Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 10 de xullo de 1998 Páx. 7.812

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Megasa Siderúrgica, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Megasa Siderúrgica, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 27-5-1998, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social, polo comité de empresa, o día 25-5-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real Decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real Decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Medicaicón, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de xuño de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Megasa

Siderúrgica, S.L., de Xubia-Narón para

os anos 1998 e 1999

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo de traballo refírese exclusivamente ás actividades que nas súas instalacións industriais de Xubia-Narón desenvolve a empresa Megasa Siderúrxica, S.L.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Afectará este convenio a tódolos productores que actualmente forman parte do cadro de persoal da empresa ou que entren nela durante a súa vixencia.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

A duración do presente convenio será de dous anos, contados a partir do 1 de xaneiro de 1998, sempre que sexa debidamente rexistrado pola autoridade laboral competente.

Producirá efectos económicos a partir do 1 de xaneiro de 1998, excepto as primas de producción do artigo 10º, que o farán a partir da data do asinamento do convenio.

Os conceptos económicos do presente convenio incrementaranse no segundo ano da súa vixencia co IPC correspondente a 1998 (e publicado polo INE).

Artigo 4º.-Normas supletorias.

En todo o non previsto no presente convenio continuarán sendo de aplicación as normas legais de carácter xeral, Estatuto dos traballadores, Ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica e as súas modificacións posteriores, e o Regulamento de réxime interior vixente.

Artigo 5º.-Normas para vixilancia e cumprimento.

Con suxeición ó establecido no artigo 85.2º do Estatuto dos traballadores, constitúese unha comisión paritaria, que entenderá previamente dos conflictos derivados da aplicación e interpretación con carácter xeral deste convenio. Comporase de seis vocais, dos que tres serán nomeados pola empresa e outros tres polo comité.

Os acordos ou resolucións adoptaranse por unanimidade de tódolos membros da comisión paritaria e terán carácter vinculante. Se non se obtivera unanimidade, para a resolución das xestións deberanse segui-las vías xa previstas pola vixente normativa.

Artigo 6º.-Denuncia.

O convenio, ó final da súa vixencia, prorrogarase anualmente se ningunha das partes o denunciara cun mes de anticipación ó dito final.

A denuncia deberáselle comunicar por escrito á outra parte e, se fora o caso, ó organismo competente da Administración.

Artigo 7º.-Compensación e absorción de melloras.

As condicións do presente convenio colectivo son compensables na súa totalidade coas que anteriormente rexeron por imperativo legal, xurisprudencial, contencioso ou administrativo, convenio salarial, pacto de calquera clase (individual ou colectivo), usos e costumes locais, comarcais ou rexionais, ou por calquera outra causa.

As disposicións legais que se poidan producir e que impliquen variacións de calquera tipo no presente convenio só terán eficacia práctica se, considerados globalmente en cómputo anual, superan o nivel do presente convenio. En caso contrario, consideraranse absorbidas.

Capítulo II

Retribucións, asignacións de carácter económico

Artigo 8º.-Salarios.

Os salarios dos distintos grupos e categorías profesionais afectados por este convenio serán os seguintes:

Grupo 1:

Técnicosptas./mes

Inxeñeiros, arquitectos e licenciados227.138

Grupo 2:

Técnicosptas./mes

Peritos e técnicos industriais171.322

Os mesmos, con responsabilidade técnica por non esixir un titular de categoría superior e non ser preciso a dirección facultativa destes195.243

Axudantes de inxeñería e arquitectura171.322

Xefe de 1ª administrativo171.322

Grupo 3:

Empregadosptas./mes

Xefe de 2ª administrativo163.339

Operarios:

Xefe de taller150.908

Xefe de laboratorio146.028

Mestre industrial135.130

Mestre de taller135.130

Xefe de sección130.860

Segundo mestre de taller122.521

Contramestre122.521

Grupo 4:

Empregadosptas./mes

Delineante de 1ª122.521

Operarios:

Encargado118.709

Capataz de especialistas144.612

Grupo 5:

Empregadosptas./mes

Oficial de 1ª administrativo122.521

Viaxante122.521

Analista de 1ª122.521

Oficial de 2ª administrativo116.189

Delineante de 2ª116.189

Analista de 2ª116.189

Chófer de 1ª de camión116.358

Capataz de peóns107.667

Operarios:ptas./día

Profesionais siderúrxicos de 1ª3.876

Profesionaies siderúrxicos de 2ª3.781

Oficial de 1ª3.876

Oficial de 2ª3.781

Grupo 6:

