Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 10 de xullo de 1998 Páx. 7.829

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo interprovincial da empresa Leyma, Alimentos de Galicia, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito interprovincial da empresa Leyma, Alimentos de Galicia, S.A., que se subscribiu con data do 12 de maio de 1998, entre a representación da empresa e dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatutos dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1998.

Mª José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo Leyma, Alimentos Galicia, S.A.

anos de 1997 e 1998

TÍTULO I

Disposicións xerais

Capítulo I

Extensión e vixencia

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio aplicarase no centro de traballo de Leyma, Alimentos de Galicia, S.A. da Coruña, Lugo ou calquera que no sucesivo se establezan.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afectará a tódolos traballadores adscritos a esta empresa, tanto con carácter fixo como eventual.

Nembargantes, para efectos salariais e de xornada, queda excluído do ámbito de aplicación o persoal directivo, entendendo por tal os directores, subdirectores, xefes de sección e delegados comerciais de zona. A dirección da empresa fixará os incentivos do persoal comercial.

Todo o persoal obrigado a este convenio ten o deber de cumprilo e exigi-lo seu cumprimento.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Con excepción do previsto nos artigos 17º e 32º, o presente convenio considérase en vigor ata o 31

de decembro de 1998, prorrogándose de ano en ano, salvo o disposto no artigo seguinte.

A súa aplicación será inmediata no momento do seu asinamento, sexa cal fose a data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 4º.-Denuncia.

Calquera das partes poderá formular denuncia, propoñendo revisión ou rescisión cunha antelación dun mes como mínimo, respecto á data da súa expiración, ou do período de vixencia de calquera das súas prórrogas.

Artigo 5º.-Incumprimento.

Todo o persoal afectado por este convenio poderá denuncia-lo seu incumprimento na totalidade ou parte del.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaránselles a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas, en canto determinen maiores dereitos dos concedidos por este convenio respecto ás materias obxecto da súa regulación, con excepción do previsto no artigo 32º.

Artigo 7º.-Facultades de compensación e absorción.

Sen prexuízo de que poidan estenderse a calquera situación as melloras establecidas no convenio, nin da facultade de amplialas, a empresa, se viñese aboando salarios superiores ós regulamentariamente esixidos, non estará obrigada a aplica-las elevacións que as presentes estipulacións fixen.

Así mesmo, as melloras establecidas no presente convenio serán compensables ou absorbibles por calquera elevación salarial que por disposición legal puidese establecerse.

Artigo 8º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria integrada por Benigno Sánchez García, José Carlos Rodríguez Caamano e Mariano Jiménez Sanjuán por parte da empresa, e Manuel Cives García, Sergio Luis Bayolo Rodríguez e Antonio Garea Blanco por parte dos traballadores, para resolver cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir entre as partes, en aplicación e interpretación deste convenio.

No suposto de que antes de que remate a vixencia deste convenio houbese renovación do comité de empresa, tralas correspondentes eleccións, corresponderá a ese novo comité de empresa a designación dos tres membros que lle corresponden na comisión paritaria.

Artigo 9º.-Difusión do convenio.

A dirección porá á disposición de todo o persoal exemplares do presente convenio. Así mesmo, o texto permanecerá exposto durante a súa vixencia no taboleiro de anuncios.

TÍTULO II

Disposicións normativas

Capítulo I

Organización do traballo

Artigo 10º.-Organización do traballo.

A organización técnica e práctica do traballo, con suxeición ás normas e orientación deste convenio e ás disposicións legais, é facultade exclusiva da dirección da empresa.

A empresa poderá adoptar un sistema de distribución do traballo que facilite a formación técnica dos traballadores, coa obriga por parte destes de prestaren a súa maior colaboración co fin de completar e perfecciona-los ditos coñecementos, para o cal a empresa lles facilitará os medios necesarios, tanto na práctica diaria como polo establecemento duns sistemas de racionalización do traballo que lles permita alcanzar unha maior eficacia e rendemento, co fin de levar á empresa e ós seus traballadores a unha maior prosperidade.

As modificacións que legalmente teñan a consideración de substanciais, haberán de realizarse de acordo co disposto nas leis e normas regulamentarias vixentes na materia.

Artigo 11º.-Funcionamento dos centros de traballo.

