutasen das súas vacacións regulamentarias ó producirse a subrogación teranas coa nova adxudicataria do servicio, que só abonará a parte proporcional do período que a ela corresponda, xa que o aboamento do outro período corresponde ó anterior adxudicatario, que o deberá efectuar na correspondente liquidación.

D) A ampliación deste artigo será de obrigado cumprimento para as partes que vincula: empresa ou entidade pública ou privada cesante, nova adxudicataria e traballador.

Apartado 2. División de contratas.

No suposto de que unha ou varias contratas das que a actividade vén sendo desempeñada por unha ou distintas empresas ou entidades públicas se fragmenten ou dividan en distintas partes, zonas ou servicios co obxecto da súa posterior adxudicación, pasarán a estar adscritos ó novo titular aqueles traballadores que realizasen o seu traballo na empresa saínte nas concretas partes, zonas ou servicios resultantes da división producida, cun período mínimo dos catro últimos meses, sexa cal fose a súa modalidade de contrato de traballo, todo iso aínda cando con anterioridade traballasen noutras zonas, contratas ou servicios distintos.

Subroganse así mesmo os traballadores que se atopen nos supostos 2 a 5, ambos incluídos do apartado 1 do presente artigo e que realizasen o seu traballo nas zonas, división ou servicios resultantes.

Apartado 3. Subrogación de contratas.

En caso de que distinatas contratas, servicios, zonas ou divisións daquelas se agrupen nunha ou varias, a subrogación de persoal operará respecto de todos aqueles traballadores que, con independencia da modalidade do seu contrato de traballo, realizasen o seu traballo nas que resulten agrupadas cun tempo mínimo dos catro meses anteriores, e todo isto aínda cando con anterioridade prestasen servicios en distintas contratas, zonas ou servicios.

Subróganse así mesmo os traballadores que se atopen nos supostos 2 a 5, ambos incluídos, do apartado 1 do presente artigo e que prestasen os seus servicios nas contratas, zonas, divisións ou servicios agrupados.

Apartado 4. Obrigatoriedade.

A subrogación de persoal, así como os documentos a facilitar, operarán en tódolos supostos de substitución de contratas, partes, zonas ou servicios que resulten da fragmentación ou división delas, así como nas agrupacións que daquelas poidan efectuarse, aínda tratándose das normais substitucións que se produzan entre empresas e entidades públicas ou privadas que leven a cabo a actividade dos correspondentes servicios, e iso aínda cando a relación xurídica se estableza só entre quen adxudica o servicio por unha banda e a empresa que resulte adxudicataria por outra, sendo de aplicación obrigatoria, en todo caso, a subrogación de persoal, nos termos indicados e iso con independencia tanto de aplicación, se é o caso, do previsto no artigo 44 do Estatuto dos traballadores, coma da existencia por parte do empresario saínte doutras contratas alleas á que é obxecto de sucesión.

Apartado 5. Documentos que ten que facilita-la empresa saínte á entrante.

A empresa saínte deberá facilitar á entrante os seguintes documentos:

- Certificado do organismo competente de estar ó corrente de pagemento na Seguridade Social.

- Fotocopia dos catro últimos recibos de salarios dos traballadores afectados.

- Fotocopia dos TC-1 e TC-2 de cotización á Seguridade Social dos catro últimos meses.

- Relación de persoal, especificando: nome e apelidos, número de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, categoría profesional, xornada, horario, modalidade de contratación e data de desfrute das súas vacacións.

Se o traballador é representante legal dos traballadores, especificarase o período de mandato do mesmo.

- Fotocopia dos contratos de traballo de persoal afectado pola subrogación.

- Copia de documentos debidamente dilixenciados por cada traballador afectado, nos que se faga constar que este recibiu da empresa saínte a súa liquidación de partes proporcionais, non quedando pendente cantidade ningunha. Estes documentos deberán estar en poder da nova adxudicataria na data de inicio do servicio da nova titular

Artigo 41º.-Dereito supletorio.

Nas materias non reguladas no presente convenio rexerá o disposto pola lexislación vixente.

Artigo 42º.-Incrementos salariais.

1. Xúntanse táboas salariais, unha para 1998 como anexo I, e outra para 1999 como anexo II.

Disposición transitoria

O traballador José Manuel Díaz Agulló pasará a te-la condición de fixo, mediante a sinatura dun novo contrato indefinido.

