Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 10 de xullo de 1998 Páx. 7.837

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do transporte de viaxeiros pola estrada de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector do transporte de viaxeiros por estrada de Ourense (código nº 3200315), con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica, pola Asociación Provincial de Transporte de Viaxeiros por Estrada de Ourense e Orencar, e, da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, todas elas con capacidade e lexitimidade suficiente para asinalo, en xuntanza celebrada o día 13-5-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 9 de xuño de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo de transporte de viaxeiros

por estrada

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio regula as relacións laborais entre as empresas dedicadas ó transporte de viaxeiros na provincia de Ourense e o persoal que nelas preste os seus servicios, quedando excluídas das disposicións deste convenio as persoas que desempeñen cargos de alta dirección a que se refire o vixente Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente convenio afecta a Ourense e provincia, así como ós centros de traballo situados nela, aínda cando as empresas tivesen o seu domicilio social en provincia distinta.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

As estipulacións do presente convenio obrigan a totalidade das empresas e traballadores dedicados á actividade do transporte de viaxeiros por estrada de Ourense, así como o persoal que en diante forme parte dos cadros de persoal daquelas.

Artigo 4º.-Vixencia e duración.

O presente convenio entrará en vigor o día do seu asinamento, se ben os efectos económicos se aplicarán a partir do 1 de xaneiro de 1998. O presente convenio manterá a súa vixencia mentres non sexa substituído por outro. Neste sentido, ámbalas partes acordan que con motivo da derrogación da ordenanza laboral. se establece un calendario periódico de reunións a partir do 1 de novembro de 1998 ata o 20 de decembro de 1998, co fin de redactar un acordo marco que regule a actividade do transporte de viaxeiros por estrada e que servirá de texto normativo para ámbalas partes. Se chegado o 20 de decembro este acordo non se alcanzase, as partes comprométense a someterse a unha arbitraxe obrigatoria que dirimirá as diferencias existentes; o seu laudo será de obrigado cumprimento para ámbalas partes fixándose como data límite para este o 31 de decembro de 1998, a partir desta data entrará en vigor o novo convenio. Se chegado o día 20 de decembro de 1998 non se chegase a acordo, poderán ámbalas

partes de común acordo prorroga-lo prazo ata a data que consideren conveniente para prosegui-las negociacións, e unha vez rematada esta prórroga, se existisen diferencias, someteranse igualmente á arbitraxe sinalada anteriormente, fixándose para o efecto unha data límite para a emisión do mencionado laudo arbitral.

En canto á duración do presente convenio, esta será dun ano, é dicir, desde o 1-1-1998 ó 31-12-1998.

O presente convenio será denunciado con tres meses de antelación ó remate da súa vixencia.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Crearase unha comisión paritaria como órgano interpretativo para a vixilancia e cumprimento do convido, integrada polos membros da comisión negociadora do presente convenio.

As reunións desta comisión celebraranse sempre con asistencia de dous membros de cada unha das representacións que a compoñen, e para reunirse será suficiente que unha das partes o solicite. Entre esa solicitude e a reunión mediará un prazo de 72 horas como mínimo.

Consideraranse como acordos da comisión aqueles que fosen aprobados por maioría dentro de cada unha das dúas partes. As discrepancias serán reflectidas na acta. No caso de non haber acordo farase unha acta que reflicta as diferencias. A parte económica resolverá o que considere conveniente no prazo de oito días e notificarallo á representación social, por se deciden acudir coa súa reclamación ante a autoridade laboral.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas neste convenio teñen o carácter de mínimas. Dentro das condicións pactadas respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas convidas, manténdose ad personam en canto excedan das pactadas.

Artigo 7º.-Organización de traballo.

A organización técnica e práctica do traballo corresponderá á empresa dentro das normas e orientacións da ordenanza e das disposicións legais vixentes.

Non poderá adoptarse ningún sistema de traballo que poida prexudica-la formación profesional e técnica do persoal, antes ben, este ten o deber e a empresa facilitaralle o medio para iso, de completar e perfecciona-los seus coñecementos coa práctica diaria e non esquecéndose de que a eficacia e o rendemento do persoal e, en definitiva, a prosperidade mesma da satisfacción que nace non só da retribución decorosa e xusta, senón que as relacións todas de traballo e en especial as que sexan consecuencia do exercicio da liberdade que se recoñece nas empresas, estean asentadas nos principios de xustiza.

