De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Provincial de Talleres de Piedra y Mármol (Astapima), que abranguen os seguintes ámbitos:
Territorial: provincial.
Profesional: empresarios de talleres de pedra e mármore da provincia de Pontevedra.
Asinan a acta de constitución: Antonio Rodal Núñez e outros.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo 9 de xuño de 1998.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra
5591