Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 4 de xuño de 1998, da Área de Servicios Sociais da provincia de Lugo, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre o fondo nacional de asistencia social dos beneficiarios relacionados no anexo.

No uso da competencia sobre as axudas do fondo nacional de asistencia social -a anciáns e a enfermos ou inválidos incapacitados para o traballo- reguladas polo Real decreto lexislativo 2620/1981, do 24 de xullo, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó seren devoltas polo servicio de correos as resolucións enviadas no seu día; notifícaselles ós citados no anexo a resolución dictada en relación co seu expediente do fondo nacional de asistencia social pola delegación de Sanidade e Servicicos Sociais desta provincia.

Contra esta resolución de cesamento definitivo poderán formular, dentro do mes seguinte á data en que se publique este edicto, recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais conforme o disposto nos artigos 107.1º e 114 da Lei 80/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. En caso de non interpoñe-lo mentado recurso deberán verificar, no prazo improrrogable de quince días, o ingreso da débeda -especificada no anexo- na conta nº 112.925 Pensións do fondo de asistencia social na oficina do Banco Pastor de Santiago de Compostela.

Lugo, 4 de xuño de 1998.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

SolicitanteDNIResoluciónCausaFundamentos de dereitoDébeda

Fernández López, Manuela34.199.636Cesamento definitivoNon atoparse incapacitadaArt. 1.2º e) R.D. 2620/1981, do 24 de xullo431.345
Páramo Pérez, Brígida34.175.597Cesamento definitivoNon ter cumpridos os anosArt. 1.2º e) R.D. 2620/1981, do 24 de xullo508.840
Pombo Pereira, Celia34.147.678Cesamento definitivoNon carecer de ingresosArt. 1.2º a) R.D. 2620/1981, do 24 de xullo1.094.764
Riveira Veiga, Teresa34.198.007Cesamento definitivoNon reuni-los requisitosArt. 1.1º e 2 e) R.D. 2620/1981, do 24 de xullo454.935
Rodríguez Pérez, Gonzalo Telmo34.134.000Cesamento definitivoNon carecer de ingresosArt. 1.2º a) R.D. 2620/1981, do 24 de xullo692.977

5523