Artigo 8º.-Período de proba.

Poderá concertarse por escrito un período de proba, que en ningún caso poderá exceder de seis meses para os técnicos titulados, de tres meses para os demais traballadores, excepto para os non cualificados, neste caso a duración máxima será de 15 días laborables.

O empresario e o traballador están respectivamente obrigados a realiza-las experiencias que constitúan o obxecto da proba.

Durante o período de proba, o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e ó posto de traballo que desempeñe, como se fose do cadro de persoal, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso.

Transcorrido o período de proba sen que se producise o desistimento, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servicios prestados na antigüidade do traballador na empresa. A situación de incapacidade temporal que afecte ó traballador durante o período de proba interrompe o seu cómputo, sempre que se produza acordo entre as partes.

Artigo 9º.-Ascensos.

Aplicarase o disposto no artigo 29 da Ordenanza laboral do transporte por estrada.

Artigo 10º.-Traballos de categoría superior.

O traballador que realice funcións de categoría superior ás que correspondan á categoría profesional

que tivera recoñecida por un período superior a seis meses durante un ano ou oito durante dous anos consolidará a dita categoría.

Cando se desempeñe funcións de categoría superior, pero non proceda legal ou convencionalmente o ascenso, o traballador terá dereito á diferencia retributiva entre a categoría asignada e a función que efectivamente realice.

Artigo 11º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais. Tendo en conta as peculiaridades deste sector e unicamente coa intención de interpretar e coñece-las normas de aplicación, ámbalas partes conveñen en expoñe-las conclusións seguintes:

a) Considérase traballo efectivo, o traballo de conducción. E tempo de presencia: as esperas, expectativas de servicio, servicios de garda, viaxes sen conducción para toma de servicio, avarías, comidas en ruta e outros similares.

b) O tempo de espera en localidades que non sexan principio e fin de traxecto a cargo do vehículo computaranse na súa metade coas seguintes consideracións:

1. Se a espera é en localidade principio e fin de traxecto, consideraranse como tempo de presencia na súa totalidade.

2. Se o traballador ten que estar pendente do vehículo considerarase como tempo de presencia na súa totalidade.

c) Cando se fale de traballo efectivo, deberá terse en conta:

1. Non se poderá conducir máis de catro horas seguidas sen descansar, salvo que se chegue ó punto de destino conducindo media hora máis.

2. Non se poderá conducir máis de nove horas diarias.

d) Sobre a duración máxima da xornada poderán engadirse 20 horas máis á semana de tempo de presencia, como máximo, as cales non se computarán para o tope máximo das horas extraordinarias. As ditas horas de presencia, realizadas por riba da xornada efectiva semanal, deberán ser aboadas como mínimo ó prezo da hora ordinaria, é dicir, que se un traballador despois de realizar 40 horas de traballo efectivo realiza 20 máis de tempo de presencia á semana, deberá cobrar ademais do salario mensual que ten establecido, as horas de presencia que excedan da dita xornada, ó prezo cada unha dunha hora normal.

No referente ó descanso entre xornadas, aplicarase o disposto na normativa vixente sobre estas materias.

As empresas disporán dun caderno de control que será utilizado fundamentalmente e sempre que sexa requirido polo traballador, no momento en que varíe o servicio que habitualmente vén realizando a empresa, o cal será selado por esta no prazo máximo de

30 días desde a entrega dunha copia por parte do traballador e, en todo caso, con anterioridade á confección da súa correspondente nómina.

No non previsto neste último parágrafo observarase o disposto no Real decreto 1270/1984.

Artigo 12º.-Permiso de conducir.

Os conductores ós que, como consecuencia de conducir un vehículo da empresa por orde e conta desta, se lles retire o permiso de conducir por tempo non superior a seis meses, serán acoplados durante este tempo a outro traballo, aínda que sexa de categoría profesional inferior, nalgún dos servicios de que dispoña a empresa e seguirá percibindo o salario correspondente á súa categoría.

