De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na sección de mediación, arbitraxe e conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Comerciantes y Empresarios de Mondariz, que abranguen os sguintes ámbitos:
Territorial: local.
Profesional: comerciantes e empresarios.
Asinan a acta de constitución: Manuel Trujillo Mora e outros.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo 9 de xuño de 1998.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra
5721