Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.700

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 205/1998, do 25 de xuño, polo que se acepta a cesión a título gratuíto á Comunidade Autónoma de Galicia dunha parcela de 8.494 m, situada na parte norte do monte Carballo do Marco, termo municipal da Cañiza (Pontevedra), para a construcción dun centro público de educación secundaria.

O Pleno da Corporación Municipal da Cañiza acordou en sesión celebrada o día 24 de novembro de 1997 a cesión á Comunidade Autónoma de Galicia dunha parcela de 8.494 m, segregada do monte Carballo do Marco, situada nese municipio da Cañiza para a construcción dun centro de 12 unidades de ESO.

Conforme ós artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá Decreto do Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta da Consellería de Economía e Facenda, feita nos termos

nos que o Concello da Cañiza acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de xuño de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta á Comunidade Autónoma de Galicia dunha parcela de 8.494 m situada na parte norte do monte denominado Carballo do Marco, ben patrimonial de propiedade municipal segregada do citado monte de 59.048 m e que linda: norte, con propiedades particulares; sur, explanación asfaltada e pista; leste, pista de acceso a propiedades particulares e oeste, pista a Leboriz de Abaixo.

O dito inmoble figura inscrito no Rexistro de Ponteareas a favor do Concello da Cañiza co carácter de ben patrimonial no tomo 301, folio 226, libro 79, predio número 7.524, inscrición primeira.

O inmoble cedido destinarase á construcción dun centro de educación secundaria.

Artigo 2º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e a inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, vintecinco de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Económia e Facenda

6540