O disposto no presente artigo non será de aplicación nos casos de reincidencia dentro da vixencia do convenio, quedando excluídos deste beneficio os conductores que se viran privados do permiso de conducir a consecuencia do consumo de drogas ou da inxestión de bebidas alcohólicas.

No caso de que un empregado sufra prisión por causas de accidente involuntario no servicio da empresa, esta estará obrigada a defendelo ante os tribunais e a xestiona-la súa liberdade prestando a fianza que para iso fose necesaria.

Será voluntario por parte da empresa, o pagamento das retribucións ós empregados que non poidan traballar no caso expresado no artigo anterior pero, unha vez dictado auto de sobresemento ou sentencia absolutoria, seranlles aboados tódolos atrasos a teor do salario máis antigüidade.

Artigo 13º.-Recibos de liquidación.

Todo traballador ó cesar na empresa poderá somete-lo recibo de liquidación ou documento que poña fin á relación laboral, antes de asinalo, á superivisión do comité de empresa ou delegado de persoal e no seu defecto á do sindicato ó que estea afiliado.

Artigo 14º.-Formación profesional.

As partes asinantes coinciden en que unha das causas da deficiente situación do mercado de traballo deriva do afastamento da formación profesional respecto das necesidades auténticas de man de obra e da carencia da formación ocupacional continua para a actualización e adaptación dos traballadores activos ás novas características das tarefas na empresa.

A formación profesional, en tódalas modalidades (inicial ou continua) e niveis, debe ser considerada como un instrumento máis de significativa validez, que coadxuve a logra-la necesaria conexión entre as cualificacións dos traballadores e os requirimentos do mercado de traballo (emprego). E nunha perspectiva máis ampla, ser un elemento dinamizador que acompaña o desenvolvemento industrial a longo prazo, permite a elaboración de productos de maior calidade que favorezan a competitividade das nosas empresas españolas no ámbito internacional; e faga

posible a promoción social integral do traballador, promovendo a diversificación e afondamento dos seus coñecementos e habilidades de modo permanente.

Para estes efectos, as partes asinantes cren conveniente:

-Realizar por si ou por medio de entidades especializadas estudios de carácter prospectivo respecto das cualificacións futuras e necesidades de man de obra do sector.

-Desenvolver e promove-la aplicación efectiva do artigo 27 do Estatuto dos traballadores, así como dos convenios internacionais subscritos por España, referentes ó dereito á formación continua, facilitando o tempo necesario para a formación.

-Propoñer e executar accións formativas nas súas diversas modalidades e niveis, xa sexan con programas que poidan impartirse nos centros de formación de empresa ou os que no futuro puidesen constituírse, xa sexan a través dos programas nacionais ou internacionais desenvolvidos por organismos competentes.

-Colaborar, segundo as propias posibilidades, mediante entidades especializadas no diagnóstico e deseño de programas puntuais de formación nas empresas, tendo en conta as especificacións e necesidades concretas, así como as características xenéricas ou individuais dos traballadores afectados.

-Coordinar e segui-lo desenvolvemento de formacións en prácticas dos alumnos que sexan recibidos polas empresas, no marco dos acordos asinados a nivel sectorial ou por empresas.

-Avaliar de maneira continuada tódalas accións emprendidas, co fin de revisa-las orientacións, promover novas actividades e actualiza-la definición dos obxectivos da formación profesional.

Nesta perspectiva, as partes asinantes do presente convenio consideran conveniente que as empresas desenvolvan neste sentido procesos formativos (diagnósticos, programación, cursos, avaliación), podéndose constituír en empresas de máis de 250 traballadores comisións paritarias de estudio; os seus obxectivos serían a avaliación e información sobre o proceso formativo da empresa.

Artigo 15º.-Pagamento de salarios.

A liquidación e pagamento de salarios farase puntual e documentalmente no lugar e data convido ou como marquen os usos e costumes. O período de tempo non poderá exceder de 15 días.

O xuro anual por mora no pagamento do salario será do dez por cento do que se debe.