ANEXO I

Táboa Urbadyc ano 1998

Táboa salarial (parciais anuais por conceptos) ano 1998 Urbadyc, A.I.E. (recollida e limpeza Ferrol)

Categoría

Salario

base

Plus

transporte

Plus

convenio

Plus

tóxico

Plus

productividade

Plus

nocturno

Paga

verán

Complemento

vacacións

Paga

Nadal

Paga

convenio

Total bruto

ano 1998

Capataz día1.131.135144.963124.761169.26093.63992.97051.05292.97046.4851.947.235

Capataz noite1.131.135144.963124.761169.26093.639211.57592.97076.34292.97046.4852.184.100

Conductor día1.016.160144.963124.761152.06146.95683.52039.67983.52041.7601.733.380

Conductor noite1.016.160144.963124.761152.06146.956190.00883.52062.53983.52041.7601.946.248

Peón día 961.410144.963 96.096143.87146.95679.02033.23979.02039.5101.624.085

Peón noite 961.410144.963 96.096143.87146.956179.90779.02054.71979.02039.5101.825.472

Mecánico día1.016.160144.963124.761152.06146.95683.52039.47583.52041.7601.733.176

Mecánico noite1.016.160144.963124.761152.06146.956190.00883.52062.53983.52041.7601.946.248

A multiplicar por días365273273273273273XuñoDecembroOutubro

Táboa salarial (rateo diario) ano 1998 Urbadyc, A.I.E. (recollida e limpeza Ferrol)

Categoría

Salario

base

Plus

transporte

Plus

convenio

Plus

tóxico

Plus

productividade

Plus

nocturno

Paga

verán

Complemento

vacacións

Paga

Nadal

Paga

convenio

Total bruto

ano 1998

Capataz día3.09953145762034392.97051.05292.97046.4851.947.235

Capataz noite3.09953145762034377592.97076.34292.97046.4852.184.100

Conductor día2.78453145755717283.52039.67983.52041.7601.733.380

Conductor noite2.78453145755717269683.52062.53983.52041.7601.946.248

Peón día2.63453135252717279.02033.23979.02039.5101.624.085

Peón noite2.63453135252717265979.02054.71979.02039.5101.825.472

Mecánico día2.78453145755717283.52039.47583.52041.7601.733.176

Mecánico noite2.78453145755717269683.52062.53983.52041.7601.946.248

A multiplicar por días365273273273273273Xuño30 díasDecembroOutubro

ANEXO II

Táboa Urbadyc ano 1999

Táboa salarial (parciais anuais por conceptos) ano 1999 Urbadyc, A.I.E. (recollida e limpeza Ferrol)

Categoría

Salario

base

Plus

transporte

Plus

convenio

Plus

tóxico

Plus

productividade

Plus

nocturno

Paga

verán

Complemento

vacacións

Paga

Nadal

Paga

convenio

Total bruto

ano 1999

Capataz día1.132.230155.064124.761169.26094.45893.06052.26093.06093.0602.007.213

Capataz noite1.132.230155.064124.761169.26094.458211.84893.06077.80393.06093.0602.244.604

Conductor día1.017.255155.064124.761152.06147.50283.61040.77383.61083.6101.788.246

Conductor noite1.017.255155.064124.761152.06147.502190.28183.61063.86283.61083.6102.001.616

Peón día 962.505155.064 96.096143.87147.50279.11034.26879.11079.1101.676.636

Peón noite 962.505155.064 96.096143.87147.502179.90779.11055.96479.11079.1101.878.239

Mecánico día1.017.255155.064124.761152.06147.50283.61040.56783.61083.6101.788.040

Mecánico noite1.017.255155.064124.761152.06147.502190.28183.61063.86283.61083.6102.001.616

A multiplicar por días365273273273273273XuñoDecembroOutubro

Táboa salarial (rateo diario) ano 1999 Urbadyc, A.I.E. (recollida e limpeza Ferrol)

Categoría

Salario

base

Plus

transporte

Plus

convenio

Plus

tóxico

Plus

productividade

Plus

nocturno

Paga

verán

Complemento

vacacións

Paga

Nadal

Paga

convenio

Total bruto

ano 1999

Capataz día3.10256845762034693.06052.26093.06093.0602.007.213

Capataz noite3.10256845762034677693.06077.80393.06093.0602.244.604

Conductor día2.78756845755717483.61040.77383.61083.6101.788.246

Conductor noite2.78756845755717469783.61063.86283.61083.6102.001.616

Peón día2.63756835252717479.11034.26879.11079.1101.676.636

Peón noite2.63756835252717465979.11055.96479.11079.1101.878.239

Mecánico día2.78756845755717483.61040.56783.61083.6101.788.040

Mecánico noite2.78756845755717469783.61063.86283.61083.6102.001.616

A multiplicar por días365273273273273273Xuño30 díasDecembroOutubro

6378