Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1998 pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto, para a contratación mediante tramitación urxente, da asistencia para elaboración dunha táboa input-output do turismo en Galicia para o ano 1998: deseño, traballo de campo e análise e explotación de resultados.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la convocatoria da contratación mediante concurso aberto e tramite de urxencia da asistencia que se cita:

1. Obxecto: contratación de asistencia para elaboración dunha táboa input-output do turismo en Galicia para o ano 1998: deseño, traballo de campo e análise e explotación de resultados.

2. Orzamento de licitación: 9.000.000 de ptas. (nove millóns de pesetas), IVE incluído.

3. Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

4. Prazo de execución: 4 meses.

5. Clasificación requirida: non se esixe.

6. Exposición do prego de cláusulas: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas estarán de manifesto na Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, os días e horas hábiles

de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións, sita na praza de Mazarelos 15, Santiago de Compostela.

7. Prazo de presentación de proposicións: comenzará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día hábil.

8. Lugar de presentación das proposicións: as proposicións terán que presentarse, indistintamente, no Rexistro Auxiliar da Dirección Xeral de Turismo, situado na praza de Mazarelos nº 15, Santiago de Compostela, no da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, situado na planta segunda do edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, e se a presentación fose en sábado farase neste último exclusivamente, desde as 9 horas ata as 14 horas, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, tendo que aterse ó disposto na cláusula 5.1, do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Documentación que deben presenta-los licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

10. Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio administrativo de San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ás 10 horas do día 17 de xullo de 1998.

11. Información adicional: a solvencia e capacidade técnica acreditarase da forma prevista na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1998.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicacióin Social e Turismo

5668