Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.698

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 1 de xullo de 1998 pola que se clasifica como de interese formativo-ocupacional a Fundación Galfor.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Galfor con domicilio en Santiago de Compostela.

Supostos de feito.

1. Luis Figueroa Dorrego, en escrito do 22 de xuño, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada no Carballiño, o día dez de xuño de 1998, ante o notario Juan Antonio Rúa Prieto co número novecentos tres do seu protocolo, por José Barreal Núñez, Julio Díaz Escolante, Juan José Pumares Gómez, Luis Figueroa Dorrego, Avelino Álvarez

Domínguez Feijoo e José Ramón Hermida Pumares que interveñen no seu propio nome.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é o desenvolvemento e fomento económico galego, e moi en particular a creación de emprego, así como a mellora competitiva do tecido empresarial.

4. O padroado da fundación estará constituído por Guillermo Fernández Feijoo como presidente, José Ramón Hermida Pumares como vicepresidente e Juan Manuel Rey Rey como secretario.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese formativo-ocupacional da Fundación Galfor, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese formativo-ocupacional e a súa adscrición á Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día vintenove de xuño de 1998.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril), a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese formativo-ocupacional a Fundación Galfor adscribila á Consellería de Fami

lia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

6444