Empregadosptas./mes

Chófer de 2ª de camión113.465

Listeiro111.988

Chófer de turismo109.846

Almaceneiro106.730

Calcador105.421

Reproductor de planos104.192

Auxiliar104.192

Pesador e basculeiro99.630

Garda xurado100.677

Vixilante99.630

Conserxe99.345

Enfermeiro95.141

Telefonista95.141

Operariosptas./día

Profesionais siderúrxicos de 3ª3.663

Oficial de 3ª3.663

Especialista3.556

Mozo especialista de almacén3.556

Grupo 7:

Empregadosptas./mes

Ordenanza99.630

Porteiro99.630

Persoal de limpeza93.797

Botóns de 16 anos71.526

Botóns de 17 anos75.201

Aspirante de 16 anos administrativo71.526

Aspirante de 17 anos75.201

Operariosptas./día

Peóns ordinarios3.343

Pinche de 16 anos2.362

Pinche de 17 anos2.503

Artigo 9º.-Gratificacións.

Establécense as seguintes gratificacións, que o persoal percibirá mensualmente, ata unha tonelaxe de 5.500 toneladas fundidas na sección de acería, e 2.800 toneladas laminadas na sección de laminación, e na forma que se detalla a seguir:

O importe da gratificación que corresponda a cada traballador, por aplicación dos criterios que eiquí se detallan para cada sección, estará afectado por un coeficiente, chamado G1, que resulta da seguinte fórmula:

MDL - DLNT

G1 =

MDL

MDL = media de días (ou fracción) laborables mes entre as quendas da sección.

DLNT = días (ou fracción) laborables non traballados dentro de cada mes. Calquera que resulte ser, en cada mes, o valor numérico da media aritmética de días laborables, do dito valor restaráselle a cada productor o número de días (ou fracción) laborables que este non traballase dentro dese mes.

Sección de acería:

a) Cada traballador que ocupe un posto dos asignados á producción directa na sección de acería percibirá 2,31 pesetas por tonelada de aceiro obtido en bilete elaborado de acordo coas normas indicadas no programa de fabricación correspondente, ata unha tonelaxe mínima de 5.500 toneladas.

b) Cada traballador que ocupe un posto dos asignados a servicios auxiliares percibirá 1,85 pesetas por tonelada de aceiro obtido en bilete elaborado de acordo coas normas indicadas no programa de fabricación correspondente, ata unha tonelaxe máxima de 5.500 toneladas.

Sección de laminación:

a) Cada traballador que ocupe un posto dos asignados á producción directa na sección de laminación percibirá 5,81 pesetas por tonelada de redondo elaborado de acordo coas normas indicadas no programa de fabricación correspondente, ata unha tonelaxe máxima de 2.800 toneladas.

b) Cada traballador que ocupe un posto dos asignados a servicios auxiliares percibirá 4,65 pesetas por tonelada de redondo elaborado de acordo coas normas indicadas no programa de fabricación correspondente, ata unha tonelaxe máxima de 2.800 toneladas.

Talleres e outras seccións:

Cada traballador cun rendemento normal percibirá, como gratificación á producción, a cantidade resultante de multiplica-la media da gratificación obtida no mes por un traballador, do coeficiente 1,00, na sección de fundición e na de laminación, por 0,75. E todo isto, de acordo coa forma e coeficientes que se sinalan a seguir, aplicados a cada categoría:

Importe Grat. acería (A) + Importe Grat. Lam. (B)

x 0,75

2

CategoríasCoeficientes

Encargados1,50

Oficiais de 1ª1,25

Oficiais administrativos de 1ª1,25

Oficiais de 2ª1,00

Oficiais administrativos de 2ª1,00

Oficiais de 3ª1,00

Choferes1,00

Especialistas1,00

Peóns1,00

Auxiliares1,00

Delineantes1,00

Vixilantes1,00

Pesador1,00

É dicir, e como fórmula final:

A + B (1,50)

x 0,75 x (1,25) x G1

2 (1,00)

Artigo 10º.-Prima á producción.