Artigo 16º.-Salario base.

O salario base que lle corresponde ó persoal afectado polo presente convenio aboarase por día natural, na contía recollida no anexo I.

Artigo 17º.-Paga de beneficios.

Tódolos traballadores das empresas, tanto fixos como eventuais ou interinos, terán dereito a percibir unha cantidade consistente en trinta días de salario base máis antigüidade. A paga de beneficios aboarase por anos vencidos, antes do quince de marzo. Os traballadores que a trinta e un de decembro leven menos dun ano ó servicio da empresa terán dereito á parte proporcional correspondente ó tempo traballado computándose este sempre en días naturais. Unicamente non se computará para efectos de participación en beneficios a excedencia voluntaria. A dita paga poderá ser aboada de forma proporcional ó longo das distintas nóminas mensuais.

Artigo 18º.-Gratificación de conductor perceptor.

O conductor perceptor, cando desempeña simultaneamente as funcións de conductor-cobrador, percibirá un complemento salarial do 20 por cento do salario base, se é o caso, por cada día que realice ámbalas funcións.

Artigo 19º.-Complemento de antigüidade.

Os traballadores fixos desfrutarán como complemento persoal de antigüidade dun aumento períodico polo tempo de servicios prestados á mesma empresa, consistente como máximo en 2 bienios e 5 quinquenios da contía que despois se expresa. O módulo para o cálculo e aboamento do complemento persoal de antigüidade será o último salario base percibido polo traballador, servindo o dito módulo non só para o cálculo dos bienios e quinquenios de novo vencemento, senón tamén para o dos xa perfeccionados. As contías do complemento persoal de antigüidade serán do 5 por cento para os dous primeiros bienios e do 10 por cento para o quinquenio a partir do segundo.

A data inicial de cómputo de antigüidade será a do ingreso do traballador na empresa. Para o cómputo da antigüidade terase en conta o tempo servido nunha mesma empresa, considerándose como efectivamente traballados os meses e días nos que pecibise un salario ou remuneración, ben sexa polos servicios prestados ou en vacacións, licencias retribuídas e cando reciba unha prestación económica por accidente de traballo ou enfermidade. Así mesmo, será computable o tempo de excedencia forzosa por nomeamento para un cargo político ou sindical, así como no caso de prestación do servicio militar, non se considerará o tempo que permanecese en excedencia voluntaria.

Computaranse estes aumentos en razón dos anos de servicio na empresa, calquera que sexa o grupo profesional ou categoría en que estea encadrado, considerando así mesmo os servicios prestados en período de proba e polo persoal interino, eventual ou complementario, cando estes pasen a ocupar praza no cadro de persoal fixo.

Os aumentos por ano de servicio comezarán a devengarse a partir do primeiro do mes seguinte

en que se cumpre o bienio ou quinquenio. O traballador que cese definitivamente na empresa e posteriormente ingrese de novo nela só terá dereito a que se lle compute a antigüidade desde a data deste novo ingreso, perdendo tódolos dereitos de antigüidade anteriormente obtidos. Para o máximo de bienios e quinquenios que establece este artigo teranse en conta os xa producidos con anterioridade á vixencia da ordenanza aprobada pola Orde do 20 de marzo de 1971.

Artigo 20º.-Horas extraordinarias.

Aplicarase o disposto na normativa vixente en cada momento sobre réxime de horas extraordinarias no sector do trasporte.

Artigo 21º.-Pagas extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de xullo e decembro aboaranse na contía de trinta días de salario base maila antigüidade.

Artigo 22º.-Traballos de categoría inferior.

Se por conveniencia da empresa se destina un productor de inferior categoría a aquela na que está adscrito, sen que con isto prexudique a formación profesional, única forma admisible en que poida efectuarse, o productor conservará o xornal correspondente á súa categoría.

Artigo 23º.-Medidas de fomento do emprego e da contratación laboral.