Ante calquera dificultade que se presente na execución do traballo, o traballador deberá solicitar consello ou aclaración do seu superior inmediato, ó que tamén se dará parte de calquera deficiencia nos productos, instrumentos de traballo, ferramentas ou máquinas. Toda dificultade apreciada na execución do traballo antes da iniciación del deberá comunicarlla ó seu superior inmediato, e cando a importancia desta modificación o requira, farao por escrito, quedándose cun duplicado asinado por quen o reciba.

O traballador coidará das máquinas e utensilios que se lle confíen, manteraas en perfecto estado de conservación e funcionamento durante o seu traballo e será responsable dos desperfectos, estragos ou danos que se produzan pola súa culpa ou neglixencia.

Queda prohibido utilizar fóra dos centros de traballo máquinas, ferramentas ou utensilios pertencentes á empresa, sen previa autorización desta por escrito. Esta autorización será igualmente necesaria para que o traballador poida empregar ferramentas ou útiles da súa propiedade nos labores encomendados.

Artigo 12º.-Discreción profesional.

O segredo profesional deberá gardarse mediante discreción absoluta, en canto afecta ás actividades propias da empresa, procesos de execución, instalacións, proxectos de estudios, contratos, contabilidade, prezos, custos e toda clase de documentos, así como a calquera outra información que polo propio traballo se chegue a coñecer.

Artigo 13º.-Coordinación das relacións laborais.

Con obxecto de establece-la debida xerarquía nas distintas ordes da producción, a empresa procurará organiza-los seus servicios de forma que os mandos de calquera categoría transmitan as instruccións da dirección, e as suxestións ou peticións do persoal, por conducto xerárquico, co fin de que nunca se desvirtúe o seu contido e finalidade, sen prexuízo das funcións que en materia laboral e de relación lles corresponden ós representantes sindicais.

Capítulo II

Clasificación, formación e promoción profesional

Artigo 14º-Clasificación profesional.

A clasificación do persoal que se establece no presente convenio ten un carácter meramente definitorio e enunciativo, e non supón a obriga para a empresa de ter dotadas prazas de todos e cada un dos grupos ou categorías profesionais.

Antes do 31-12-1998, a comisión paritaria efectuará unha análise de tódolos postos de traballo da organización, para efectos da súa posible reclasificación. Os seus resultados terán aplicación a partir do 1-1-1999.

En diante, esta avaliación levarase a cabo, alomenos, con carácter bianual.

Artigo 15º.-Mobilidade funcional.

Se a empresa dispuxese o traslado dun traballador/a dun puesto de traballo a outro de igual categoría, deberá instruílo suficientemente nos cometidos do novo posto, co fin de que poida ser realizado coas garantías necesarias.

Así mesmo, o traballador está obrigado a desempeñar coa debida dilixencia as tarefas dos postos que se lle encomenden, incluídas, se fose o caso, as tarefas de limpeza e conservación dos elementos e útiles de traballo.

Artigo 16º.-Admisión de persoal.

A admisión de persoal acomodarase ás normas legais e regulamentarias vixentes en cada momento en materia de contratación.

A empresa poderá somete-los aspirantes ás pruebas teóricas, prácticas, psicotécnicas, así como ás entrevistas que considere convenientes, realizando estas directamente ou encargándollelo a empresas especializadas.

Sempre que, a xuízo da dirección, as circunstancias profesionais e persoais o permitan, a empresa propiciará a cobertura interna das vacantes que se produzan na organización.

Artigo 17º.-Contratación.

O comité de empresa e a dirección entenden que hai que profundizar, paulatinamente, en formas de contratación estable, que supoñan un estímulo para os traballadores temporais e un recoñecemento ó seu bó facer profesional.

Nesta liña, inmediatamente despois do asinamento do convenio converteranse en indefinidos 10 dos actuais contratos temporais.

Ó mesmo tempo, a dirección da empresa converterá en indefinidos un mínimo de 6 contratos temporais, dentro do marco do próximo convenio colectivo que se negocie (período 1999-2000).

Dentro das súas posibilidades, a empresa limitará a utilización dos servicios de empresas de traballo temporal.

Artigo 18º.-Promoción profesional.

Tódolos traballadores coa categoría profesional de peón ascenderán automaticamente á de peón especialista, transcorridos 6 meses desde a súa incorporación.

Se o posto onde o traballador estivera a formarse fora de superior categoría á que tivera recoñecida, producirase o ascenso automático transcorridos os períodos que a seguir se sinalan:

De peón especialista a especialista de 3ª: 6 meses.