Esta prima aboaráselle mensualmente a cada traballador a partir dun mínimo de producción e sempre, claro está, que o producto elaborado estea dentro de normas comerciais, fixadas no programa de fabricación. O importe da prima á producción que a cada traballador corresponda, por aplicación dos criterios que aquí se detallan para cada sección, estará afectado por un coeficiente, chamado P1, que resulta da seguinte fórmula:

MDL - DLNT

P1=

MDL

MDL = media de días (ou fracción) laborables mes entre as quendas da sección.

DLNT = días (ou fracción laborables non traballados, dentro de cada mes. Calquera que resulte ser, en cada mes, o valor numérico da media aritmética de días laborables, do dito valor restaráselle

a cada productor o numero de días (ou fracción) laborables que este non traballase dentro dese mes.

Sección de acería:

O número de toneladas que excedan o mínimo de cada chanzo multiplicarase polo prezo tonelada correspondente ó dito chanzo.

TÁBOA

TMS-EscalónsPrezo/TMValor escalónValor escalón

42.819 45.3781,61 4.113
45.378 47.9361,88 4.804 8.917
47.936 50.4942,28 5.84114,758
50.494 53.0522,55 6.51621.274
53.052 55.6102,82 7.20728.481
55.610 58.6183,07 7.84536.326
58.168 60.7263,34 8.55444.880
60.726 63.2843,62 9.26554.145
63.284 65.8423,88 9.91764.062
65.842 68.4004,2810.95675.018

Ó persoal de servicios auxiliares aplicaráselle o coeficiente do 1,00.

Se por causas tales como, por ejemplo, avarías, carencia de materia prima e outros similares, non se traballase na sección de fundición, non se devengará cantidade ningunha polo concepto de prima.

Cláusula de revisión. Esta prima está calculada para as actuais condicións de traballo: catro quendas rotativas, o actual forno (nº 5), forno culler e máquina de coada, e as instalacións auxiliares e complementarias tal e como agora están. Calquera innovación, reforma ou mellora que incremente a producción determinará a revisión de prezos e sistemas, o cal se negociará, logo de convocatoria escrita, durante un tempo máximo de trinta días.

A empresa, tamén previamente ó inicio destas conversacións, e cunha anticipación non inferior a trinta días, facilitará un informe técnico en que deberá fundamentarse a revisión.

Se non se chega a acordo dentro do dito prazo, aplicarase o regulado sobre tal particular na vixente normativa.

En canto se negocie a revisión de prezos e sistemas, en circunstancias normais de producción, o aboamento das primas efectuarase de acordo coa media obtida no ano anterior á revisión.

Sección de laminación:

Continuarase aplicando, por día de traballo efectivo, o sistema de primas estudiado e realizado por esta empresa pola casa Bedaux, e que xa foi implantado no ano 1981.

Sinálase, por vía de exemplo, que a un rendemento de 80 puntos Bedaux, corresponderán 89 pesetas/hora, traballando neste caso a catro quendas rotativas. Calquera incremento no número de quendas ou no tempo (de horas e minutos) de traballo efectivo determinará a revisión dos valores económicos comprendidos entre os correspondentes a aqueles óptimo e mínimo.

Os coeficientes que se lle aplicarán ó persoal desta sección sobre a prima resultante serán 1,00, 1,03 e 1,50.

Se por causas tales como, por exemplo, avarías (seguindo a clasificación de Bedaux), carencia de materia prima e outras similares, non se traballase na sección

de laminación, non se devengará cantidade ningunha polo concepto de prima. Se se deren estas circunstancias e en canto duren, estes tempos en que non se lamine non serían computables para efectos de cálculo de rendementos (segundo as normas de Bedaux).

Cláusula de revisión. Esta prima está calculada para as actuais instalacións de Megasa e con bilete cadrado de sección 130x130 mm. Calquera innovación, reforma ou mellora que modifique e incremente a producción determinará a revisión de prezos e correspondente adaptación do sistema, o cal se negociará, logo de convocatoria escrita, durante un tempo máximo de trinta días.

A empresa, tamén previamente ó inicio destas conversas e cunha anticipación non inferior a trinta días, facilitará un informe técnico en que se deberá fundamenta-la revisión.

Se non se chega a acordo dentro do dito prazo, aplicarase o regulado sobre tal particular nas disposicións legais vixentes.

Mentres se negocie a revisión de prezos e sistemas, en circunstancias normais de producción, o aboamento das primas efectuarase de acordo coa media obtida no ano anterior á revisión.

