Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 10 de xullo de 1998 Páx. 7.852

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, dos acordos acadados pola comisión paritaria do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia na súa reunión do 16 de xuño de 1998, relativos á consideración, nos concursos de traslados do persoal laboral, como análogas ou similares as agrupacións de categorías que figuran no anexo I, así como a valoración dos servicios prestados en cada unha das mencionadas categorías.

En cumprimento do disposto na normativa legal sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo R.D. 1040/1981, artigo 2.e), para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o 17 de xuño de 1998 a acta nº 2 do 16-6-1998 da comisión paritaria do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, así como unha certificación do seu secretario na que se fan consta-los acordos relativos á consideración, nos concursos de traslados do persoal laboral, como aná

logas ou similares as agrupacións de categorías que figuran no anexo I, así como a valoración dos servicios prestados en cada unha das mencionadas categorías.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1998.

Mª José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

Na reunión da comisión paritaria do 16 de xuño de 1998 adoptáronse os seguintes acordos:

Primeiro.-Nos concursos de traslados do persoal laboral considéranse análogas ou similares as agrupacións de categoría que figuran no anexo I sen que o desempeño do novo posto de traballo, como

consecuencia do concurso e da aplicación deste acordo supoña a adquisición da nova categoría.

Segundo.-Para os efectos dos concursos de traslados, na valoración dos servicios prestados teranse en conta os servicios realizados en cada unha das categorías consideradas como análogas ou similares.

ANEXO I

Grupo I

Cat.Análogas ou similares

1Director/a de residencia, director/a de residencia de estudiantes, director/a de residencia de anciáns, director/a de residencia internado, director/a de centro educativo, director/a de residencia xuvenil.
12Xefe/a de internado.
9Titulado/a superior economista.
13Xefe/a superior de administración.

Grupo II

Cat.Análogas ou similares

1Director/a-administrador/a, director/a centro social, director/a Casa da Xuventude, subidrector/a residencia xuvenil, preceptor/a residencia, director/a centro, xefe/a do servicio administrativo do IGAEM, secretario/a de residencia.
23Director/a de cociña de irmandade.
24Director/a de clínica deportiva.

4Mestre/a instructor/a, instructor/a, mestre/a taller da Consellería de Educación F.P., monitor/a de actividades docentes.
26Monitor/a (titulado/a medio).

15Asesor/a de prensa.
25Divulgador/a.

Grupo III

Cat.Análogas ou similares

1Encargado/a de equipos mecánicos, mecánico/a supervisor/a, encargado/a talleres e parque de maquinaria, inspector/a revisor/a maquinaria, axente auxiliar de inspección (antigo mecánico/a supervisor/a de ITV).
21Contramestre/a.

82Mecánico/a inspector/a.
86Oficial 1ª, mecánico/a.
96Técnico auxiliar.

2Encargado/a administrativo, xefe/a de negociado, xefe/a administración, xefe/a 2º administración, administrador/a, secretario-administrador/a residencia xuvenil, administración de producción de centros, secretario/a de dirección do IGAEM.
41Director/a promoción e imaxe do CDG.
42Axudante de dirección e difusión XOGA.

62Oficial administrativo/a, oficial 1ª, administrativo/a, secretario/a administrativo/a, administrativo/a provincial, administrativo/a agrupación, administrativo/a.

Cat.Análogas ou similares

89Inspector/a-administrador/a.

4Gobernante/a, gobernante/a servicios domésticos.
31Encargado/a lavadoiro, roupeiro e prancha.

6Xefe/a de servicios técnicos, encargado/a de mantemento, conservador/a de edificios, encargado/a de oficios varios mantemento, xefe/a de taller.
10Encargado/a de traballos.
16Especialistas de oficios.

17Analista de laboratorio.
26Axudante técnico/a de laboratorio.

33Encargado/a supervisor/a de telefónica.
38Supervisor/a radioteléfono.

77Técnico/a auxiliar de comunicacións.
93Técnico/a auxiliar en electrónica de comunicacións.

39Rexedor/a de escena.
47Director/a en xira do IGAEM.

43Encargado/a de estructura escénica, encargado/a de taller de escenografía.
46Técnica de máquinas do IGAEM.

Grupo IV

Cat.Análogas ou similares

1Auxiliar de gravación, oficial 2ª linotipista, auxiliar administrativo/a, oficial 2ª administrativo/a, técnico/a auxiliar en informática, operador/a máquina elemental.
32Operador/a, codificador de datos de defensa contra incendios forestais.

4Auxiliar de fogar (só esta categoría).
12Auxiliar de internado.

Grupo V

Cat.Análogas ou similares

3Ordenanza, celador, vixilante oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a, recepcionista, telefonista, sereno, garda.
4Garda xurado.

6368