De especialista de 3ª a especialista de 2ª: 12 meses.

De auxiliar/oficial de 3ª a oficial de 2ª: 24 meses.

Doutra banda, acórdase, en relación con postos de nova creación e aqueloutros que teñan sufrido modificacións substanciais, efectua-la seguinte asignación de categorías:

Departamento/secciónPostoCategoría

FábricaEnlace pretratamentoEspecialista de 1ª

FábricaEnlace iogurEspecialista de 1ª

FábricaEnlace batidosEspecialista de 1ª

FábricaEnlace UHTEspecialista de 1ª

FábricaAdministrativo de producciónOficial administrt.

MantementoOperador de caldeirasOficial 2ª OV

Loxística/fábricaOperador almacén automáticoEspecialista de 2ª

LoxísticaControlador de peiraoEspecialista de 2ª

Esta asignación terá efectos a partir do 1-1-1999.

Artigo 19º.-Formación.

A empresa, de común acordo cos representantes dos traballadores, establecerá os programas e actividades que coide necesarios para a formación continua do persoal, cuestión esta á que se prestará especial atención, e que se plasmará no Plan anual de formación.

Acórdase incluír en convenio colectivo a práctica de empresa que consiste no aboamento dun plus de formación de 1.500 pesetas por cada xornada, fóra do horario de traballo dedicada a esta tarefa, co obxecto de supli-los gastos nos que puideran incorre-los traballadores pola asistencia ós cursos (gastos de desprazamento, manutención, etc.).

Así mesmo, aboaranse os gastos de manutención en que incorran os traballadores que asistan a un curso de formación, sempre que medien menos de 2 horas entre a hora de finalización ou inicio do curso e a hora de finalización ou comezo da xornada de traballo.

En ámbolos dous casos, deberá tratarse de cursos de formación organizados pola empresa, no marco do Plan anual de formación.

Capítulo III

Xornada, horas extraordinarias e vacacións

Artigo 20º.-Xornada.

A xornada de traballo, con independencia das quendas asignadas, será de 40 horas semanais.

Para efectos de cómputo anual, o total de horas de traballo, (xornada máxima), fíxase en 1.826 horas.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

A realización de horas extraordinarias axustarase ós seguintes criterios:

a) Reduciranse as mínimas imprescindibles, sendo a súa realización de carácter voluntario.

b) Realízanse as horas extraordinarias por causa de forza maior realizaranse as que veñan esixidas para prever e reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, as cales non se terán en conta, nin para efectos de duración máxima da xornada ordinaria laboral, nin para o cómputo do número máximo de horas extraordinarias autorizadas, sen prexuízo do seu aboamento como se se tratase de tales.

c) Entenderanse como horas extraordinarias estructurais as necesarias para atender pedidos, períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, mantemento e demais circunstancias derivadas da específica natureza das actividades de que se trate.

Artigo 22º.-Vacacións.

O persoal, calquera que sexa a súa categoría profesional, terá dereito a unhas vacacións retribuídas de 30 días naturais.

Para o persoal suxeito a quendas, seguirá vixente o sistema rotativo, aceptado polo persoal, recollido en canto ó seu funcionamento no artigo 13 do convenio colectivo de 1986. Na asignación de vacacións terase en conta que non coincidan no mesmo mes persoas asignadas ó mesmo posto e que poida quedar sen cubrir ese servicio. Non obstante, recóllese a posibilidade de fraccionar e intercambia-los períodos de vacacións entre traballadores/as que cobren o mismo posto ou servicio.

Para este persoal, suxeito ó mencionado sistema rotativo, cando conxunturalmente, por descenso na producción ou situacións análogas, fose posible adiantar vacacións nos meses de verán aumentando o número de persoas nun deses meses, terán preferencia os traballadores que teñan asignadas no mes de novembro as súas vacacións, sempre que quede cuberto o servicio.

Para que os traballadores poidan programa-las súas vacacións, confeccionaranse os correspondentes calendarios que se publicarán no taboleiro de anuncios antes do 1 de decembro de cada ano.

Previamente ó desfrute de vacacións, cada traballador/a, deberá cubri-lo correspondente parte por duplicado, tramitándoo a través do xefe/a de sección que, ó mesmo tempo, o cursará no prazo máximo de 2 días ó departamento organización e recursos humanos que, unha vez recibido, devolverá en igual prazo a copia debidamente dilixenciada para que se lle entregue ó traballador/a, todo iso logo do desfrute de vacacións.