Talleres e outras seccións:

Cada traballador cun rendemento normal percibirá como prima á producción a cantidade resultante de multiplica-la media da prima á producción obtida no mes por un traballador, dos do coeficiente 1,00 tanto na sección de acería como na de laminación, polos coeficientes máis abaixo indicados:

Impte. Prima Secc. acería + Impte. Prima Secc. Lamin.

x Coefic.

2

Personal doutras dependenciasCoeficiente

Oficinas0,85

Laboratorio0,98

ChOferes0,98

Mantemento1,00

Varios0,95

Artigo 11º.-Remuneración extrasalarial.

En canto non sexa posible regula-la retribución do traballo en función do rendemento, e mentres non se realicen os estudios necesarios para isto, establécese o devengo extrasalarial equivalente ó vintecinco por cento dos salarios base sinalados anteriormente, que percibirán por día de traballo tódolos productores que alcancen un normal rendemento independente do resultado obtido. Unha vez fixadas as táboas de rendementos mínimos, que se realizarán tomando como base unha actividade media mínima de 60 Bedaux ou cen centésimas, serán estas as que sirvan de base para o outorgamento dos premios de incentivo, quedando, por tanto, a partir dese mesmo momento sen efecto o vintecinco por cento antes citado en todos aqueles postos de traballo en que chegase a implantarse o referido sistema.

Artigo 12º.-Premio por antigüidade.

O premio por antigüidade será o establecido pola vixente ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica e demais disposicións legais concorrentes e computarase para efectos económicos nas pagas

de xullo, Nadal e vacacións, respectándose os topes establecidos no artigo 25 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 13º.-Gratificacións extraordinarias.

Consistirán no aboamento de dúas gratificacións ó ano, unha en xullo e outra no Nadal, consistentes cada unha en trinta días do salario que figura nas táboas deste convenio, incrementado no 25% extrasalarial que se fixa no artigo 11º, aplicado só sobre o soldo base, máis a antigüidade correspondente a cada traballador. Estas gratificacións aboaranse os días 15 de xullo e 15 de decembro.

O importe das gratificacións extraordinarias non se verá reducido no caso de IT producida por accidente laboral e a partir do día 1 de xaneiro de 1998, tampouco no caso de IT derivada de enfermidade común.

Artigo 14º.-Vacacións e descansos.

Establécense en trinta días naturais para todo o persoal, de acordo co artigo 38 do Estatuto dos traballadores, modificado pola Lei 4/1983, do 29 de xuño. O desfrute delas poderá ser dividido en dous períodos: 21 días continuados nos meses de xullo ou agosto, que serán fixados pola empresa segundo as súas necesidades, e 8 días en período de temporada alta do calendario eléctrico (salvo en casos extraordinarios de avarías graves ou investimentos estructurais importantes), unidos, estes últimos, á parada do Nadal, deixando un día para desfrutar o 1 de xaneiro de cada ano.

Os descansos correspondentes a festividades traballadas realizaranse dentro do ano e de acordo coas necesidades técnicas, organizativas e productivas da empresa. A data de descanso notificarase cun aviso previo razoable (aproximadamente dunha semana).

Cando se realicen reformas ou novas instalacións que requiran o concurso e/ou o adestramento do persoal de mantemento, de rápida intervención e operación, este non esperará a remata-las súas vacacións, e anticipará a súa reincorporación ó traballo no número de días preciso (normalmente un ou dous días) para que se poida inicia-lo proceso productivo con normalidade. O desfrute dos días anticipados farase dentro da temporada correspondente e de común acordo coa empresa.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

A empresa, ó iniciarse as relacións de traballo, facilitaralle a cada traballador dúas fundas, dúas toallas e un par de botas de seguridade.

A duración normal da roupa será de catro meses para fundas e toallas, facilitándose un par de botas contra entrega das anteriores, por inservibles estas, cun máximo de tres pares ó ano.

Non obstante, a empresa facilitará as pezas que se soliciten naqueles casos necesarios e perentorios en que, logo de informe do xefe de sección, se xustificara a súa necesidade.

Así mesmo, a empresea terá ó dispor do persoal roupa e calzado adecuados para efectuar traballos en lugares que presenten moita suciedade, ademais de

proporcionarlles ós seus traballadores todo o material de protección e seguridade que fora preciso.

