Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación do contrato de limpeza dos locais das oficinas de emprego da provincia da Coruña.

En cumprimento do disposto nos artigos 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administración públicas e 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

c) Número de expediente: 11/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: limpeza das oficinas de emprego da provincia da Coruña.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia 10-3-1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total 12.524.406 ptas, IVE incluído.

5. Adxudicación:

a) Data: 27-3-1998

b) Contratista: CLECE, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 11.761.474, ptas., IVE incluído.

A Coruña, 20 de abril de 1998.

P.D. (Orde 1-1-1998)

Mª Rosa Gómez Díaz

Delegada Provincial da Coruña

5584