Quen cese no transcurso do ano sen ter desfrutado total ou parcialmente as súas vacacións, terá dereito a que lle sexa aboada a parte proporcional do período non desfrutado, en función dos meses traballados.

Cando un traballador comece as súas vacacións á metade de semana tocándolle por quenda a de noite, pasará esa semana a unha das quendas de día.

En casos extraordinarios, e sempre que as necesidades do servicio o permitan, poderán solicitarse ata un máximo de 2 días illados de vacacións ó ano, que computarán, cada un deles, como un día de vacacións.

Artigo 23º.-Cadro de quendas e descansos.

Antes das 20 horas de cada venres, a empresa confeccionará e publicará os cadros de quendas e descansos da semana seguinte, correspondentes ó cadro de persoal suxeito a réxime de quendas.

En xeral, terase en conta que o persoal rote nas distintas quendas e, en particular, que, naquelas seccións con procesos continuos durante as 24 horas, ningún traballador estea na de noite máis de dúas semanas consecutivas, salvo adscrición voluntaria.

A empresa, ó confecciona-la lista de quendas, terá en conta que se descansen a maior cantidade de domingos posibles, salvo no que se refire ó artigo seguinte.

A rotación entre quendas seguirá o ciclo tarde - mañá-noite.

Artigo 24º.-Excepción ó descanso dominical.

Dada a particularidade da materia prima, que esixe un tratamento e control continuos, para os servicios de aprovisionamento, pretratamento, recepción, mantemento e caldeiras, o sistema ordinario de quendas incluirá os domingos. Nestes casos, un mesmo traballador non poderá traballar dous domingos consecutivos, salvo adscrición voluntaria, pacto particular cun ou varios traballadores ou contratacións específicas para eses días.

Á marxe das compensacións económicas que se sinalan no capítulo de aspectos económicos, o persoal que traballe en domingo, descansará, en compensación, un día completo, preferiblemente o sábado inmediatamente anterior ó da prestación do servicio.

Artigo 25º.-Festivos.

O número de festivos non recuperables para este ano serán os que indique a lexislación vixente. O

persoal que entre a formar parte da lista dos domingos terá preferencia para traballa-los festivos.

Os festivos traballados serán retribuídos como horas festivas extraordinarias.

Artigo 26º.-Festas de Nadal.

Os días 24 e 31 de decembro a segunda quenda será de catorce a dezanove horas, non traballando a quenda de noite. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro a primeira das quendas será das 9 ás 14 horas, computándose como xornada laboral completa para tódolos efectos.

Así mesmo, as dúas quendas do día 25-12 e 1-1, realizaranse por aqueles ós que lles corresponda os labores de recepción, é dicir, o mesmo que en domingos e festivos.

Artigo 27º.-Licencias.

O persoal terá dereito a licencias retribuídas, nos seguintes casos e coa extensión seguinte:

a) Por defunción de pais, irmáns, cónxuxe e fillos, catro días, se o falecemento ten lugar dentro da provincia, e seis se tivera lugar fóra dos límites dela, sempre e cando se produza o desprazamento.

b) Por defunción de pais e irmáns políticos, dous días dentro da provincia e tres fóra dela, sempre e cando se produza o desprazamento.

c) Por enfermidade grave de pais, cónxuxe, fillos e irmáns, tres días dentro da provincia e catro fóra dela, sempre que se produza o desprazamento.

d) Por nacemento de fillo, catro días.

e) Por matrimonio, quince días.

f) Por traslado de domicilio, un día.

Os días consideraranse naturais.

Capítulo IV

Saúde laboral

Artigo 28º.-Normativa.

1. A dirección da empresa e os representantes dos traballadores coinciden en afirma-la importancia que ten o estricto cumprimento do conxunto da normativa en materia de prevención, hoxe articulada en torno á Lei de prevención de riscos laborais, de 8-11-1995, sobre a base de considerar que a integridade física do traballador é un ben supremo e irrenunciable.

Por iso, manifestan a súa total disposición a colaborar lealmente na procura deste obxectivo común, no ámbito das súas respectivas responsabilidades.

2. O centro de traballo de Arteixo contará con tres delegados de prevención, que serán designados de entre os membros do comité de empresa, ós que corresponderá:

-Colaborar coa dirección da empresa na mellora da acción preventiva.

-Promover e fomenta-la cooperación dos traballadores na execución da normativa sobre prevención de riscos laborais.