Artigo 16º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e oportuna xustificación, poderase ausentar do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais, en caso de casamento.

b) Tres días naturais, por parto da esposa.

c) Tres días naturais, en caso de falecemento de pais, fillos, pais políticos, avós, netos, cónxuxe e irmáns, sempre que o óbito teña lugar na provincia, e cinco días naturais cando ocorra fóra dela, e dous días naturais no caso de falecemento de irmáns ou fillos políticos.

d) Dous días naturais, en caso de enfermidade grave de pais, avós, fillos e cónxuxe.

e) Un día natural en caso de casamento de fillos ou irmáns ou por cambio de domicilio habitual.

En tódolos demais casos aplicarase o disposto nas normas legais.

A remuneración estará integrada polos seguintes conceptos: salario base, antigüidade e un cincuenta por cento da prima á producción correspondente a ese día.

Artigo 17º.-Plus de distancia.

Tódolos productores percibirán por este concepto, e sen que se teña que ter en consideración o número de quilómetros, a cantidade, igual para todos, de 42 pesetas por día enteiro de traballo efectivo. Este plus ten carácter extrasalarial.

Artigo 18º.-Nocturnidade.

Tódolos traballadores con dereito a percibir suplemento de nocturnidade, de conformidade co disposto no artigo 36 do Estatuto dos traballadores, percibirán unha bonificación do 30% sobre o seu salario base por noite.

Artigo 19º.-Plus de quendas.

A tódolos productores que traballen en quendas rotativas aboaránselles 571 pesetas por día de traballo efectivo e a dita cantidade será igual para tódalas categorías.

Artigo 20º.-Horas extraordinarias.

Cada hora de traballo que se realice sobre as de traballo efectivo aquí pactadas (artigo 22º) aboarase segundo o importe que figure nas táboas do artigo 21º.

Recoñéceselle-lo carácter de estructurais ás horas extraordinarias que vén realizando necesariamente esta empresa por causas técnicas obrigadas, como son as que afectan á cuarta quenda e o acendido e mantemento de fornos de acería e laminación; as orixinadas para reparación inmediata e urxente de avarías, cambios técnicos necesarios e outros imponderables.

Por outra parte, as horas extraordinarias traballadas poderán ser computadas por días de descanso, segundo as necesidades económicas, técnicas, organizativas ou productivas.

Artigo 21º.-Valor das horas extraordinarias.

Os valores das horas extraordinarias acordadas para as distintas categorías son as seguintes:

Artigo 22º.-Xornada de traballo.

O número de horas de traballo efectivo para o persoal que o faga a tres, catro e cinco quendas rotativas (artigo 25º) durante o ano 1998, e consideradas en cómputo anual, será de mil oitocentas cinco horas e corenta e cinco minutos, e para o ano 1999 será de mil setecentas noventa e oito horas, de acordo co seguinte calendario.

O persoal de xornada partida, o de taller de laminación e o de mantemento fará 8 horas diarias de traballo efectivo, de luns a venres, ambos incluídos, coa única excepción dos días 24 e 31 de decembro, que fará 4 horas de traballo efectivo, se non coinciden en sábado ou festivo. Para o ano 1999 reducirase a xornada nun día de traballo efectivo, que será fixado de mutuo acordo ó confecciona-lo calendario anual.

O horario para as seccións de mantemento será de 8 a 13 horas e de 14.30 a 17.30 horas, excepto o día que por mantemento se pare a producción (xeralmente os xoves, na sección de acería, e os venres, na sección de laminación), que o farán de mañá, de 6.45 a 15 horas, con descanso de 15 minutos, na sección de acería, os días medios e baixos do calen

dario eléctrico, e de 14 a 22.15 horas, con descanso de 15 minutos, na sección de laminación, os días medios e baixos do calendario eléctrico.

O horario de dúas quendas, mañá e tarde, será de luns a venres, de 5.45 a 14 horas, e de 14 a 22.15 horas, con descanso de 15 minutos.

Para o suposto de que, por disposición legal vinculante, se variase o calendario eléctrico (de horas punta, chan e val), as partes deliberantes do presente convenio comprométense a negociar, o máis tarde dentro do mes seguinte, a adecuación do contido deste terceiro parágrafo ás novas necesidades económicas, técnicas, organizativas ou productivas da empresa.

