Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 3 de xuño de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada M.T.V. número 1, a favor de Mª Josefa Piñeiro Piñeiro e Olimpio Castelo González.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG número 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordo acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: M.T.V. nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Ribeira B, cuadrícula 2.

Data da concesión: 26-6-1980.

Data de finalización da última prórroga: 26-6-2000.

Anterior concesionario: María González Castaño (33.113.830) e Olimpio Castelo González (33.255.887).

Novo titular da concesión e batea: Mª Josefa Piñeiro Piñeiro (33.261.172) e Olimpio Castelo González (33.255.887).

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicions legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 3 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

5517