-Ser consultados pola dirección da empresa, con carácter previo á súa execución, sobre as decisións a que se refire o artigo 33 da Lei de prevención de riscos laborais.

-Exercer un labor de vixilancia e control sobre o cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais, podendo, para tal efecto, inspeccionar tódolos lugares de traballo, emitir informes e propoñer solucións, podendo contar, para tal fin, con asesores expertos alleos á empresa.

-Os delegados de prevención disporán dun crédito de 40 horas retribuídas anuais para asistir a cursos de formación en materia de saúde laboral. A dirección da empresa esixirá, en todo caso, os oportunos xustificantes de asistencia.

3. No centro de traballo de Arteixo existirá un comité de seguridade e saúde, integrado polos tres delegados de prevención, dunha parte, e polos representantes da dirección, designados polo director de organización e recursos humanos e da empresa.

Nas xuntanzas do comité de seguridade e saúde participarán, con voz pero sen voto, os responsables técnicos de prevención na empresa que non estean incluídos na composición do comité de seguridade e saúde.

Este comité terá as seguintes competencias:

-Participar na elaboración, posta en práctica, avaliación dos plans e programas de prevención de riscos na empresa.

-Promover iniciativa sobre métodos e procedementos para a efectiva prevención dos riscos, propoñendo á empresa a mellora das condicións ou a corrección das deficiencias existentes.

O comité reunirase trimestralmente e sempre que o solicite algunha das súas representacións.

Artigo 29º.-Vixilancia da saúde.

Fíxase a necesidade de realizar recoñecementos previos e periódicos (anuais) de carácter gratuíto, que serán levados a cabo por persoal especializado. Tales recoñecementos deberán respectar sempre o dereito á dignidade, intimidade e confidencialidade. Neste sentido, os informes médicos deberanlles ser entregados directamente ós traballadores, e poderanse arquiva-las copias dos informes exclusivamente por parte dos servicios médicos. A dirección da empresa só poderá ter acceso a datos xerais, que lle serán facilitados exclusivamente polos mencionados servicios.

Artigo 30º.-Roupa de traballo.

A empresa entregaralles ós traballadores que prestan os seus servicios na planta roupa de traballo adecuada ás súas necesidades e respectivas funcións, adecuándose ás regulamentacións técnico-sanitarias e de seguridade e hixiene.

Os traballadores a que se refiere o parágrafo anterior, independentemente dos equipos de protección específicos obrigatorios, terán como dotación mínima, as seguintes pezas de roupa:

Departamentos/

Seccións

UnidadesVestiario

Recepción, fábrica, mantemento e almacéns2 uds. iniciais e reposición s/necesidadeChaquetas curtas
2 uds. iniciais e reposición s/necesidadePantalóns
2 uds. iniciais e reposición s/necesidadeCamisas
1 ud. inicial e reposición s/necesidadeChaleco
1 ud. inicial e reposición s/necesidadeChaquetón
1 ud. inicial e reposición s/necesidadeBotas de seguridade
2 uds. iniciais e reposición s/necesidadeGorros

Laboratorio2 uds. iniciais e reposición s/necesidadePantalóns
1 ud. inicial e reposición s/necesidadeCalzado
2 uds. iniciais e reposición s/necesidadeBatas
1 ud. inicial e reposición s/necesidadeChaquetón
2 uds. iniciais e reposición s/necesidadeGorros

Esta relación poderá ser modificada como consecuencia do traballo que realicen a dirección e o comité de empresa, conforme o sinalado no artigo 28º.

Capítulo V

Dereitos e funcións dos representantes

dos traballadores

Artigo 31º.-Dereitos sindicais.

Os membros do comité de empresa ou delegados de persoal disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determine.

Sen supera-lo máximo, poderán ser consumidas as horas retribuídas co fin de asistir a cursos de formación organizados polos sindicatos, institutos de formación ou outras entidades.

Os traballadores poderán esixirlles ós delegados de persoal a convocatoria de asemblea cando o solicite o 10% do cadro de persoal.

TÍTULO III

Aspectos económicos

Capítulo I

Do salario

Artigo 32º.-Salario base.

Os soldos base deste convenio son os que figuran no anexo adxunto; a súa táboa salarial enténdese para xornada completa en cada categoría profesional e posto de traballo.

Artigo 33º.-Antigüidade.

