Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores de pesca fluvial de Galicia 97/210 da Coruña e 96/388 de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da notificación.

ANEXO

Procedemento sancionador, Lei 7/1992: 97/210 A Coruña.

Denunciado: Mario Iglesias Fernández

Último enderezo coñecido: Vilagudín, 5. Lesta. 15680 Ordes

Feitos imputados: pescar con trasmallo sen autorización.

Tipificación: artigo 35.2º da Lei 7/1992 e artigo 92.2º do Decreto 130/1997.

sanción: 500.001 pesetas e inhabilitación dun ano e un día para obte-la licencia de pesca.

Procedemento sancionador, Lei 7/1992: 96/338 Pontevedra

Denunciado: Manuel Serantes Barreiro.

Último domicilio coñecido: Leiro- Ribadumia

Feitos imputados: pescar utilizando artes prohibidas

Tipificación: artigo 35.2º da Lei 7/1992.

Sanción: 500.001 pesetas e inhabilitación dun ano e un día para obte-la licencia de pesca.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

6149