Tendo en conta a necesidade de adapta-la duración das diversas modalidades contractuais ás particularidades dun sector como o transporte de viaxeios por estrada, con empresas nas que a súa estructura organizativa depende, na maior parte dos casos, de acordos mercantís cas distintas administracións públicas ou con particulares con períodos de tempo limitados, o contrato de duración determinada da modalidade de eventual por circunstancias da producción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, regulado no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, segundo a redacción establecida pola Lei 63/1997, poderá ter unha duración máxima de 13 meses e medio dentro dun período máximo de 18 meses.

A dita duración máxima será aplicable tanto ós novos contratos desta modalidade asinados a partir da entrada en vigor do presente convenio, como ás prórrogas dos contratos de traballo vixentes antes da súa entrada en vigor.

Artigo 24º.-Contrato de formación laboral.

Co fin de fomenta-la contratación, os traballadores afectados por este convenio, e especialmente os conductores con limitación de quilometraxe, poderán ser contratados baixo a modalidade de formación laboral sempre que os ditos traballadores cumpran os requisitos esixidos no artigo II ET. Así mesmo, establécese expresamente a ampliación da duración máxima do contrato a tres anos, tendo en conta as

características dos traballos que se desenvolven no sector.

Para os conductores con limitación de quilometraxe contratados como aprendices, mentres dure a dita limitación imposta administrativamente, o salario que percibirán será o determinado no artigo II E.T. Unha vez rematado o dito período de limitación o salario será o da categoría de conductor.

Para os aprendices das restantes categorías, as retribucións durante o primeiro ano de vixencia serán as establecidas pola lexislación vixente e durante o tempo restante pasarán a percibi-lo salario da categoría profesional á que estivesen adscritos.

Durante toda a vixencia dos contratos de aprendizaxe manteranse as cotizacións á Seguridade Social establecidas no artigo 11 ET.

Artigo 25º.-Fomento da contratación indefinida.

Durante a vixencia do presente convenio e ata que sexa substituído por outro, a conversión en indefinidos daqueles contratos que se concertasen con carácter temporal ou por duración determinada, acollerase ó disposto no apartado b9, punto dous, da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, de medidas urxentes para a mellora do mercado de traballo e fomento da contratación indefinida en virtude da cal os ditos contratos quedarán incluídos no réxime previsto para os contratos de fomento da contratación indefinida.

Artigo 26º.-Persoal con capacidade diminuída.

As empresas deberán acopla-lo persoal cunha capacidade diminuída pola idade e outras circunstancias antes da súa xubilación ou retiro, destinándose a outros traballos adecuados ás súas condicións sempre que haxa praza vacante. O persoal acollido a esta situación non excederá do cinco por cento do total da categoría respectiva.

Artigo 27º.-Compensación en caso de baixa por accidente ou enfermidade.

As empresas completarán a diferencia entre a compensación percibida con cargo á Seguridade Social por incapacidade temporal e o salario real deste convenio cando aquela estea motivada por accidente de traballo con hospitalización. No caso de non producirse hospitalización o complemento citado aboarase ata un máximo de 45 días.

En caso de baixa por enfermidade, as empresas completarán ata o 100% do salario dos traballadores desde o día 16 ata o 60 como máximo, ámbolos dous incluídos.

Cando a xuízo da empresa existan indicios razoables para presumir algunha irregularidade na situación de baixa por accidente ou enfermidade común, poderase requiri-lo traballador para que se someta ó recoñecemento do facultativo que a empresa designe, sendo por conta desta os gastos que se orixinen por tal motivo.

Artigo 28º.-Roupa de traballo.

As empresas afectadas por este convenio estarán obrigadas a facilitarlle ó seu persoal roupa de traballo de acordo coas normas establecidas na ordenanza laboral de transportes por estrada. Por acordo entre o comité de empresa ou delegado de persoal e a dirección do centro de traballo, poderase substituí-la roupa de traballo por unha axuda económica mensual acordada por ámbalas partes.

Artigo 29º.-Vacacións.

Todo o persoal ó servicio das empresas afectadas polo presente convenio desfrutará dun período de vacacións anuais de trinta días naturais, retribuídas a salario base maila antigüidade e plus de actividade. Neste caso o plus de actividade será aboado por 25 días.