O presente convenio supón un cambio profundo do anterior sistema de antigüidade ata o de agora vixente, que se modifica do seguinte xeito:

1. Tódolos traballadores do cadro de persoal consolidarán a catnidade que perciban en concepto de antigüidade o 31-12-1998.

2. A esta cantidade engadirase a que cada traballador teña teoricamente devengada para o cumprimento do seguinte quinquenio, computándose por días tal devengo.

3. O total resultante incrementarase coa porcentaxe de subida salarial que se pacte para 1999, á que se engadirá un 2% adicional de incremento.

4. Tal cantidade pasará, en diante, a percibirse en concepto de complemento convenio de orixe, que se crea, e que será, polo tanto, de carácter persoal para cada traballador.

5. A partir do ano 2000, este complemento convenio de orixe continuará incrementándose anualmente coa porcentaxe xeral que se pacte nos sucesivos convenios colectivos, á que se engadirá, en tódolos casos, un 2% adicional.

6. O complemento convenio de orixe, ó ter carácter persoal, percibirano tan só aqueles traballadores que o 31-12-1998 tiveran consolidado algún quinquenio.

Como excepción a esta regra xeral, establécese a de que os traballadores que se incorporen con carácter indefinido á empresa, en virtude deste convenio colectivo, percibirán, con efectos do 1-1-1999, un complemento convenio de orixe inicial de 75.000 pesetas brutas anuais, actualizable tódolos anos nas mesmas porcentaxes que anteriormente se indicaron. Igual cantidade percibirán os traballadores que, no momento do asinamento do convenio, teñan subscrito coa empresa un contrato indefinido en datas recentes.

7. Non se percibirá en concepto de complemento convenio de orixe unha cantidade que supere o 50% do salario base por categoría, salvo no caso de aqueles traballadores que, no momento do asinamento do convenio, teñan consolidados 5 ou máis quinquenios, para os que o tope será o do asinamento ata o de agora, o 60%.

Artigo 34º.-Pagas extraordinarias.

Mantéñense as tres gratificacións extraordinarias que se veñen satisfacendo na actualidade, equivalente cada unha delas a unha mensualidade, computándose nas mesmas o salario base, máis antigüidade (complemento convenio do orixe, a partir do 1-1-1999).

Artigo 35º.-Incremento salarial.

Será do 2,2%, para 1997, e do 2% para 1998, con cláusula de revisión salarial para o caso de que o IPC, a finais de 1998, resulte superior ó incremento que se pacta para este ano. Tales incrementos, que operan sobre tódolos conceptos salariais, aplicaranse, con efectos retroactivos, o día 1 de xaneiro de cada un deses dous anos. Os atrasos salariais aboaranse no mes seguinte ó do asinamento do convenio.

Doutra banda, e tendo en conta o tempo transcorrido entre o inicio das negociacións e o momento do asinamento do convenio, de xeito excepcional, e sen que poida servir de precedente para futuras negociacións colectivas, xunto cos correspondentes atrasos, aboarase unha cantidade, en concepto de xuros de demora, equivalente ó aforro financeiro que para a empresa supuxo o non pagar atrasos desde

xaneiro de 1997. Esta cantidade, que supón un 0,20% do total da masa salarial, distribuirase linealmente entre tódolos traballadores incluídos, para efectos salariais, en convenio.

Artigo 36º.-Participación en beneficios.

No suposto de que a empresa acade beneficios na contía que para 1998 se determina na escala máis abaixo reflectida, o persoal incluído no ámbito de aplicación deste convenio percibirá unha cantidade equivalente á porcentaxe que se indica, que se aplicará sobre a totalidade da masa salarial da empresa de 1998. Tal cantidade se distribuirá linealmente entre os traballadores incluídos, para efectos salariais, neste convenio, e será aboada tan pronto exista acreditación oficial da existencia de beneficios e da súa contía.

Para 1998, a escala será a seguinte:

De 100 a 200 millóns de pesetas: 0,50% s/masa salarial.

De 201 a 300 millóns de pesetas: 0,75% s/masa salarial.

Máis de 300 millóns de pesetas: 1,00% s/masa salarial.

Capítulo II

Outros aspectos retributivos

Artigo 37º.-Plus de axuda ó transporte.

Mantense en 100 pesetas diarias para todo tipo de persoal, sen distinción de categorías profesionais, con base na xornada de traballo completa.

O dito plus cobrarase exclusivamente os días de asistencia ó traballo, non sendo computable en vacacións, IT, permisos, etc.

