Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 02 de xullo de 1998 Páx. 7.494

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 196/1998, do 5 de xuño, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica a 20 kV Ponteceso-Malpica e liñas derivadas nos concellos de Ponteceso e Malpica de Bergantiños, provincia da Coruña. (Expediente 96/1).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña, solicitou da Consellería de Industria e Comercio a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da L.M.T. aérea a 20 kV, con conductor LA-110 sobre apoios metálicos e de formigón, de 11.687 m de lonxitude, con orixe na liña soterrada que alimenta o C.T. Ponteceso e remate na L.M.T. Carballo-Malpica. Liñas eléctricas aéreas, derivadas da anterior, sobre apoios de formigón e conductor LA-56: de 240 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 17 e remate no C.T. Castro; de 736 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 20 e remate no C.T. Nemeño; de 147 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 25 e remate no C.T. Campara; de 297 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 27 da liña que alimenta o C.T. Arada e remate no C.T. Figueiroa; de 367 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 24 da

liña que alimenta ó C.T. Barizo e remate no C.T. Mens; de 844 m de lonxitude, con orixe no apoio 43 da liña Ponteceso-Malpica e remate no C.T. Ponte Berrán; de 736 m de lonxitude, con orixe na liña Ponteceso-Malpica e remate no C.T. Seia; nos termos municipais de Ponteceso e Malpica de Bergantiños (A Coruña) (expediente 96/1).

A dita instalación autorizouse, declarouse de utilidade pública en concreto e aprobouse o seu proxecto de execución, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 13-5-1996, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 25 de xuño, no BOP da Coruña do 11 de xullo, e no BOE do 13 de xuño.

A solicitude de urxente ocupación fíxose e tramitouse de acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido pola disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 26-8-1997, no BOP da Coruña do 28-7-1997, no xornal El Correo Gallego do 22-7-1997, e nos taboleiros de anuncios das casas dos concellos de Ponteceso e Malpica de Bergantiños e no da delegación provincial; ó mesmo tempo na forma regulamentaria

notificóuselle individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Durante o período en que se someteu a trámite de información pública recibíronse as seguintes alegacións que foron remitidas á empresa beneficiaria para a súa contestación:

1. Alejo Blanco Cundíns expón que a titular do predio nº 1 é realmente a comunidade hereditaria e Dolores Domínguez Theodosio, constituída por Alejo Blanco Domínguez e outros, polo que solicita que se lles notifique a solicitude de urxente ocupación ós lexítimos propietarios.

A empresa beneficiaria asume a rectificación proposta e comunica o impulso das notificacións individuais ós propietarios do referido predio.

2. Manuel Suárez Anido, titular do predio nº 83, oponse ó trazado proposto da servidume de paso de liña eléctrica, propoñendo o paso desta por unha das estremas do predio.

3. Evaristo Álvarez Carril, titular do predio nº 199, expón que no seu día outorgou permiso para a instalación dun poste no seu predio, sempre e cando este ocupase un 50% da superficie na súa finca e o outro 50% no carreiro estremeiro a el.

A entidade beneficiaria achega copia do escrito remitido ó afectado no que se lle lembra que no seu día os propietarios do predio estremeiro e mais este afectado chegaron, en principio, ó acordo de coloca-lo poste tal e como se indica na alegación, pero posteriormente o propietario estremeiro desautorizou tal colocación, non sendo posible un novo acordo con ámbolos propietarios.

4. Carmen Villar Baneira, titular do predio nº 200, manifesta a súa oposición á imposición da servidume de paso pola depreciación que supón para a súa propiedade, engadindo que se opoñerá á folla de aprecio que se formule no seu día.

Á vista das alegacións presentadas e mailas respostas da entidade beneficiaria, dedúcese que:

1. Non se pode admiti-la alegación de Manuel Suárez Anido, xa que a modificación que propón afectaría a terceiros e, ademais, é superior ó 10% que indica o punto 3 do artigo 26 do Decreto 2619/1966.

2. Non se pode admiti-la alegación de Evaristo Álvarez Carril, xa que a modificación que propón afectaría a terceiros non incursos no expediente.

3. Non se pode considera-la alegación de Carmen Villar Baneira, xa que non se basea no disposto nos artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966, non sendo a valoración da servidume obxecto desta fase do expediente.

Unha vez practicada por técnicos da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar, segundo informe emitido ó respecto, que nos bens afectados sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, ós efectos da servidume, non se dan as limitacións previstas no artigo 56 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, que reitera as sinaladas no artigo 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo e que é aplicable a este expediente en virtude do establecido no apartado 2 da disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, nin lle son de aplicación as prohibicións e limitacións dos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, respectivamente.

Estímase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., xa que con esta liña se pretende mellora-la subministración de enerxía eléctrica nos sectores de influencia, debido ás numerosas reclamacións presentadas por cortes e deficiente subministración, aumentando deste xeito a seguridade para as persoas e bens, e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible atende-lo servicio demandado coa celeridade debida.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de xuño de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co establecido polo artigo 52 da Lei de expropiación forzosa de 16 de decembro de 1954, declárase a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola servidume de paso da liña eléctrica, a 20 kV, Ponteceso-Malpica e liñas derivadas (expediente 96/1) proxectada e proposta por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. cos efectos e alcance previstos nos artigos 55 e 57 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse nos termos municipais de Ponteceso e Malpica de Bergantiños (A Coruña) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, cinco de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

6239