Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 3 de xuño de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada Mabla número 3, a favor de Benigno Paz González.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta o previsto no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG número 101, do 31 de maio) e 10.1º do Decreto 406/96, do 7 de novembro, e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Mabla nº 3.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal E, cuadrícula 281.

Data da concesión: 13-12-1967.

Data de finalización da última prórroga: 21-12-2007.

Anterior concesionario: Benigno Paz Abanqueiro (33.113.927).

Novo titular da concesión e batea: Benigno Paz González (76.965.391).

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicions legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 3 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Mª José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

5524