Artigo 38º.-Plus de compensación de traslado.

Mantense o plus de compensación de traslado en 60 pesetas, por día, facéndose extensivo a todo o persoal de alta na empresa anterior ó 1-6-1992.

Este plus cobrarase, ademais dos días de asistencia ó traballo, durante os períodos de IT, non sendo computable en vacacións.

Artigo 39º.-Plus de vestiario.

Mantense o plus de vestiario, de aplicación a todo o persoal, cunha contía de 4.919 pesetas/mes (1997) e de 5.017 pesetas/mes (1998). Este plus non se aboará nas pagas extraordinarias, entendéndose como un suplido de gastos.

Artigo 40º.-Póliza de accidentes.

Mantense a concertación da póliza de accidentes, con cobertura durante as 24 horas do día e coas seguintes cantidades:

-Dous millóns de pesetas, en caso de invalidez permanente.

-Un millón e medio de pesetas, en caso de falecemento.

Neste último caso aboarase a cantidade sinalada ás persoas que xustifiquen seren as herdeiras legais do traballador falecido.

Artigo 41º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias aboaranse cun incremento do 40% sobre o valor da hora ordinaria, comunicándoselle mensualmente á autoridade laboral, conxuntamente pola empresa e o comité de empresa.

As horas extraordinarias realizadas en festivos polo persoal con alta na empresa anterior ó 9-4-1974, aboaranse cun incremento do 65% sobre o valor da hora ordinaria.

Artigo 42º.-Nocturnidade.

As horas traballadas en período nocturno, isto é, entre as 10 da noite e as 6 da mañá, terán unha remuneración adicional cifrada no 25% do valor da hora ordinaria.

Así mesmo, os traballadores que cubran a quenda de noite percibirán, ademais do incremento sinalado no parágrafo anterior, 318 pesetas (1997) e 324 pesetas (1998) por noite traballada, en concepto de suplido de gastos.

Tanto esta última cantidade, como a reflectida no artigo seguinte (traballo en domingo por quenda), serán actualizadas cada ano co incremento salarial resultante da negociación do convenio colectivo, salvo que nel se determine outro tipo de incremento.

Exclusivamente nos casos nos que sexa festivo o sábado, o persoal que traballe a xornada do venres na quenda de noite percibirá como complemento correspondente á xornada do venres 6,66 horas festivas, que terán tal consideración só para efectos salariais.

Artigo 43º.-Domingos.

As persoas ás que lles corresponda traballa-los domingos por quenda percibirán, en concepto de suplido de gastos (transporte e manutención), a cantidade de 2.645 pesetas (1997) y 2.698 (1998) por domingo traballado.

Artigo 44º.-IRTP.

A empresa seguirá aboándolles ós seus traballadores as mesmas cantidades que polo concepto do suprimido imposto de rendemento de traballo persoal (IRTP) lle correspondía pagar a cada un o 1 de xaneiro de 1979.

As ditas cantidades quedan consolidadas nas súas contías actuais, e non poderán ser absorbidas por calquera aumento salarial futuro, xa sexa por disposición legal, por convenio ou laudo.

Artigo 45º.-Axudas de custo.

Cando por necesidades da empresa un traballador sexa desprazado fóra da súa residencia habitual por un período superior a 24 horas, aboaráselle, á parte dos gastos de desprazamento e estancia, unha compensación económica suplementaria de 500 pesetas diarias.

Artigo 46º.-Premio de xubilación.

A empresa aboaralles ós traballadores que se xubilen ó cumpri-los 65 anos de idade como máximo un premio na contía de 10.000 pesetas por ano de servicio, entendéndose que os que superen a dita idade renunciarán a el.

Esta mes cantidade seralles aboada ós que causen baixa definitiva na empresa, por enfermidade, accidente laboral ou falecemento. Neste último caso, aboaráselles ós que xustifiquen seren os seus herdeiros. Nos supostos deste apartado, o premio será concedido nas mesmas condicións e contías que as sinaladas e contías que as sinaladas no apartado anterior.

Artigo 47º.-Fomento da prexubilación.

Os traballadores cunha antigüidade mínima de 5 anos, que causen baixa na empresa por prexubilación percibirán as seguintes cantidades:

-60 anos: 400.000 ptas.

-61 anos: 325.000 ptas.

-62 anos: 250.000 ptas.

-63 anos: 175.000 ptas.

-64 anos: 100.000 ptas.

