Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 1 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente Secretaría 69/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente contra el instruído pola Delegación Provincial de

Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicacion desta resolución, de acordo cos artigos 114 e 117 da devandita Lei 30/1992, dispón dun prazo dun mes para presentar recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

Expediente: Secretaría 69/1998.

Denunciada: Mª Sonsoles Muñoz Enciso.

DNI: 93.408.474.

Razón social: mesón Amoriños.

Último enderezo coñecido: Emilia Pardo Bazán, 40. A Coruña.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: 25.000 ptas.

A Coruña, 1 de xuño de 1998.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

5695