Cando se precise continua-la xornada, por ser necesario finaliza-las tarefas iniciadas en mantemento, e que afecten ó proceso productivo, investimentos ou á posta en marcha da instalación, será obrigatorio prolonga-la xornada do persoal responsable do traballo en sete horas en cómputo semanal, sen supera-lo 50% nun só día, acumulando as horas que superen o horario da xornada, e que as desfrutará posteriormente de común acordo coa empresa.

Xornada partida:

Desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro:

De luns a venres:

Mañá: de 8.30 a 13 horas.

Tarde: de 14.30 a 18 horas.

Días 24 e 31 de decembro:

Mañá: de 8.30 a 12.30 horas.

Taller de laminación:

Desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro:

De luns a venres:

Mañá: de 8 a 13 horas.

Tarde: de 14.30 a 17.30 horas.

Días 24 e 31 de decembro:

Mañá: de 8 a 12 horas.

Mantemento:

Desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro:

De luns a venres:

Mañá: de 8 a 13 horas.

Tarde: de 14.30 a 17.30 horas.

Días 24 e 31 de decembro:

Mañá: de 8 a 12 horas.

Día de paro por mantemento:

Acería, xeralmente os xoves (días medios e baixos):

Xornada de mañá: de 6.45 a 15 horas, con descanso de 15 minutos.

Laminación, xeralmente os venres (días medios e baixos):

Xornada de tarde: de 14 a 22.15 horas, con descanso de 15 minutos.

Dúas quendas, mañá e tarde:

Desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro:

De luns a venres:

Quenda de mañá: de 5.45 a 14 horas, con descanso de 15 minutos.

Quenda de tarde: de 14 a 22.15 horas, con descanso de 15 minutos.

Días 24 e 31 de decembro:

Mañá: de 8 a 12 horas.

Os horarios de tren de rolo, de 3 e 4 quendas, figuran como anexos a este convenio.

Artigo 23º.-Seguro de grupo.

Afectará a tódolos traballadores que actualmente forman parte do persoal da empresa ou entren no futuro a formar parte del.

Os riscos cubertos son:

a) En caso de falecemento, o pagamento dun capital de 3.000.000 de ptas.

b) En caso de invalidez absoluta e permanente, o pagamento dun capital igual ó indicado na alínea a).

c) En caso de falecemento por accidente, o pagamento dun capital igual ó dobre do indicado na alínea a).

d) En caso de falecemento por accidente de circulación, o pagamento dun capital igual ó triple do indicado na alínea a).

Aclárase que acollerse a un destes supostos exclúe os outros tres.

Artigo 24º.-Plus de traballo en festivo.

O persoal suxeito a horario do tipo tres, catro ou cinco quendas rotativas traballará, como mínimo, doce festividades ó ano, e percibirá 6.457 pesetas por cada unha traballada. O traballo nestes festivos será considerado para tódolos efectos como xornada ordinaria e en ningún caso será computable para as vacacións regulamentarias.

Artigo 25º.-Quinta quenda rotativa.

O horario de traballo para as seccións de acería e laminación adecuarase a cinco quendas rotativas, negociarase só en canto a calendario anual e ciclos de rotación.

As horas non traballadas na quinta quenda, ata completa-lo número das anuais pactadas, terán que realizarse cubrindo baixas por absentismo e na realización de traballos varios.

Artigo 26º.-Complemento de I.T.

A partir de 1999, ó persoal que estea en situación de I.T. derivada de enfermidade común aboaránselle os tres primeiros días da primeira enfermidade anual ó 65% da súa base reguladora.

Artigo 27º.-Mobilidade na empresa.

A mobilidade no seo da empresa non terá outras limitacións que as esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exerce-la prestación laboral e pola pertenza ó grupo profesional. Na falta de definición de grupos profesionais, tal mobilidade poderase efectuar entre categorías profesionais equivalentes. Como é obvio, e dadas as características da empresa, esta mobilidade levará sempre emparellada a do horario, que pasará a se-lo do novo destino.

Esta mobilidade para a realización de funcións non correspondentes ó grupo profesional ou a categorías equivalentes só será posible se existiren razóns técnicas ou organizativas que a xustificasen e polo tempo imprescindible para a súa atención. No caso de encomenda de funcións inferiores, esta deberá estar xustificada por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade productiva. O empresario deberá comunicarlles esta situación ós representantes dos traballadores. A mobilidade efectuarase sen menoscabo da dignidade do traballador e sen prexuízo da súa formación e promoción profesional, tendo dereito á retribución correspondente ás funcions que efectivamente realice, salvo nos casos de encomenda de funcións inferiores, nos que manterá a retribución de orixe. Non caberá invoca-las causas de despedimento obxectivo de ineptitude sobrevida ou de falta de adaptación

nos supostos de realización de funcións distintas das habituais como consecuencia desta mobilidade.