Artigo 48º.-Retribución en caso de baixa por enfermidade común ou accidente non laboral.

En caso de baixa por enfermidade ou accidente non laboral, a empresa aboaralle o complemento necesario para que, xuntamente coa prestación económica da Seguridade Social, o traballador perciba a partir da data da baixa o salario total fixado por este convenio, é dicir, salario base, antigüidade (complemento convenio de orixe, a partir do 1-1-1999) e pluses de convenio e compensación de traslado, exceptuando o plus de axuda ó transporte.

A dirección terá a facultade de que o médico de empresa, ou o que se designe, visite no seu domicilio e recoñeza o traballador cantas veces crea conveniente. Así mesmo, poderá requiri-lo productor en baixa para que se presente a recoñecemento coa periodicidade que se considere preciso.

Nos casos de disconformidade coa situación de baixa, a dirección e o comité de empresa nomearán un facultativo para que efectúe o recoñecemento oportuno; do seu dictame dependerá o aboamento do complemento ó que fai referencia o presente artigo, así como o seguinte.

Artigo 49º.-Retribución en caso de accidente laboral ou enfermidade profesional.

En caso de accidente de traballo que dea lugar a unha IT, a empresa aboará o complemento necesario para que, xuntamente coa prestación que perciba da mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, o traballador accidentado perciba o total dos seus salarios desde o primeiro día en que resulte accidentado e durante todo o tempo

durante o que teña dereito á citada prestación económica, a excepción do plus de axuda ó transporte, como no caso de enfermidade común.

Recoñéceselle á empresa a mesma facultade de vixilancia e comprobación establecida no artigo anterior.

Disposición adicional

O horario do persoal administrativo que estea suxeito a xornada continuada será o seguinte:

Luns a xoves: entrada: 7.45 horas. Saída: 15.05 horas.

Venres: entrada: 7.45 horas. Saída: 15 horas.

Admítese unha flexibilidade para o dito persoal na incorporación ó traballo de 15 minutos; o dito atraso, en caso de que existira, deberá recuperarse dentro do mesmo día en que se produza.

Disposición derradeira

No non previsto no presente convenio haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores e no convenio estatal de industrias lácteas.

Táboas salariais

Salario base

mensual

Prezo

Hora

1997199819971998

Grupo profesional de técnicos
Técnico xefe191.404195.2321.572,321.603,77
Técnico superior177.359180.9061.456.951.486,08
Técnico medio136.060138.7811.117,691.140,04
Técnico operador128.996131.5761.059,661.080,85
Técnico diplomado125.305127.8111.029,341.049,93

Grupo administrativo e comercial
Oficiais de 1ª116.958119.297960,77979,98
Oficiais de 2ª113.020115.280928,42946,99
Auxiliares administrativos104.033106.114854,60871,69
Telefonistas98.492100.462809,08825,26
Inspectores, promotores e supervisores de vendas122.578125.0291.006,941.027,07
Vendedores112.442114.691923,68942,15

Grupo de producción e tarefas auxiliares
Contramestre130.440133.0491.071,521.092,95
Xefe de sección130.440133.0491.071,521.092,95
Encargado126.509129.0391.039,231.060,02
Capataz122.578125.0291.006,941.027,07
Coordinador de zona119.219121.604979,35998,94
Inspector de distrito110.212112.417905,36923,47
Oficial de 1ª especialista122.578125.0291.006,941.027,07
Oficial de 1ª O.V.115.269117.575946,90965,84
Oficial de 2ª O.V.112.462114.711923,84942,31
Oficial de 3ª O.V.110.323112.529906,27924,39
Oficial de 1ª laboratorio116.958119.297960,77979,98
Oficial de 2ª laboratorio113.020115.280928,42946,99
Auxiliar laboratorio104.033106.114854,60871,69
Oficial 1ª conductor111.900114.138919,22937,61
Almaceneiro106.383108.511873,90891,38
Auxiliares (inspección, laboratorio e mantemento)104.033106.114854,60871,69
Supervisor de liña115.269117.575946,90965,84
Especialista de 1ª108.525110.696891,50909,33
Especialista de 2ª106.211108.336872,49889,94
Especialista de 3ª104.033106.114854,60871,69
Peón especialista100.696102.710827,18843,73
Peón98.492100.462809,08825,26
Limpador98.492100.462809,08825,26
Garda e sereno98.492100.462809,08825,26

5667