Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.702

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 207/1998, do 25 de xuño, polo que se crea o colexio de educación infantil e primaria de Monforte de Lemos e o colexio de educación primaria de Viveiro, ámbolos dous na provincia de Lugo.

O Estatuto de autonomía de Galicia no seu artigo 31 e o artigo 1 do Decreto 346/1996, do 13 de setembro, establece que lle corresponde á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a competencia en materia de educación.

Tendo en conta as necesidades escolares, a racional distribución de ensinanzas e as características da zona, procédese a crea-lo colexio de educación infantil e primaria de Monforte de Lemos e o colexio de educación primaria de Viveiro.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria ó abeiro do artigo 17 da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, e o artigo 1.2º do Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de xuño de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Creáse o colexio de educación infantil e primaria de Monforte de Lemos con capacidade para 3 unidades de educación infantil e 12 de educación primaria. Intégrase neste centro o colexio de educación infantil e primaria Santo Antonio (código 27007193) e o colexio de educación infantil e primaria Sagrado Corazón (código 27007201), polo tanto estes dous centros quedan suprimidos.

Artigo 2º

Créase o colexio de educación primaria de Viveiro con capacidade para 24 unidades, resultando da fusión do colexio de educación primaria Pastor Díaz

(código 27013600 A) e o colexio de primaria Noriega Varela (código 27014941), polo tanto estes dous centros quedan suprimidos.

Artigo 3º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adoptará as medidas necesarias para o cumprimento do anteriormente sinalado.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintecinco de xuño de mil novecentos noventa e oito

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

6315