Se como consecuencia delas se realizaren funcións superiores ás do grupo profesional ou ás de categorías equivalentes por un período superior a seis meses durante un ano ou a oito durante dous anos, o traballador poderá reclama-lo ascenso ou, en todo caso, a cobertura da vacante correspondente ás funcións por el realizadas conforme as regras en materia de ascensos aplicables na empresa, sen prexuízo de reclama-la diferencia salarial correspondente. Estas accións serán acumulables. Contra a negativa da empresa, e logo de informe do comité, o traballador poderá reclamar ante a xurisdicción competente.

O cambio de funcións distintas das pactadas non incluído nos supostos previstos neste artigo requirirá o acordo das partes ou, no seu defecto, o sometemento ás regras previstas para as modificacións de condicións de traballo.

Capítulo III

Xeneralidades

Artigo 28º.-Clasificación profesional.

Acéptase clasifica-las categorías deste convenio en grupos profesionais, seguindo o acordo marco asinado polas federacións do metal (CC.OO., UGT e CIG), dunha parte, e da outra Confemetal, e publicado no BOE nº 55, do 4-3-1996.

Acórdase que a empresa realice os estudios necesarios de postos de traballo e categorías profesionais para adaptarse á súa actividade específica.

Artigo 29º.-Lexislación complementaria.

En todo o non pactado expresamente neste convenio, aplicarase o que dispoña en cada materia a lexislación vixente.

Anexo ó convenio de Megasa Siderúrgica, S.L.

do ano 1998

Táboas salariais anuais:

Grupo 1:

TécnicosPtas./ano

Enxeñeiros, arquitectos e licenciados3.973.022

Grupo 2:

TécnicosPtas./ano

Peritos e técnicos industriais2.996.707

Os mesmos, con responsabilidade técnica por non esixir un titular de categoría superior e non ser precisa a dirección facultativa destes3.415.125

Axudantes de enxeñería e arquitectura2.996.707

Xefe de 1ª administrativo2.996.707

Grupo 3:

EmpregadosPtas./ano

Xefe de 2ª administrativo2.857.071

Operarios:

Xefe de taller2.639.632

Xefe de laboratorio2.554.273

Mestre de taller2.363.649

Xefe de sección2.288.960

Segundo mestre de taller2.143.096

Contramestre2.143.096

Grupo 4:

EmpregadosPtas./ano

Delineante de 1ª2.143.096

Operarios:

Encargado2.076.418

Capataz de especialistas2.004.755

Grupo 5:

EmpregadosPtas./ano

Oficial de 1ª administrativo2.143.096

Viaxante2.143.096

Analista de 1ª2.143.096

Oficial de 2ª administrativo2.032.339

Delineante de 2ª2.032.339

Analista de 2ª2.032.339

Chofer de 1ª de camión2.035.295

Capataz de peóns1.883.275

OperariosPtas./ano

Profesionais siderúrxicos de 1ª1.960.287

Profesionais siderúrxicos de 2ª1.912.241

Oficial de 1ª1.960.287

Oficial de 2ª1.912.241

Grupo 6:

EmpregadosPtas./ano

Chofer de 2ª de camión1.984.692

Listeiro1.958.857

Chofer de turismo1.921.390

Almaceneiro1.866.886

Calcador1.843.989

Reproductor de planos1.822.492

Auxiliar1.822.492

Pesador e basculeiro1.742.695

Garda xurado1.761.009

Vixilante1.742.695

Conserxe1.737.710

Enfermeiro1.664.175

Telefonista1.664.175

OperariosPtas./ano

Profesionais siderúrxicos de 3ª1.852.562

Oficial de 3ª1.852.562

Especialista1.798.447

Mozo especialista de almacén1.798.447

Grupo 7:

EmpregadosPtas./ano

Ordenanza1.742.695

Porteiro1.742.695

Persoal de limpeza1.640.666

OperariosPtas./ano

Peóns ordinarios1.690.722

Pinche de 16 anos1.194.582

Pinche de 17 anos1.265.892

Narón (A Coruña), 25 de maio de 1998.

5748