Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.601

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de xuño de 1998 pola que se fai pública a composición do Consello Universitario de Galicia.

A Lei 5/1987, do 27 de maio, (DOG do 2 de xuño), do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia modificada pola Lei 11/1989, do 20 de xullo, (DOG do 16 de agosto), de ordenación do sistema universitario de Galicia, crea o Consello Universitario de Galicia como órgano de consulta e asesoramento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a realización da política de coordinación e planificación universitaria de Galicia.

O artigo 12 da Lei 5/1987 e o artigo 4 do Decreto 240/1992, do 30 de xullo, (DOG do 12 de agosto), polo que se aproba o Regulamento do Consello Universitario de Galicia, regulan a composición do Consello Universitario de Galicia.

Con data do 16 de abril de 1998, a Comisión de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia procedeu á designación dos cinco membros que lle corresponde designar no Consello Universitario de Galicia de acordo co artigo 12 da Lei 5/1987, do 27 de maio, do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia, e co artigo 4 do Decreto 240/1992, do 30 de xuño, polo que se aproba o Regulamento do Consello Universitario de Galicia.

Ademais, no Decreto 361/1997, do 12 de decembro (DOG do 15 de decembro), disponse o cesamento de José Manuel Touriñán López como director xeral de Universidades e Investigación, e no Decreto 413/1997, do 12 de decembro (DOG do 15 de decembro), nomease a José Eduardo López Pereira como director xeral de Universidades.

Do mesmo xeito, polo Decreto 149/1998, do 28 de maio (DOG nº 104, do 2 de xuño de 1998) nomeouse rector magnfico da Universidade de Santiago de Compostela o profesor doutor Francisco Darío Villanueva Prieto.

Por último, mediante o Decreto 169/1998, do 5 de xuño (DOG nº 113, do 15 de xuño de 1998) nomeouse rector magnífico da Universidade de Vigo ó profesor doutor Domingo Docampo Amoedo.

Esta consellería, facendo uso das atribucións que lle están conferidas na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, (DOG nº 23, do 21 de marzo de 1983), reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, (DOG nº 208, do 28 de outubro de 1988) e da autorización esta

blecida na disposición derradeira do Decreto 240/1992, xa mencionado

DISPÓN:

Artigo único.-Facer pública a composición do Consello Universitario de Galicia, que estará constituído polos seguintes membros:

1. Presidente: Celso Currás Fernández, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Vicepresidente: José Eduardo López Pereira, director xeral de Universidades.

3. Vocais:

A) Os rectores das universidades galegas:

-Francisco Darío Villanueva Prieto, rector da Universidade de Santiago de Compostela.

-José Luis Meilán Gil, rector da Universidade da Coruña.

-Domingo Docampo Amoedo, rector da Universidade de Vigo.

B) Os presidentes dos Consellos Sociais, correspondentes ás universidades galegas:

-Jesús García Calvo, presidente do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

-José Luis Méndez López, presidente do Consello Social da Universidade da Coruña.

-Alfonso Zulueta de Haz, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo.

C) Membros elixidos pola Comisión de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia:

-Lourenzo Fernández Prieto.

-Pedro García Vázquez.

-Carlos Pajares Vales.

-Francisco Vázquez Fernández.

-José Manuel Vilariño Anca.

4. Secretario: Eleutino Álvarez Álvarez, subdirector xeral de Universidades.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

6380