Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.600

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 199/1998, do 2 de xullo, polo que se modifica a composición do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia.

Fixada a nova estructura orgánica da Xunta de Galicia polo Decreto 347/1997, do 9 de decembro, e polo Decreto 351/1997, do 10 de decembro, así como a dos centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia polo Decreto 350/1997, do 10 de decembro, é obrigado proceder a modifica-la composición do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia adaptándoa á nova estructura orgánica establecida polos decretos referenciados.

Por outra banda considérase procedente incrementa-lo número de personalidades de recoñecido prestixio no sector das telecomunicacións e do audiovisual, co obxecto de que a contribución da súa experiencia profesional teña maior peso específico na configuración da vontade deste órgano consultivo.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de xullo de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.

Modifícanse os puntos 1º e 13º do artigo 3 do Decreto 307/1995, do 13 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 354/1996, do 19 de setembro, que quedan redactados da seguinte forma:

1. En representación da Administración Autónoma, designados polo presidente do Consello Asesor e por proposta dos titulares dos departamentos respectivos:

Dous representantes da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Un representante da Consellería de Economía e Facenda.

Un representante da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Dous representantes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Dous representantes da Consellería de Industria e Comercio.

Un representante da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Tres representantes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Un representante da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Un representante da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dous representantes da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Un representante da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Un representante da Consellería de Medio Ambiente.

Un representante da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

13. Ata un máximo de once vocais, designados polo presidente do Consello Asesor, entre personalidades de recoñecido prestixio no sector das telecomunicacións e do audiovisual.

Disposición adicional única

As referencias que no Decreto 307/1995, do 13 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 354/1996, do 19 de setembro, se fan á Consellería de Cultura e Comunicación Social e á Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual, débense entender feitas, a partir da entrada en vigor do presente decreto, á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e á Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, respectivamente.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó establecido no presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Queda facultado o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento e execución do presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galícia.

Santiago de Compostela, dous de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

6369