Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.365

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (35/1998-10).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, e o seu partido, fago saber: que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 35/1998-10 por instancia dos axentes da policía nacional números 26678, 36783 e 51098 e Salvador Callejón Ferrio contra Salvador Callejón Ferrio nas actuacións do cal se dictou sentencia da que o encabezado e parte dispositiva din literalmente:

Sentencia: no nome de El-Rei.

En Santiago de Compostela o 14 de maio de 1998.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia número 35/1998 no que actuaron como partes, como denunciantes ó mesmo tempo denunciados, os policías nacionais números 26678, 36783 e 51098 asistidos polo letrado do Estado Manuel Fuentes González e como denunciado-denunciante Salvador Callejón Ferrio.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo absolver e absolvo a Salvador Callejón Ferrio e os policías nacionais con número 26678, 36783 e 51098.

As custas decláranse de oficio.

Contra esta sentencia poderán interpoñe-los interesados recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación, e se fixará domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas expresasen as razóns da indefensión. Así mesmo deberá acreditarse que se pediu a enmenda da falta ou infracción na primeira instancia salvo no caso de que se cometesen no momento en que fose xa posible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propoñer na primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que

formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa mándoa e asínoa».

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón quedando a orixe no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e lle sirva de notificación a Salvador Callejón Ferrio, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o vinte de maio de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

5823