O período do seu desfrute fixarase de común acordo entre o empresario e o traballador, que tamén poderán convir na división en dous do período total. Na falta de acordo, seguiranse os criterios seguintes:

-O empresario poderá excluír como período vacacional aquel que coincida coa maior actividade productiva estacional da empresa, logo de consulta cos representantes legais dos traballadores.

-Por acordo entre o empresario e os representantes legais dos traballadores poderanse fixa-los períodos de vacacións de todo o persoal, xa sexa en quendas organizadas sucesivamente, xa sexa coa suspensión total de actividades laborais, sen máis excepcións que as tarefas de conservación, reparación e similares.

-Cando exista un réxime de quendas de vacacións, os traballadores con responsabilidades familiares teñen preferencia a que as súas coincidan cos períodos de vacacións escolares.

-Se existise desacordo entre as partes, a xurisdicción competente fixará a data que para o desfrute corresponda e a súa decisión será inimpugnable. O precedemento será sumario e preferente.

-O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas que lle correspondan dous meses antes, polo menos, do comezo do desfrute.

Artigo 30º.-Axudas de custo.

Os gastos ocasionados pola propia natureza do traballo, como son as axudas de custo e o aloxamento, serán aboados pola empresa na súa totalidade, logo de xustificación destes.

Os traballadores afectados polo presente convenio non terán dereito á percepción de axudas de custo por xantar cando, no espacio abranguido entre as 12 e as 15.30 horas dispoñan, polo menos, dunha hora no seu lugar de residencia; pola súa parte, o pagamento das axudas de custo correspondentes á cea efectuarase se o traballador remata o desempeño da súa actividade laboral máis tarde das 23 horas.

Artigo 31º.-Plus de actividade.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá un plus de actividade equivalente a 523 ptas. por día efectivamente traballado.

Artigo 32º.-Traballo nocturno.

As horas traballadas entre as doce da noite e as seis da mañá levarán un recargo do 25 por cento do salario base.

Exclúese do cobro do expresado suplemento o persoal que realice a súa función durante a noite e que fose contratado expresamente para traballar durante ela, ou que sen ter sido contratado así, voluntariamente o traballador e a empresa o acepten.

Artigo 33º.-Permisos e licencias.

Concederanse de acordo co establecido na lexislación vixente a excepción de:

a) 15 días naturais, en caso de matrimonio.

b) 2 días, en caso de nacemento de fillos ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto superior a 100 km, o prazo será de 4 días.

c) 1 día, por traslado de domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

e) As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia ó traballo, que poderá dividir en día fracción de media hora. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha hora, coa mesma finalidade.

f) Os que por razón de garda legal teñan ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída terán dereito a unha reducción da xornada de traballo entre un tercio e un máximo da metade da duración daquela, coa diminución proporcional do salario.

Artigo 34º.-Dereitos sindicais.

As empresas poderán deducir a través das nóminas as cotas correspondentes ós afiliados das centrais sindicais. Os interesados deberán solicitado por escrito á dirección da empresa. Os importes retidos serán entregados ás persoas ou entidade que designe a central sindical correspondente.

Artigo 35º.-Garantías sindicais.

Ningún membro do comité de empresa ou delegado de persoal poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das funcións nin dentro do ano seguinte ó seu cesamento, agás que este se produza por renovación ou demisión, e sempre que o des

pedimento ou a sanción estea baseado na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación. Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedecesen a outra causa, deberá tramitarse expediente contradictorio, no que serán oídos, á parte do interesado, o comité de empresa ou restantes delegados de persoal.

Non poderá ser discriminado na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón do desempeño da súa representación.

Poderá exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa, en materia propia da súa representación podendo publicar ou distribuir, sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, exercendo tales tarefas coa norma legal vixente para o efecto.

Artigo 36º.-Excedencia.

1. A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase pola designación ou elección para o cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

2. O traballador con polo menos unha antigüidade na empresa dun ano ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercicio cada vez por un traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

3. Os traballadores terán dereito a un período de excedencia voluntaria non superior a tres anos para atender ó coidado de cada fillo contados desde a data de nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia, que se é o caso, porá fin ó que se viñera desfrutando. Cando o pai e a nai traballen só un deles poderá exercer este dereito.

4. Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

5. O traballador excedente só conserva un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producisen na empresa.

6. Quedan excluídos os traballadores contratados eventuais con contrato igual ou inferior a dous anos.

Artigo 37º.-Gratificación polo transporte de correo.

Os cobradores de liñas interurbanas que sexan portadores de correo percibirán unha gratificación de 64 ptas. os días que efectivamente presten tal servicio.

Artigo 38º.-Quebranto de moeda.

Establécese polo quebranto de moeda unha cantidade mensual equivalente ó salario dun día.

Disposicións adicionais

Primeira.-Se durante a vixencia do convenio se producise a entrada en vigor dun acordo-marco a nivel estatal substitutorio da derrogada ordenanza laboral, as partes asinantes comprométense a reuni-la comisión paritaria co fin de adapta-las disposicións do dito acordo-marco ó establecido no presente convenio.

Segunda.-A partir do 1 de outubro de 1998, as partes asinantes do presente convenio constituirán unha comisión paritaria co obxecto de trata-la antigüidade e outros temas de interese para ámbalas partes.

A dita comisión paritaria estará composta por catro membros da parte empresarial e outros catro da parte social. Os acordos que se adopten no seo desta incorporaranse ó texto do convenio como cláusulas normativas.

Táboa salarial

Grupos e categorías profesionaisSalario basePlus actividade

Grupo I.-Persoal superior e técnico.

Xefe de servicio113.859 523 ptas./día
Enxeñeiros e licenciados111.806 523 ptas./día
Enx. técnico e Aux. titulado100.639 523 ptas./día
ATS100.639 523 ptas./día

Grupo II.-Persoal administrativo.

Xefe de sección83.707 523 ptas./día
Xefe de negociado83.382 523 ptas./día
Oficial de 1ª83.029 523 ptas./día
Oficial de 2ª81.900 523 ptas./día
Auxiliar administrativo81.338 523 ptas./día
Aspirante81.312 523 ptas./día

Grupo III.-Persoal de movemento.

Xefe de estación 1ª83.709 523 ptas./día
Xefe de estación 2ª82.580 523 ptas./día
Xefe de administración 1ª83.709 523 ptas./día
Xefe de administración en ruta83.029 523 ptas./día
Empregado despacho billetes79.520 523 ptas./día
Factor79.520 523 ptas./día

Grupo IV.-Transporte de viaxeiros en

autobuses e microbuses.

Xefe de tráfico de 1ª83.709 523 ptas./día
Xefe de tráfico de 2ª83.709 523 ptas./día
Xefe de tráfico de 3ª82.580 523 ptas./día
Inspector2.706 ptas./día natural523 ptas./día
Conductor-chofer2.706 ptas./día natural523 ptas./día
Conductor-perceptor2.706 ptas./día natural523 ptas./día
Cobrador2.706 ptas./día natural523 ptas./día

Grupo V.-Persoal de servicio de talleres

e auxiliares.

Xefe de taller83.722 523 ptas./día
Encargado contramestre82.611 523 ptas./día
Encargado xeral82.611 523 ptas./día
Encargado almacén82.611 523 ptas./día
Xefe de equipo2.730 ptas./día natural523 ptas./día
Oficial de 1ª2.730 ptas./día natural523 ptas./día

Grupos e categorías profesionaisSalario basePlus actividade

Grupo VI.-Persoal de talleres auxiliares.

Oficial de 2ª2.702 ptas./día natural523 ptas./día
Oficial de 3ª2.650 ptas./día natural523 ptas./día
Conductor-mecánico2.779 ptas./día natural523 ptas./día
Mozo de taller2.633 ptas./día natural523 ptas./día
Aprendiz de primeiro anoSegundo Legixl.

vixente

Aprendiz de 2º ou 3º anoSegundo a súa

Cat. Prof.

Grupo VII.-Persoal subalterno.

Cobrador de facturas79.848 523 ptas./día
Telefonista79.848 523 ptas./día
Porteiro79.848 523 ptas./día
Vixilante79.848 523 ptas./día
Limpadora79.848 523 ptas./día

5702